Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Fin se semana en Potes, coa ruta Cable - Espinama

 Cantabria

24 e 25 de Maio de 2008

Saída: 07:30 da mañán

Duración aprox.: 3:30 h.

Dificultade: Baixa

 

Crónica

 

Andareiro 43

 Ruta : " Fin de semana en Potes " Cantabria 

Sábado-24 de Maio de 2008 

Saída de Foz ás 7,30 da Mañá . 

 

Hoxe imos redactar o crónica entre eu e, a miña amiga e compañeira Ana. A min tócame facer o primeiro día do fin de semana.

 Levábamos toda a semana preocupados polo mal tempo que os distintos canais de televisión daban sobre o fin de semana. Ás 7,30 da mañá, 56 sendeiros con caras que querer pasalo ben, emprendemos a marcha a Asturias para facer unha paradiña en Avilés para desayunar e de paso estirar un pouco as pernas. 

Temos que dicir que vimos caras novas, xuventude, que fai que o grupo siga tendo un próspero futuro. Pedir desculpas de novo a todos os socios/as que por falla de prazas non puideron facer o grupo máis numeroso, sentímolo moito.

 Pero vamos a seguir o viaxe, unha vez repostos de uns pinchos, e uns cafés retomamos o camiño a terras de Cantabria, tíñamos sorte pois os chuvascos ( poucos ) non impedían que fóramos deleitando coas fermosas paisaxes que tíñamos ao noso carón, pasamos a beira de Xixón, ollando ao fondo a Universidad Laboral en Cabueñes, un pouco máis aló acercámonos a vila de Villaviciosa, capital da sidra onde ollamos ás ao lonxe preto da ría a fábrica de sidra "El Gaitero" famosa no mundo enteiro, como di o seu slogan, a choiva a seu ritmo e nos ao noso, sigue o viaxe contemplando as fermosas paraxes de praias, pobos ao lonxe como: Lastres, Colunga, a Isla, en fin toda unha beleza que tíñamos diante.

 Ás 11 da mañá chegamos a Unquera a porta de Cantabria famosísima vila polas súas "garabatas", doce típico, alí estaba esperándonos Lolo e Ana para incorporarse ao grupo, que viñan de Sopelana ( Bilbao). 

Unha pequena paradiña e camiño ao alto da Florida, disfrutando das fermosas paisaxes mentres tanto o bus vai escalando e serpenteando a estrada estreita que nos achega ás covas de Soplao

A cova del Soplao, situada nun entorno natural de gran beleza, entre os municipios de Valdáliga, Herrerías y Ríonansa, e coñecida dende finais do século XIX debido a explotación das minas da Florida. Soplao trátase dunha cavidade única,  bautizada como a "Capela Sixtina da xeoloxía". El Soplao e unha cova única e irrepetible unha referencia para a espeleoloxía mundial, da mesma maneira que Altamira o é para o arte prehistórico. 

Xa todo o grupo Os Sendeiros imbuído polo encanto do entorno da cova, fomos a visitar o seu interior que constitúe unha marabilla xeolóxica, con grandes superficies tapizadas de aragonitos, falso teitos, estalactitas e estalagmitas excéntricas que provocan todo un xogo de luces e sombras que dan sensacións imaxinables a cantos ás visitan. Desta forma se podo coñecer a labor realizada pola natureza ao longo dos século e acercarnos ao mesmo tempo a historia da minería, retratada nos túneles que se conservan na cavidade, explotada xa na época romana e, posteriormente, dende o século XIX ata o ano 1979. 

