Crónica
Hoxe Os Sendeiros
fixemos outra camiñada, esta vez
por terras de A Pastoriza.
Encomendáronme facer a crónica e
coma non podía ser de outra
forma, non me pode negar,
faltaría máis.
Pois ben oito da mañá partimos
de Foz un grupo animoso, hai que
dicir, que durmimos unha hora
máis polo cambio da hora, e iso
notábase nas cara do persoal. O
tempo presaxiaba e íamos ter un
bo día aunque a temperatura era
baixiña uns 3º C tíñamos ao
chegar a Meira.
Día de feira no pobo, moito
movemento na praza e a carón da
igrexa, postos e máis postos de
pan, zapatos, verduras, casetas
facendo churros, algúns aínda
chegamos para probalo,
ferramenta, en fin de todo un
pouco. Tíñamos media hora para
votar unha ollada e tomar un
café antes de partir para facer
a ruta que ese era o cometido.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ás dez máis o menos o grupo
partimos de Fonmiñá, uns din
onde nace o río Miño e outros no
Pedregal en Meira. Hai debate. O
comezo vai por unha pasarela de
madeira que nos vai levando pola
área recreativa feita no entorno
da fonte Fonmiñá, A xeada era
boa, pero camiñando faise máis
leve. Xa de preto deixamos o río
e a campiña empeza a ser a nosa
compañeira. Se din que o
Concello de A Pastoriza pode que
sexa o maior produtor de leite
de Galicia, a min non me estraña,
grandes extensións de terreo son
debido a concentración
parcelaria feita aló polos anos
1960, Vacas, ovellas, cabras,
cabalos, son o mosaico que por
esas terras se poden ollar.
Terra toda ela chan e lembradas
de millo, e praderías inmensas a
longo das pistas que fan que o
percorrido sexa moi livián para
os camiñantes.
O camiño acércanos a ponte de
Miñota, un pouco descoidada,
unha verdadeira pena non poder
disfrutar dela, poder sacarlle
unha fotografía con o río Miño
ao seu paso por ela.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As augas de pequenos regatos
coma o rego de Piñeiro, o el
rego de Xixín van agrandando ao
Miño, formando na parroquia de
Baltar, punto final da ruta, un
área recreativa habilitada coma
praia fluvial, a Riboira, cun
merendero e pequeno embarcadero.
Ao redor da unha e media
rematamos a ruta, sorprendidos
un pouco por que pensamos que a
rematamos axiña. Limpamos as
botas, roupa limpa, e coma
sempre a foto oficial do grupo.
Unha vez feitos os requisitos
pertinentes, de volta no autobús
cara a capitalidade do concello
A Pastoriza.
Divididos en varios grupos
foimos a tomar uns viños polas
tabernas do lugar, facendo un
pouco de tempo para o xantar no
restaurante O Castro.
O Castro, un lugar recomendable
para outras ocasións, moi
amables no trato, nos serviron
Uns entremeses, Carne de
terneira rachea en rolla,
postre, viño e café. Uns risos,
contos e ás cinco da tarde damos
por rematada a aventura por
Terra Chá.
Chegamos a Foz as seis da tarde,
despois de pasar un domingo
distinto a outros.
Un saúdo
Antonio