| Crónica
       As sete da mañá partimos de novo Os Sendeiros dende Foz,
      ollando para o ceo todo o grupo pois os augurios facíanos pensar que
      nalgún momento asomaría a choiva. O grupo compoñámolo 43 sendeiristas;
      neste viaxe uníasenos Amelia, unha nova socia madrileña, benvida.
      Segundo ían pasando os quilómetros, vimos que o tempo facíase aliado
      noso, as oito e media chegamos a  Cudillero, facemos unha paradiña para
      desayunar no  restaurante
      Lupa, ao mesmo tempo sorprendemos a nosa Ana
      cun doce para felicitarlle o seu cumpreanos. " Felicidades". Eu
      creo que se emocionou un pouquiño, ¿o, non? Entre sorrisos e bromas
      festexamos o cumpleanos e de novo todos no autobús cara a ruta.  Pasamos polas vilas de  Pravia,
       Belmonte e no pobo
       La Riera
      tomamos a estrada a esquerda que nos levará ao porto  San
      Lorenzo, esta
      estrada e estreita e sinuosa, dende  La Riera ao alto hai 11 Km., as vistas
      que íamos contemplando eran  verdadeiramente impresionantes, Pobos
      cativos encaramados ás montañas como si foran pegados a elas. Así vamos
      subindo no autobús ata chegar ao alto de  San
      Lorenzo ( 1394m) as once
      menos dez da mañán. No alto facía unha brisa fresca que apetecía
      poñer un pouco de abrigo no corpo. As once partimos ao carón da senda
      que partía dende o mesmo alto cunha entrada non moi fácil de dar con ela.
      A senda ten un chan de herba e terra que facilita o camiñar. Nada máis
      comezar xa ollamos as primeiras vacas, cabalos, con as súas crías, que
      facían unha fermosa postal no entorno natural que o rodea. Sigue a senda
      pola ladeira da  Serra Verde toda ela cunhas fermosas e abundantes Xestas
      en flor, Cardos, panorámicas que impresionan ao grupo, prados cun verde
      especial, ben coidados, pobos colgado das cumes. O camiño e chan fácil
      de andar, que fai que nos deleitemos mellor do que temos diante dos ollos.
      Vamos disfrutando da camiñada, as doce facemos unha paradiña para
      repoñer forzas nun lugar paradisíaco e fermoso, despois do pequeno
      descanso, cando íamos a comezar de novo, veñen uns homes a cabalo que
      cando nos viron descabalgaron dos seus rocines e, sen dubidalo, Marisa
      fixo un pequeno paseo a cabalo demostrando as súas dotes de boa amazona,
      a verdade que nos deixou a todos atónitos.  Entre contos e contos vamos facendo camiño disfrutando da
      natureza que temos ao redor noso. Chegamos a un fermoso val chamado  Llanu
      Fresqueru que nos leva a coller a esquerda do  Picu Monegro unha pista de
      terra costa abaixo para achegarnos ao pobo da  Bustariega, un dos pobos
      máis fermosos, ben conservados e descoñecidos de  Somiedo. Este pobo tivo
      que ser fai moitos anos un burgo importante polo feito das dimensións das
      súas casas e as súas cortes, hórreos. Ten lavadoiro do ano 1923 en
      perfecto estado cun gran chorro de auga fría e cristalina; ao lado da
      capela encóntrase un Tilo, árbore centenario. As dúas chegamos e foi
      onde fixemos o xantar.  Fómonos acomodando cada un onde podía e, entre grolo e
      grolo de viño, un cacho de chourizo, o de xamón, empanada, e demais
      manxares, o corpo ía collendo as calorías que tíñamos perdidas no
      camiño. As dúas e media damos por rematado o xantar, facemos a obrigada
      foto do grupo, e pés en pólvora e a seguir a ruta. Iste derradeiro tramo
      de catro quilómetros discorre por unha pista de asfalto en pequena costa
      abaixo que nos levará ao pobo de Valcárcel, un pobo máis pequeno que
       Bustariega, pero cunhas peculiaridades moi parecidas. Uns cambiamos os
      calcetíns, outros a camiseta e outros lavámonos a cara na fonte do pobo
      do ano 1913.  Unha vez todos arranchados, as tres e media, 
      emprendemos  o regreso a casa no autobús, por certo o chofer chapó,
      un artista do volante. Tíñamos pensado parar de novo en  Cudillero. Con
      unn silencio sepulcral íamos todos  derrotados nos asentos ata que alguén
      espertaba e avisaba da chegada ao  restaurante
      Lupa, onde de novo íamos a
      festexar un cumpreanos de Ana,
      agora a invitación facíala ela a todo o grupo. Tomamos un bo cacho de
      tarta e cafés; caras cansadas pero alegría en todas elas.  Os Sendeiros
      somos moi sufridos.  Emprendemos a marcha e as sete e media chegamos a Foz. A
      ruta foi unha ledicia e o tempo espléndido para o seu disfrute.  Ata a próxima  José
      Luis |