Os Sendeiros xantamos no restaurante da cova e, xa coas baterías cargadas retomamos o viaxe para pasear pola vila de San Vicente de la Barquera. Saímos ás tres e media y media de Soplao, chegando sobre as catro a San Vicente de la Barquera concello que xunta os atractivos da España verde, no pleno corazón do Parque Natural de Oyambre

Fomos de paseo relaxado pola vila visitando os seus recunchos cos que conta, cheos da súa historia xa protagonista na época dos romanos. Testemuñas do seu maior esplendor durante a idade media, aínda hoxe se poden ollar. Vila de un destacado patrimonio monumental, importantes xestas na reconquista de cidades andaluzas o nas expedicións a Terranova. Despois do paseo polos corrunchos da vila, ás cinco e media volvemos de novo a estrada na busca da séguente visita.

 Saímos na dirección de Potes, levando todo o tempo ao río Deva que nestes días vai cheo de auga,a estrada e sinuosa, estreita engulida polo gran canon que forman ás xigantes cumes que a rodean. Ás sensacións eu creo que serán inolvidables, ¿ medo?, ¿respigos?, ¿ansiedade?, non o sei, pero si que quedará no recordo estes dezaoito km. dentro da inmensidade da natureza. 

Cruzamos a vila Potes e achegámonos a visitar o Monasterio de Santo Toribio de Liébana. Fomos moi ben recibidos polo responsable do mosteiro que nos deu todas ás facilidades para visitalo. O mosteiro recibiu nos seus inicios o nome de San Martín de Turieno e  remontase a época visigoda. O fraile nos foi explicando a historia e a que máis nos chamo atención foi a de "Lignun Crucis", anaco de madeira da cruz na que Xesucristo foi crucificado, moi emotiva foi a presentación da cruz e que nos invitaron a tocala ó bicala con gran solemnidade. Todo isto contribúe a que se produza unha actividade relixiosa e intelectual de gran importancia, que converten a Liébana nun foco cultural importante. 

Xa cansos pois dende ás sete e media da mañá que saímos de Foz e, son cerca das sete e media da tarde voltamos ao pobo de Potes para aloxarnos no hotel Valdecoro. Unha vez que nos aloxamos, saímos a dar un paseo por Potes, fermoso pobo de montaña, non sei que dicir, nada máis que todo el e un encanto,ben conservado,un lugar de ficción, casas nobres ben coidadas, coas súas balconadas de madeira, verdadeira oias de construción. 

Tomamos uns viños, outros sidra, e incluso soaron algunhas cántigas da nosa terra sorprendendo a máis dun veciño do pobo. Coa choiva ameazante foimos a cear ás nove e media, e despois cada quen foi a descansar, o día foi longo e o séguente ía a sonar o reloxo ás oito e media para achegarnos a Fuente Dé

Grazas pola vosa compañía 

José Luis 

 

Domingo - 25 de maio

 Saída de Potes ás 8,30 da mañá 

Ruta : El Cable - Espinama 

Dificultade : Media

 Duración Aprox.: 3,30h. 

 

O domingo amence un día soleado, pero non estamos moi convencidos que sexa de fiar, o tempo está moi tormentoso. Aínda así ás 8.30 (puntuais, coma sempre) todos estamos sentados á mesa zampando un bo almorzo a base de zume, leite, café, madalenas, tostadas..o pan, que pan!!! ata o pan está bo, falan. 

Subimos ó bus para dirixirnos a Fuente Dé, todo mundo vai moi animado, un pouco expectantes porque non saben moi ben como vai ser esta nova experiencia; pero están ansiosos.Cando chego a taquilla do teleférico xa fixeron unha cola inmensa, esperando que colla os billetes. En pequenos grupos vamos acedendo ó teleférico. A cara dalgún de nos é todo un poema, miran os cables, e..a indecisión e moita, subo ou non subo? Pero...que caramba!! Un sendeiro non se deixa amedrentar ante ningunha adversidade, e alí vamos todos, 56 intrépidos camiñantes dispostos a compartir esta nova experiencia. 

Chegamos arriba e todos nos demos conta que mereceu a pena o mal trago. Hai unhas vistas fermosas, e xa temos algo máis que contar.  A impresión que causou en cada un de nos a inmensidade dos Picos de Europa, un paisaxe único, sen dúbida. 

