Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 27

Ruta "Costeira Ribadeo - Barreiros"

A Mariña Luguesa

17 de Decembro de 2006

Saída: 09:30 da mañán

Duración aprox.:   h.

Dificultade: Baixa 

 Percorrido:  A ruta comeza en Rinlo, xunto a fonte dos Xuncos e a praia da Areosa (que non ten area) Imos polo paseo marítimo ata a primeira cetárea, onde vemos a Punta Corveira, con os cormoráns na illa. Seguindo o paseo, saímos 300 m pola estrada para volver á costa no lugar de Meirengos. Atopámonos con un paseo empedrado ata a praia dos Xuncos, seguda da praia dos Castros ou Marbadais. Aquí atravesamos a praia de Illas ou abrimos unha cancela sobre un castro, e no castro unha casa particular, para chegar á praia de Cova, despois de Esteiro e a fermosa praia de As Catedrais. De seguido a praia de Augas Santas e o último tramo da ruta percorre polo paseo marítimo de madeira ata a praia de San Miguel de Reinante.

Crónica

¡Ola amigos! 

Son Ana, a responsable das calamidades que pasades en cada andadeiro. Hoxe José Luis pediume que fixera eu a crónica¡ como non! Para min un orgullo poder facervos un repaso do que foi este día.

 Levanteime pola mañá e xa vexo un día de choiva, ¡Que lle imos facer! Seguro que non para en todo o día, é o meu inimigo, non so porque nos mollamos, senón porque ó camiñar baixo a choiva non apreciamos a beleza das paisaxes que divisamos en cada ruta.

 Ás 9: 30, para a miña sorpresa, estabamos todos diante do concello, dispostos a pasar un bo día a pesar da choiva. No alto de Mañente facemos unha parada para recoller a Silvano, Benito, Paco e Mª Carmen. Xa só nos quedaba outra paradiña no "Asador", alí esperamos a Teresa e Franco, os nosos amigos de Ribadeo. ¡Xa estabamos todos! ¿Cantos? Casi vexo o bus cheo, 43 persoas, ¡Meu deus! E eso que chove. 

O bus deixanos en Rinlo, fermoso pobo costeiro, dende aquí comezamos a camiñar, vemos a fonte de Xuncos, a praia de Areosa, aquí faigo un intento para facer unha foto de grupo, pero é imposible, non é o sitio axeitado,pero, seguirei erre que erre ata conseguilo, porque sempre que nos chove, acabamos as rutas sen fotos, hoxe intentarei que non sexa así. 

Seguindo polo paseo marítimo vemos Punta Corveira cos Cormoráns na illa, e a cetárea, lugar donde esperaba ser vendido todo o marisco da costa de Rinlo: lubrigantes, langostas, centolas e sobre todo andaricas. Chamoume moitísimo a atención que non aproveiten esas instalacións, é unha bágoa que non pensen en poñela en funcionamento, podía xerar, postos de traballo e ser un gran atractivo para o turismo.

 Nesta zona o cantil deixa pouco paso, saimos uns 300 mts. pola estrada e volvemos á costa unha vez pasado o lugar de Meirengos. A todo isto, escoitando algunha que outro protesta polo mal estado do sendeiro, é certo, pero, amigos, o tempo é imprescindible, ademáis os sendeiristas sabemos, que uns días xove e outros quenta o sol. 

Collemos un tramo de paseo empedrado e xa divisamos a praia dos Xuncos, é a seguinte a dos Castros ou Mardabais. Ó lonxe xa vexo a praia das Illas, sobre ela o Castro e no Castro unha casa particular, ten unha cancela para a serventía obrigada de paso. Nós, non entramos nela, claro, non vou en cabeza de grupo, hai quen vai diante de min e seguen de largo, pero, non pasa nada, faremos unha paradiña esta praia e xa lles indico onde está a cancela. Todos van hacia ela, pensei: ¡Mira interesalles o sendeiro!... pero non, iban aproveitar a parada para orinar...Estivo bem o detalle, foi a nosa protesta por deixar invadir esa zona de costa.

 A praia de Cova, volve a botarnos á estrada pero, a Benito e a min, gustanos máis achegarnos os cantís e ainda que o terreno non é moi propicio, volvemos adentrarnos no sendeiro e logo se chega a Esteiro, é unha bagoa que a marea non esté baixa, porque xa divisamos os "ollos" das covas, arcos e pasos da praia de "As Catedrais". Fermosa por natureza, pero, a choiva non nos deixa embriagarnos da súa fermosura, as gotas seguen caendo con intensidade e ninguén ten ánimo para parar nin a facer unha foto ¡Calquera insiste! 

A partir de aquí collemos o paseo de madeira e xa a pouco que levantemos a vista divisamos a praia de San Miguel de Reinante. Aquí esperamos o bus, pero, ainda que alguen decide subir el, os demáis animámonos a seguir outro pouco, ainda son as 12:45, algo cedo para o xantar. De verdade, imos empapados, pero respiramos amizade e compañerismo, e parece que todos queremos seguir mantendo ese lazo. Á 13: 30chegamos a Benquerencia, alí no Restaurante "A Ribeira" decidimos dar por finalizada a ruta e mentras chega o bus, invadimos o Restaurante coas nosas voces e risas.

Aproveito que están todos no bus, dispostos a zampar o delicioso xantar que vamos degustar no "Asador" e faigolles sacar a carteira, a min non é unha tarea que me guste, pero eles nunca ponen reparos, todos pagan sin rechistar. A entrada do Restaurante esperamos outros 7 senderistas que hoxe non puideron acompañarnos, pero, non querían faltar a este último xantar do ano dos Sendeiros.

A comida moi ben, puxéronnos uns entrantes, paella, postre, café e como non...CHAMPÁN, todos coa copa na mán brindamos, e o noso presi adicounos unhas verbas, polos sendeiros: ¡Que duren 100 anos! Oxalá sexa certo, e a felicitación das festas.

Non me quero esquecer da nosa amiga Rosi,que hoxe non estivo con nós porque estaba resfriada, pero non puido resistir a tentación de acompañarnos no café. Amigos, nin dela,nin de ninguén, os Sendeiros somos todos, cada un coas nosas cousas, pero, que sería das miñas rutas sen as vosas protestas: "que si o tempo, que si o camiño, que si a costa, que a baixada...." Pero no fondo, todos pasamos un bo día xuntos, como non vou estar orgullosa de escribirvos ésta crónica, que poido aproveitar para darvos as grazas de todo corazón, porque grazas a vos podo facer desfrutar de unha das cousas que máis me gustan nesta vida: CAMIÑAR, e oxalá vos acompañe en moitas rutas máis porque non só camiñamos, tamén compartimos outras moitas experiencias, vivencias, anécdotas e bos momentos que nos fan a todos a vida un pouco máis agradable, e hoxe en día calquera motivo que nos arranque un sorriso merece a pena de conservar ¿non credes?

 Unha aperta

 Ana