Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 5

Fervenzas de Oneta

Villayón - Asturias

Día 27 de Febreiro de 2005

Saída as 10:00 da mañán

Duración: 5,30 h.

Villayón, concello asturiano localizado na comarca occidental da rexión, dentro da cuenca do río Navia. En un dos concellos que máis tardou en obter a sua independencia, pois pertenceu ao Concello de Navia ate 1886.

En canto a topografía, podemos afirmar que é montañosa aflorando tamén diversos vales en varias direccións conformados polos afluentes do Navia. As alturas máis importantes son as seguintes: As serras de Arbón, Brañuas e Panondres, esta última con elevacións superiores ós 800 metros. Ó suroeste vemos a serra de San Roque, con picos coma os de Gargalois e o do Prado de San Roque con máis de 1000 m.

A Ruta comeza no pobo de Oneta, onde un cartel indícanos o camiño que teremos que tomar. Saímos de povo e atopámonos cunha desviación, tomamos a esquerda para chegar ate outra, esta vez será á dereita; 20 minutos despóis de saír de Oneta chegamos á fervenza da Fribia, a máis espectacular de todas, con unha altura de 15 metros. Enseguida notamos a forza con que cae a auga ao situarnos fronte a ela e notar o vento que despide.

Atravesamos o río por entre as pedras que nos sirven de ponte pra chegar a unha pradería con pequenos sendeiros marcados. Colleremos o que está  situado or riba de todo-los demáis, e seguindoo ate o final chegaremos a un pequeno bosque; aparentemente non hai camiño marcado e haberá que amañarse para chegar ate unha congostra. Ésta acaba nunha pradería en pendente onde pacen cabalos. Baixaremos por ela e contemplamos a segunda das fervenzas, a Firbia de máis abaixo.

Crónica

O sábado, vispera da ruta, o día era infernal. Posiblemente o máis chuvioso e frío do que levamos de inverno, incluso pensouse en suspendela. Chega o domingo e amanece con tempo pouco apetecible para iniciar a aventura, pero como a saída esta posta para as dez da mañán xa habería tempo para decidir suspendela e voltar á casa. Os que estabamos dispostosa facer a ruta éramos dezasete e sen medo subimos ó bus, con ánimo de comer o mundo.

Saímos de Foz a hora prevista e pouco a pouco o día deixaba sair o sol, tímidamente e con as ameazantes nubes grises por riba de nós. Chegamos ó concello de Navia e, na Ponte do Espín, collemos a carreteira a dereita que nos vai levar ó Castro de Coaña. Desta maravilla coméntase que é dos máis importantes castros de España en canto a superficie e conservación; con boa disposición o guía foinos explicando as costumes e formas de vida destes poboadores. Pódense distinguir xa en aquela época as distintas clases sociais que había con probas claras, como poden ser as dimensións dos fogares así como a súa división interior.

Despois da visita tomamos o bus e pasamos pola presa do embalse de Arbón, no río Navia. Ó seu paso pódese disfrutar dos bellos paisaxes deste gran caudal de auga que nace na montaña de Navia de Suarna na provincia de Lugo, de aquí o seu nome, e que desemboca na Ría de Navia en Asturias.

Por estes paraxes sa se empeza a ver a nefe, que nestes días caía como xa non se recordaba, e canto máis nos adentrábamos no Concello de Villayón era cada vez maior. A uns sete kilómetros baixamos do bus e tomamos a senda que nos indica o primeiro  tramo da ruta. E unha subida suave que se anda ben e con a cantidade de neve e as belas panorámicas fainos pensar en estar nunha paisaxe Alpina. Houbo ate tempo para tirar unhas bolas de neve uns a outros, e fixemos un moneco de neve coa sua bufanda e todo.

5ruta002.png (3778642 bytes)

5ruta004.png (7412585 bytes)

5ruta007.png (6396661 bytes)

Así metro a metro, o camiño nos acercaba ate Villayón. Non nos cansamos de decir que a paisaxe era impresionante. Aquí buscamos un lugar para poder repoñer forzas, e despóis de visitar a igrexa parroquial, bonita e un tanto rústica, o cura Párroco invitounos a que xantaramos nos baixos da sua casa, espacio amplo e con unha gran mesa. Empezáse a sacar das mochilas as empanadas, tortillas, xamón, queixo e, como non, a bota de viño de Benito para regar todo elo. Falta facía xantar algo, pois o frío era moito.

Despóis de unha hora de xantar e descanso, tocaba tomar un café quente para ataxar o frío. Dirixímonos a un bar na praza do pobo, o  Nito, para poder seguir a ruta camiño de Oneta.

De Villayón a Oneta hay uns seis kilómetros en descenso suave, o que fixo que fora relaxante polo trazado e tamén a fermosa paisaxe nevada que tiñamos ós nosos pés.

Pasamos pola pequena aldea de Oneta e collemos un camiño que nos leva a primeira fervenza: a "Firbia.  Chegamos a ela con un pouco de sacrificio que mereceu a pena. É espectacular, cunha caída de auga de uns quince metros de altura. Nada máis chegar nótase a forza con que cae e pódese sentir o vento que despide.

5ruta006.png (2837000 bytes)

5ruta010.png (3172691 bytes)

5ruta011.png (3895665 bytes)

Seguimos de novo o camiño na busca da segunda fervenza, e o percorrido lévanos por unha canal todo él feito con pedras ben traballadas e que antaño pasaba a auga para os muíños. A baixada e un tanto complicada pola neve e a humidade que tiña o campo, o que motivou alguns resbalóns.

Este novo salto de auga e de menos altura que a primeira, pero pode que sexa máis fermosa pola sua anchura que ten o seu cauce. Despóis do salto fórmase un fermoso regato que se perde entre a natureza.

5ruta018.gif (36462 bytes)

A Firbia

5ruta016.gif (36966 bytes)

A Firbia

5ruta020.gif (23174 bytes)

O regreso a Oneta fixémolo baixo unha chuvia fina que se non fora por que o bus estaba cerca chegamos anegados de auga. No bus cambiamos a camiseta e o grupo Os Sendeiros sentímonos satisfeitos da ruta e pagou a pena facela. As sete da tarde chegamos a Foz baixo un diluvio. Foi unha miragre poder facer a ruta con o temporal nestes días había.

5ruta023.jpg (23355 bytes)

5ruta025.gif (35619 bytes)