Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 15

Ruta do Vento

Fraga de Vilapena

Trabada (Lugo)

Día 11 de Decembro de 2005

Saída: 09:00 da mañán

Duración: 4,5 h.

 

Crónica

As nove en punto partimos 25 Sendeiros na busca dunha nova aventura. Esta vez o grupo foi menos numerosos que na última que fixemos a Muros del Nalón, pero o espíritu aventureiro que tiñamos facía que non se notara moito a falta de varios compañeiros habituais.

O día amenceu con un ceo despexado; facía frío. E digo soamente frío, porque a verdade onde o facía, e ben, era xa na Corredoira, na saída de Foz. Os prados estaban como si foran sábanas brancas, e canto máis nos íamos alonxando da costa máis gorda era a xeada. En San Cosme tomamos a estrada á dereita en dirección a Trabada.; a distancia entre estes dous pobos é duns 20 km.

Nesta última poboación, pouco antes de chegar, á dereita atópase o pazo Terrafeita, singular construcción galega de outras épocas, hoxe convertido en casa rural.

Chegamos a Trabada, toda ela branca como a neve. Continuamos pola estrada que vai a Riotorto, e no alto do Chao do Couso fin do traxecto do autobús. Decir que foi a primeira vez que nos levaba unha muller ó volante, por certo moi simpática e boa conductora.

Neste alto o frío ó baixar do autobús era demasiado, a brisa que viña cortaba a pel. Arranchados con gorros, guantes, bós anoraks e pao en ristre, comenzamos a camiñata. Eran as 10 da mañán e na dirección a Riotorto tomamos o sendeiro da Ruta do Vento á esquerda, unha pista ó principìo asfaltada, pero axiña toda a ruta ía transcorrer por pistas de terra e sendeiros.

Enseguida atopámonos con charcas conxeladas que alguns coma min, xa non recordábamos. Eran puro cristal de bó espesor. O piso da pista estaba durísimo debido á xeada, sendo imposible romper o barro que había. Transcorre a marcha e podemos contemplar dende o alto de Cerruchan unha ampla panorámica. Un pouco máis adiante, vemos unha canteira de pizarra en plena explotación. Este primeiro treito é todo chao e vai entre pinares, para pouco a pouco, en leve descenso, achegarnos a unha pista algo en costa que nos levará ó Pico do Gorro.

Dende este lugar podense ver unhas belas imaxes dun val que o forman os límites da Pontenova, Abres e Trabada. Pódese decir que é espectacular, ainda que nós nos disfrutamos ben da panorámica debido á néboa que había.

000_0063.jpg (1629593 bytes)

000_0065.jpg (544718 bytes)

000_0067.jpg (913424 bytes)

Sacamos a foto de rigor e voltamos a baixar a pista, abandonamos a Ruta do Vento para coller a ruta da Fraga de Vilapena. Esta nova ruta, ainda que está no mesmo entorno, é distinta da anterior. A Fraga de Vilapena transcorre por sendeiros que nos levan por unha fraga que ten unha gran variedade de árbores autóctonos: carballos, castiñeiros, freixos acibros e moita cantidade de musgos.

O camiño, ben sinalizado, vai serpenteando con baixadas e subidas. A humidade da fraga ás veces fai dificultosa a marcha; houbo algun que outro resbalón, algunha risa, e tamén algo de cansazo.

Xa eran as doce e media cando chegamos a unha femosa fervenza nun belo entorno e, como non podía ser doutra forma, fixemos unha foto para a posteridade. Seguimos polo medio dun inmenso bosque cheo de carballos e acibros no seu estado máis salvaxe. Aínda se ven dous carboeiros ben sinalizados; son uns pozos cavados na terra, de pouca profundidade nos cales queimaban a leña os lugareños para facer o carbón vexetal.

A ruta vai en constante subida, e con os pes bastante cansos, cruzamos o río Trabada e saímos a unha pista en pendiente para tomar a un kilómetro o desvío a esquerda que indica ó refuxio. Neste punto aínda falta como unha hora de camiño, pero non desesperamos. Seguimos polo último treito, no cal podemos contemplar como as charcas estaban cheas de grandes encubacións de rás; teñen forma dunha masa gelatinosa cuns puntos negros, alguns xa soltos da masa e con forma xa de rá.

Despóis dun tempo divisamos ó lonxe o Chao do Couso, punto de partida e fin da camiñata. O frío era o mesmo que deixáramos ó comezo da aventura. Alí estaban a esperarnos os primeiros do grupo, un pouco desesperados na espera dos que pechábamos o pelotón. A fame estaba facendo mella e non perdoa. Eran as dúas e media.

000_0069.jpg (1370895 bytes)

100_0388.jpg (886311 bytes)

100_0389.jpg (1408406 bytes)

Unha vez todos xuntos no refuxio existente neste lugar, que amablemente nos cedeu o Concello de Trabada, por certo amplo, limpo, con mesas, bancos, auga, luz, todo un luxo en plena natureza. Comeza o ritual de sacar cada un a súa comida e coma sempre non falta a tortilla, chourizos, xamón, lombo, as botas de viño, cervexas... en fin de todo un pouco, compartindo uns cos outros. Non podían faltar os potres de Ana nin as galletas de Seli.

Con gran camaredería fomos degustando os alimentos, no medio de algunha anécdota, risas, e con algo de frío no corpo, festexamos e brindamos con champán no medio do monte, pola última ruta do ano, Bo Nadal e Próspero Aninovo para todos.

Xa eran as catro e media, e sin máis demora rumbo a Trabada a tomar uns cafés que boa falta facían.

Seguía o frío, emprendemos de novo a marcha cara a Foz, chegando as cinco e media diante do Concello. Contentos sí, pero un pouco cansos.

Felicitar ó Concello de Trabada polo ben coidadas e marcadas que teñen as suas rutas de sendeirismo.

100_0390.jpg (1348425 bytes)

100_0391.jpg (1497330 bytes)

100_0392.jpg (1218281 bytes)