Crónica


 

ANDAINA SOLIDARIA, MONDOÑEDO 2018


Organizada polo club Toxiza, en Mondoñedo tivo lugar unha andaina solidaria a beneficio da asociación síndrome de FIRES, que co obxectivo de mover conciencias e recadar fondos, para avanzar na loita desta enfermidade rara.


Xuntámonos na praza da catedral, alí houbo unhas verbas da organización, autoridades e membros da asociación, tralas cuales deu comezo a marcha, camiñata que discorrera pola ruta da auga.


Deixamos a praza e dirixímonos cara a ponte do Pasatempo, imos enchendo as estreitas rúas, de múltiples cores e ledicia, dende a ponte collemos camiño a fervenza do Salto do Coro, a subida ata ela, é por un camiño enlamado, que en moitos puntos é cruzado por pequenos regos de auga, descendemos de novo ata a senda que vai bordeando o río Valiñadares, e subimos ata unha canteira abandonada onde cruzaremos o río, para descender o seu curso ata Mondoñedo.


Rematamos a andaina de hoxe na praza, onde a comezamos, alí nos esperaba para repoñer folgos, como non podía ser doutro xeito a torta do rei das tortas.


Bravo pola organización, pola idea da andaina solidaria, polo apoio a esta asociación. Este é o espírito dos sendeiristas e montañeiros a solidariedade.

Un saúdo.

Morís.