Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Ruta: Senda de los Monjes

 Ponferrada (León) 

20 de Xullo de 2008

Saída: 7  da mañá

Duración aprox.: 3,5 h

Dificultade: Media

       

Crónica

 

 Ás sete da mañá partimos de novo Os Sendeiros de Foz para disfrutar de unha nova ruta por terras de Castela - León. Hoxe o grupo foi menos numeroso que outras veces, incluso faltou a nosa guía Ana, pero, iso si, o humor nunca faltou durante todo o día.

 O ceo tiña  pintas de querer chover pero segundo íamos facendo os quilómetros sentíase que o tempo ía a ser bo. Eran ás nove e media cando facemos unha paradiña e Valcarcel para repoñer forzas e estirar un pouquiño as pernas; tomamos café, zumes, collemos uns bocadillos e de novo á estrada para encarar Ponferrada, unha cidade moderna co seu maxestoso castelo que seguro terá máis dunha lenda no seu interior. 

Pasamos o castelo Templario e tomamos a estrada á dereita do cruceiro, e un pouco máis abaixo ao lado dunha ponte paramos para comezar a ruta. Alí estábanos esperando o primo de Luciano e Gloria que quixo facer a ruta con nós.

 Todo o grupo provisto de mochilas, bastóns e gorras emprendemos a camiñada o redor das dez e media. O sol xa comezaba a facer mella, nun termómetro dunha farmacia marcaba 27ºC, case nada. Tomamos a estrada un pouco costa arriba que nos vai achegar á Igrexa Románica do século XI Santa María de Vizbayo,  que visitamos  con axuda da guía Marta que moi amablemente nos deu unha pequena explicación dos seus restos. 

Unha vez feita a visita e todo o grupo, con Nelle a cabeza, subimos ao pobo de Otero e xa vemos a sinal da ruta a esquerda do pequeno parque. Vamos sempre sen abandonar o camiño ¡o suor vai invadindo os nosos corpos pouco a pouco! ata chegar a un cruce que á esquerda vai ao pobo de San Lorenzo de Valdueza. Nós seguimos á dereita. 

No medio da inmensidade dos viñedos o sol era de xustiza, alomenos facía trinta graos. Despois seguimos a ruta e de novo a un km. máis o menos temos un cruce que tomamos á esquerda en baixada ( ás sinales son de cores azul e roxo) ata chegar ao un encoro, onde facemos un reagrupamento e algún que outro sacamos as camisetas, mollámonos un pouco na auga do río Oza e facemos a foto do grupo. Ata aquí levaremos camiñando unhas dúas horas. 

Despois do encoro collemos a dereita cruzando o río Oza, esta parte da ruta e moi bonita de verdadeiro sendeirismo sempre a beira do río coas sombras que forman a natureza do fermoso Val de Valdueza, e así sempre ata chegar a estrada Ponferrada - Santiago de Peñalva que a cruzamos cara a un chalet. Neste punto da ruta facemos un novo reagrupamento, as caras do grupo case que estallan do calor que tíñamos nelas. 

Seguimos por unha rúa estreita polo medio do pobo ata o centro de Villanueva de Valdueza, cuxa fonte eu creo que non quedou seca de milagre. O redor da unha e media chegamos, xa estaba alí esperándonos Pepe o chofer, e vaia chofer ¡ un dez!. Descansamos un pouquiño e partimos no bus cara a San Esteban de Valdueza para xantar ao lado do río Oza, á sombra. Algúns lavámonos no río e mudamos a roupa pois a que tíñamos levaba unha boa suada.

 Unha vez que repoñemos forzas e as tres da tarde retomamos en autobús cara a Ponferrada e visitar o pobo de Molinaseca , a onde chegamos ás tres e media.  Aparcamos o autobús cerca da igrexa e o grupo dispersouse polas empedradas rúas do pobo. Nada máis achegarte ao pobo eres recibido pola ponte romana que cruza o río Meruelo e segues pola Rúa da Auga. Esta rúa e verdadeiramente impresionante, ten como uns trescentos metros de larga, as súas casas de pedra con balconadas de madeira, todo ben coidado, o chan empedrado e á esquerda e dereita todos os locais son mesóns e tabernas, que de seguro os fins de semana han de estar ateigadas de xente. Goza de boas terrazas a carón do río para tomar unha caña de cervexa, por calquera esquina víase algún "sendeiro" sacando fotografías, outros de terraza, en fin deleitándose da beleza do pobo. 

O río sirve para o disfrute dos visitantes, ten zonas axardinadas e tamén para poder bañarse. A máis de algún apetecíalle bañarse, e non era para menos porque a temperatura que tíñamos, o redor de 30ºC facíache pensalo. Quedaramos para saír ás cinco da tarde así que pouco a pouco fúmonos xuntando para de novo subir o autobús. 

Á hora prevista partimos cara á casa e despois de Pedrafita, en Baralla, tomamos a estrada cara a O Cádavo,  fermoso val o que forman O Cádavo e máis Baleira, boas praderías, e extensións de piñeiros. 

A estrada ten unhas cantas curvas pero mereceu a pena visitar ainda que fora de forma esporádica esta zona da provincia de Lugo. Seguimos ao carón de Meira para seguir por Bretoña, mentres os cantarines, anécdotas, e contos foron facendo o camiño máis corto. 

Baixamos pola Cruz da Cancela ata chegar a Lourenzá. No Pozo Mouro deixamos a os nosos amigos de Ribadeo e as oito menos cuarto chegamos a Foz sen novidade, iso si víñamos de outro mundo 

Un abrazo para todos e ata a próxima 

José Luís