Os Sendeiros

de

Foz

 

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas
PRINCIPAL
Rutas ano 2009

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Sardiñada no Santo 2009

Foz (Lugo) 

5 de Xullo de 2009

Saída: 12:00 h  da mañán

Dificultade: Baixa

 

Crónica

 

Xa o tempo volveu a darnos a lata, eran as nove cando me levantei e chovía a mares, ¡¡¡ xa estaba armada!!! , chamo a Zamora e pregúntolle ¿que facemos? E, contéstame, que hai que ir para arriba, vale logo, lle contesto, non pasan tres minutos e Ana ao teléfono: como chove meu fillo, ¡¡ haberá que cambiar o sitio da “Sardiñada”!!, ela coma sempre xa tiña algunha solución, Vamos para miña casa ou para o Bahia nunha carpa que hai alí.

Saín da casa para encontrarme con Zamora e tomar un café. Fomos a buscar o camión que sempre moi amable nos deixa Paquito no Almacén Bahia, cargado con seus taboleiros, cadeiras e tamén dous sacos de carbón e saímos ao encontro de Suso que nos estaba agardando no peirao para coller os asadores, algo de leña e as sardiñas que sempre a súa familia nos dona. O ceo estaba todo encapotado e o barruzo non paraba, pero Suso como bo mariñeiro dicía que ía a parar de chover, e sen máis collemos os bártulos e para O Santo.

 Chegamos a área recreativa e xa estaba esperando Mariano e Isabel os máis madrugadores, a mesma canción ¡¡isto non para!! ¡¡vaia molladura que vamos a coller!! Nun momento parou de barruzar e xa nos animamos un pouco, aínda así Maruja, a muller de Álvaro, ofreceu a súa casa de Palmiz para facer a xuntanza, coma xente coma estas merece a pena traballar pero non fixo falla. A choiva parou e o grupo de 60 persoas comezou a camiñada. Saíron do Santo cara ao Pico da Lebre e a dereita colleron a pista que os achega a canteira para seguir cara a Santa Cilla e tomar na Cruz do Lobo a pista que vai a Vilela cruzando por os poucos pinares da zoa que quedan, costa abaixo pasando á beira de casa Lelle. Rodea a súa finca unha variedade de hortensias verdadeiramente preciosas, vamos baixando ata San Martiño coa súa basílica maxestosa, e a partir de aquí a choiva fai de novo a súa presenza para fastidiar o paseo, xa o tomamos con humor e seguimos cara ao Santo chegando a redor das dúas a tarde.

Sardiñada Santo 2009 (13) por ti. Sardiñada Santo 2009 (10) por ti. Sardiñada Santo 2009 (6) por ti. Sardiñada Santo 2009 (19) por ti.

 Con este son dous anos que se unen a nosoutros un matrimonio de Madrid cos seus pícaros que un aínda vai en cadeira de bebé case que todo o tramo, un dez para eles. Os que quedamos na área recreativa xa non sabíamos que facer puxemos os taboleiros e máis as cadeiras no quiosco da música, ¡¡¡Que non collemos!!, ¡¡¡que si collemos!!, e a verdade que os metros do quiosco son os que son, e sentados non collemos os 74 comensais que íamos a participar no xantar. Sacamos todo cadeiras, taboleiros, e como non chovía armamos fora. No momento de rematar a obra volta a choiva, ao final decidimos meternos no quiosco sen cadeiras e así todos de pe fomos dando conta das sardiñas moi ben asadas por Suso (e un artista) axudado por Luís, Zamora e máis tarde por Ana.

 Fomos collendo unha e outra e outra, acompañámolas cun bolo preñao, un bo viño, de postre pastelón de mazá, café e chupito de herbas e de café. O café merece un capitulo aparte: foi feito polo mestre de cociña David Méndez, todo un ritual onde os haxa: “café de Pote“ impresionante David, hai que repetilo máis veces.

Cánticos, sentido do humor, charlas, en fin que entre tanto jolgorio ata houbo que facer a unha socia o boca a boca por perder o coñecemento polo o que estaba acontecendo, os primeiros auxilios saíron perfectos, ¡¡quedou nova!!

 Ao redor das cinco da tarde recollemos toda a ferramenta, e uns andando e outros no coche fomos para as nosas casas, un pouco mollados pero seguros de pasar unhas fermosas horas en harmonía, que é do que se trata.

Bueno amigos non sei que máis contar, sería para escribir un libro.

Un saúdo e vémonos nas illas Ons.

José Luis