Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 30

Ruta Los Castros

 Boal (Asturias)

11 de Marzo de 2007

Saída: 08:30 da mañán

Duración aprox.: 3,5  h.

Dificultade: Media alta 

 Percorrido:  Para chegar: acceso sinalizado dende a AS-12, ó seu paso pola localidade de Pendia (P.K. 18,2). Estrada local: 2 Km. Pista sen acondicionar: 1 Km.

O acceso realízase por un estreito sendeiro que deixa á esquerda o foso defensivo que illaba o asentamento do resto da serra. Sobre a súa cara interna apreciase a muralla que remata na torre, o punto máis elevado do recinto dende o que se disfruta de unha fermosa panorámica do conxunto. No seu interior dispóñense unha ducia de cabanas de planta circular, entre as que destaca, pola sua amplitude e illamento, a situada no sector norte. Estas construcións maiores, de aparición frecuente nos castros, foron as interpretadas tradicionalmente como edificios de uso comunal. Amba-las duas presentaban unha estructura semellante, coa cámara principal abovedada, so de lousas de pizarra e un forno na cabeceira, mentres na primeira das cámaras, a máis elevada, ofrece planta semicircular e octoganal na segunda. Algunhas testimuñas, moi escasas, indican probables asentamentos tardorrománs e altomedieváis.

Crónica

O tempo vai sendo benévolo connosco, dende a primeira ruta ata esta derradeira, o sol e a boa temperatura fai testemuña das nosas aventuras.

As oito e media partimos a terras de Boal 61 andareiros para disfrutar das fermosas paisaxes que hai nesta bisbarra entre a serra de Penouta e o pico Penácaros. E a primeira vez que temos que contratar dous autobuses, pola cantidade de socios que quixeron compartir o Día do Socio.

Todos os sendeiros coas camisetas verdes que nos caracterizan, inundamos o pequeno pobo de Boal. Esta vila da montaña, e tranquila, cunha praza típica que fórmase a esquerda coa casa do Concello enfronte a igrexa, unha escalinata e varias cafeterías e restaurante no seu entorno. Cando chegamos eran as dez da mañá e o pobo espertaba contemplando o colorido verde do grupo. A guía quedou con todos que partíamos as dez e media, entón fomos uns e outros a tomar uns cafés para emprender a ruta.

 Neste día fíxonos moito gusto ver a Tere de Chao e a Mari Carme a muller de Tano, tamén dar a benvida a os novos socios: Arturo e a súa muller, ás tres da casa da cultura, Fernando y María José aínda que este matrimonio xa foi a ruta dos Pozos en Valadouro, ogallá sexa para compartir moitas máis rutas.

As dez e media partimos de Boal tomando un camiño que nos achega cerca do instituto para adentrarnos pola fermosa campiña, ollando ao fondo o pico Penácaros, mentres vamos dando os primeiros pasos xa algún campesiño estaba coas súas faenas do campo. Seguimos o camiño disfrutando de todo o encanto do entorno, levando ao noso lado o río Pendía que xa nos acompaña en todo o percorrido. O río e fermoso, estreito e leva moita auga, desemboca no río Navia.

 O sendeiro os primeiros km. son suaves con moitos treitos chans, bo firme, bastante ben coidado, tamén se poden ver hórreos do estilo galego, casas ben coidadas e abundantes xestas en flor, castiñeiros, abedues e nogais. Pasamos diante dun burro e as nosas mozas quixeron facer unha foto xuntos, a verdade que pode quedar para un futuro pois os asnos de catro patas son cada vez menos. Vamos facendo camiño e atopamos xunto a unhas casas unhas laranxeiras cheas de laranxas, pedimos permiso e a dona deixounos coller unhas poucas ¡¡¡estaban bárbaras!!!

 Dende aquí costa abaixo podemos contemplar unha pradería fermosa e polo medio dela o río Pendía e ao fondo un muíño de antano, pasamos unha ponte para cruzar o río, andamos un treito un pouco en costa e achegámonos ao Castro Pendía. Este castro sobre a súa cara interna apréciase a muralla que remata na torre o punto máis elevado do recinto ( hoxe en día un pouco destruído) onde se disfruta dunha fermosa panorámica do conxunto. No seu interior dispóñense unha ducia de cabanas de planta circular, entre as que destaca, pola súa amplitude e illamento, a situada no sector norte. Estas construcións maiores, de aparición frecuente nos castros, foron as interpretadas tradicionalmente como edificios de uso comunal. Ambas presentaban unha estrutura similar coa cámara principal abovedada, solo de lousas de pizarra e un forno na cabeceira, mentres na primeira das cámaras, a máis elevada, ofrece unha planta semicircular, e octogonal na segunda. Algunhas testemuñas, moi escasas, indican probables asentamentos tardorromans e altomedievais.

Neste fermoso remanso de paz que forma o Castro facemos a foto de grupo e retomamos a camiñada que será a parte máis dura da ruta. Adentramonos por unha senda de terra en constante subida, toda ela rodeada de árbores que axudan o noso camiñar coas súas sombras, nestes lares comeza o sacrificio de todos nos, pois a costa ten tela.

Así pouco a pouco vamos indo e axudándonos uns a outros con ánimos, saímos da pista de terra e tomamos unha pista de cemento, aquí xa non temos sombra e o sol fai mella nos corpos e a costa aínda e máis forte pero como "grandes sendeiros" que somos seguimos subindo ata chegar ao pobo de Villanueva, final do traxecto. Uns sentados no chan, outros facendo flexións, e os demais comentando o duro que foi este derradeiro tramo, pero bueno ao final todos contentos por facer e disfrutar destes fermosas paraxes.

Dende Villanueva achegámonos a Boal en autobús onde estaba esperando un gran xantar no restaurante Prado. Chegamos ao pobo e algúns trocamos os calcetins, as camisetas, limpamos as maos e foimos a tomar unhas cañas antes de comer. As tres menos cuarto sentámonos todos a comer un bo potaxe de nabizas e cabrito con patacas e de prostre arroz con leite ó flan caseiro, todo elo coma sempre regado cunha alegría entre todos e algún cantar que outro se puido escoitar.

 Dunha forma humilde tamén celebramos o cumpreanos de Gloria " FELIZ CUMPREANOS"

Se me esquecía comentar que algúns sendeiros nun momento da ruta dubidaban o camiño a seguir. Coidado coas sinais.

 As cinco e media partimos para Foz chegando as sete da tarde.

Ata a próxima

 José Luís