Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

Ruta Rio Lor

 O Caurel  (Lugo)

11 de Novembro de 2007

Saída: 07:30 da mañán

Duración aprox.: 4,5 h.

Dificultade: Medio

Crónica

 Aínda non amenceu cando 45 intrépidos se escorren entre as sabas para disporse a encarar unha xornada máis en contacto coa natureza. Son as 7.30 e estes aventureiros encóntranse diante do Concello, para, guiados polo capitán da nave Luís, chegar ás paraxes do agardado Courel

 Rondan os 5º C na saída, pero chegados a Fonmiñá baixamos ata os -6º C. As primeiras estampas que quedan nas nosas retinas son o amencer despexado sobre a ría de Foz e, as menos cálidas , pero non menos fascinantes, xeadas que nos atopamos trala subida á Cruz da Cancela

 A friaxe comeza a aliviarse cos " sons musicais " que empezan a soar no autobús, mentres que o corpo entra en calor co desayuno que engulimos en Pedrafita do Cebreiro

 Son as 9.30 da mañá e dirixímonos a facer a ruta. Pasamos xunto ó albergue de peregrinos, vemos varios e algún de nós pensa en facelo Francés en tempos próximos. As vistas son fenomenais. Tras un tramo de estrada irregular chegamos ó punto de saída ás 11h. Pese o sol que fai a temperatura ambiente é baixa. 

 Aaaaadiante!!!! comezámola andaina...e o comezo é sorprendente, atopando un pequeno basureiro ¡ NO COUREL ! A primeira media hora síntese o frío pero é compensado polas vistas. O camiño serpeante en fila de a un, deixando á esquerda o río e sobre el erguéndose a montaña. Como é habitual vaise estirando o grupo, quedando diante Ana a guía e pechando o grupo José Luís

 Os aromas do entorno embriágannos ó longo de todo o camiño. Pouco a pouco imos véndonos inmersos na arboredo de castaños, haxas e robles. No chan os pes camiñan unhas veces entre as follas e outras sobre castañas, que quen mais quen menos vai recollendo. Algún levou para a casa ata 5 kg. 

 As cores ( ocres, amarelos, verdes, marróns...) o son do silencio, do río, do pisar das follas...serven para sentir que vivir en contacto coa natureza debería ser norma de vida de todos nós. O silencio e a paz son rotos polas conversas animadas e as risas dos expedicionarios que,de vez en cando, paran para sacar as fotos de rigor. Estas fotos posiblemente poidan reflectir a beleza deste lugar.

  A fame vai aparecendo e algún come castañas, pero os máis previsores traen consigo unha empanada, da que dan boa conta. Polo camiño atopamos cascadas, casas abandoadas, ata os restos dunha empanada ¿ quen a perdería ?...  

 A media ruta paramos nunha terraza bar preciosa a carón do río. Aquí facemos a foto de grupo e parece que alguén sufriu un calambrazo facendo uso do servizo. Saímos por unha moi empinada costa e continuamos a través dun sendeiro máis amplío. Despois a ruta segue en descenso suave. 

 De súpeto, a tranquilidade, é interrompida por un canto ¿un corvo ? ¿ un reiseñor ? non , o señor José Luís Suárez ¡ o presidente ! 

 Máis de un agarda con ganas estar diante dun prato de cocido, pero antes queda tempo e ánimos para recoller bos puñados de ricas , grandes e apetitosas castañas nun fantástico souto ó final da ruta, que por certo rematamos anticipadamente xa que o cocido ía enfriar, é dicir, non cumpriríamos o horario previsto.

  Son as 3 h, a temperatura é fantástica e a xente comeza a repasar as anécdotas. Dirixímonos ó restaurante e alí, un pouco apertados, damos boa conta dun máis que merecido manxar, sobre todo do tan ansiado cocido. ¿ Todos ? pois non. O andarín máis novo prefire un prato de patacas fritas con ovo, mentres que a máis veterana, cos seus 62 anos, departe animosamente cos demais. Para o final queda o postre, esgotado o pastel de castaña, tomamos un rico queixo con marmelo e pastel de queixo casero con mel. 

 Despois de xantar e parolar amplamente, algúns adícanse a cantar e outros a mercar castañas, queixo ou noces.

  Atardece, son as 6 h e paseníñamente dirixímonos ó autobús que, en 3 h, levaranos de volta a casa. De viaxe vemos a peli de George Clooney " Ocean´s eleven " ( ¿que terá ese home ? ), pero tamén divisamos tristemente un incendio na lonxanía dende o alto de Pedrafita do Cebreiro.

  A chegada a Foz prodúcese ás 9 h cunha temperatura de 6º C. 

 Agora o turno é para a asemblea e cea - baile do día 24, a reunión para preparar o entroido e, como non, preparar a próxima saída para o día 16 de decembro coa ruta MON - SAN MARTÍN DE OSCOS

 Así que ata a próxima saída e ... vémonos camiñando, porque prométovos repetir. Un día de agradable compañía, contacto coa natureza e un moito de relaxación ben valen a pena. 

            Vémonos. 

                                   David Val