>
Crónica
Andaina de verán: Rota circular Montes da Lebre
Para este último roteiro do mes de xullo, faremos un roteiro circular polos montes da Lebre, partindo da capela do Bispo Santo.
O día amence chuvioso, a
previsión meteorolóxica
cumpriuse, é unha choiva miúda,
moi fina, un suave calabobos,
que ten o ceo cuberto e non nos
permite gozar das vistas
panorámicas. Concentrámonos
diante da capela, damos unhas
breves explicacións do roteiro
de hoxe e comezamos a camiñar,
baixo os paraugas de distintas
cores. Os primeiros pasos son
sobre asfalto, ascendendo ata
media ladeira, onde colleremos a
pista de saburra que atopamos á
nosa dereita. Temos un bo tramo
chairo por unha pista con bo
firme, rodeados de eucaliptos, e
coas nubes baixas que temos, non
podemos disfrutar das vistas
panorámicas. Agora toca unha
pequena subida, para logo volver
a llanear un bo pedazo e así
recuperar, antes da última
subida, ata á canteira no punto
máis alto de hoxe, onde faremos
unha parada para reagruparnos e
así comezar o descenso todos
xuntos. Collemos á dereita a
estrada de Santa Cecilia, e na
primeira pista de saburra pola
nosa esquerda, desviámonos e
comezamos a camiñar por camiños
de monte, rodeados de
eucaliptos, pasamos varios
arroios que invaden o camiño,
esquivamos grandes charcos e
procuramos non engancharnos en
toxos, silvas e ramas ao
esquivalos. Así chegamos á
estrada que une o Bispo Santo
con San Martiño, a cal collemos
á nosa esquerda, para chegar ao
lugar de partida.
Grazas a todos por participar
neste día chuvioso.
Un saúdo.
Morís.