Ás 10.30 empezamos a camiñar, o frío neste punto é impresionante, quédanse as mans xeadas, pero enseguida nos esquecemos do frío para sumerxirnos no marabilloso paisaxe que nos rodea, unha mistura de pradería, macizos, cumios e montañas cos seus picos nevados. O camiño é de pista e despois dun kilómetro de lixeira subida empezamos a descender cara a Áliva, tendo de fronte os Picos de Cámara, el Jiro,o Pico Cortés...e detrás a ampla vertente de Peña Vieja, a montaña máis alta de Cantabria (2613 m.). De vez en cando cruzámonos con algún camiñante en sentido contrario a nos e comentamos: Uff!! "menos mal que nos baixamos, calquera sube estas costas". 

As nosas voces irrompen no silencio do Refuxio de Áliva, aquí aproveitamos para facer unha pequena paradiña, e esperamos polos compañeiros que veñen detrás, e, de paso repoñer forzas, compartimos de todo, hai quen me dá galletas, cacahuetes, chocolate...Hai quen me dixo, que cando volta para casa de facer as rutas con nos, leva máis kilos dos que traía, non me estraña!!! lle dixen, calquera se resiste a probar!! 

Enseguida vemos chegar o "presi", coa cámara de fotos na man, disposto a plasmar este momento para o recordo. Dende aquí divisamos a capela da Nosa Señora da Saúde, e algunhas cabanas de gandeiros. Continuamos pola pista o son do curso do río Nevandi, a partir de aquí os cativos deberon repoñer moita forza porque non paran de correr e saltar diante nosa, algún acaba no chan, pero non pasa nada, levantase e sigue camiño como si tal cousa. 

Chegamos as Portillas do Boquejón, e penetramos nos invernais de Igüedri, un grupo de cabanas, dende onde contemplamos a montaña de Valdecoro, que parece se eleva dende o bosque. A partir de agora a pendente faise máis pronunciada, descende a pista entre bosques de Faias e Carballos. Xa falta pouco para chegar, vemos as primeiras casas do pobo de Espinama, pero empezan a caer as primeiras gotas de auga, e, aínda que os primeiros podemos chegar sen mollarnos, os de atrás van aparecendo algúns co paraugas, outros co chuvasqueiro, pero...que son unhas gotas de auga comparadas coa aventura que acaban de vivir!!! 

Despois de cambiar o vestiario e sustituir as botas polos deportivos, damos un pequeno respiro antes de subir o bus, para tomar un refrixerio ou facer unha escapadiña polo pobo, que hoxe está animado porque é domingo de comuñóns. E, como non, ver a saída de Alonso no gran circuíto de Mónaco. Ás 14.30 chegamos o hotel onde nos espera un bo xantar a base de sopa, cocido lebaniego e o postre, o típico "canónigo" de Potes. 

Todo o bo ten o seu final, e xa é hora de emprender o regreso o fogar, non sen antes, por suposto, facer unha parada en Unquera, e coa desculpa de deixar os nosos compañeiro Lolo e Ana, todos corremos a mercar as "corbatas", meu Deus!!! arrasamos a tenda.

 Eran as nove da noite cando chegamos a Foz, todos cansos, non me cabe dúbida, pero felices, algo estraño pasa en cada saída dos Sendeiros, ninguén ten presa por chegar a casa, xa estamos pensando na seguinte ruta. Non vos parece que iso é porque o final o que valoramos non é a ruta en si, senón que cada paso que damos cos Sendeiros e un novo lazo de amizade, compañeirismo e agarimo.

 Moitas grazas a todos/as por acompañarnos nesta nova aventura ,por darnos o voso apoio, porque, amigos meus, a vosa presenza é o que fai que a nosa ilusión se renove en cada ruta.

 Unha aperta de esta "guía"que con máis erros que acertos, sempre chega o final do Sendeiro. 

ANA