Crónica

XXXI Marcha Galega de Montañeiros Veteranos 2019.


Nesta ocasión, a organización corre de mans de Montañeiros Celtas, colleron un roteiro moi bonito en Ribas do sil, a roteiro dá Cubela.


Reunímonos en Castro de Abaixo, para en bus ir ao lugar de partida escollido, que será en Torbeo, baixámonos do bus e dirixímonos á súa igrexa, para facer unha visita guiada, despois comezamos a camiñar, saímos do pobo por un camiño ancho seguindo as marcas do roteiro e ao chegar ao primeiro desvío á dereita, paramos diante do panel explicativo, e o tenente alcalde de Ribas do Sil, dános unha breve explicación, do xeoparque e do roteiro. Toca descender ata Cubela, e durante a baixada gozar das preciosas vistas da zona, así como do meandro da Cubela no río Sil, que dá nome e é a imaxe do roteiro. Atravesamos Cubela, e continuamos por un carreiro moi cómodo, bordeando o Sil en dirección Castro de Abaixo. É unha marcha moi agradable, rodeados dunha vexetación exuberante, verde intenso pero que empeza a ensinar eses tons ocre que anuncian a chegada do outono, durante o roteiro aproveitamos para comer uvas, madroños, mazás, que recentemente colleitas prestan moito, xa amosan os ourizos os castiñeiros, estan cargados, que cando maduren nuns días regalárannos ese rico e salvador froito. Asi pasito a pasito gozando das vistas dende os numerosos miradoiros ao longo do camiño chegamos a Castro de Abaixo, onde poñeremos punto e final á marcha de hoxe.


Dirixímonos a Sanclodio, para facer a comida de confraternidade, no restaurante as Vegas, espéranos unha cata de viños da zona, moi ben explicada, despois veu a comida, entrega de agasallos a participantes e homenaxeados. Concluído todo toca despedirnos e emprazarnos para a próxima. Grazas aos organizadores, por todo, o roteiro, o trato recibido.

Un saúdo.


Morís.