Os Sendeiros

de

Foz

 

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas
PRINCIPAL
Rutas ano 2009

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

Andareiro

 Ruta: Illa de Ons 

Pontevedra 

12 de Xullo de 2009

Saída: 07:00 h  da mañán

Dificultade: Baixa

Duración aproximada: 2:43 h.

Crónica

Ás 7 da mañá empredemos un novo andadeiro, non é moi habitual, pero hoxe vamos em dous autobuses xá que somos 79 camiñantes dispostos a pasar un bo dia aló por terras de Pontevedra, na Illa de Ons.

 A esta hora tan cedo parece que vamos medio adormilados, pero nada máis facer a primeira parada para o café, xa todo o mundo empeza a espabilar e xá non hai quen nos cale, todo son voces e risas.

O tempo está bastante inestable, amenaza con chuvia, nós que contabamos con un dia soleado! Pero, que importa? Ós Sendeiros non hai quen nos amole! Ás 10:30 da mañá chegamos a Portonovo, collemos os billetes do barco e achegámonos á punta do peirao, esperando a hora de embarcar, todos pertrechados de chuvasqueiros e paraugas, ben, todos non, algunhas íamos con bañador e non pensamos que nos ian facer falta; pero sempre hai quen leva demais e xa compartimos ata chuvasqueiros! Mentres esperamos, aproveitamos para face-la foto de grupo.

 Ahí ven o barco! Todos a bordo! O mar está un pouco picado e hai quen sinte un lixeiro mareo, ou un pouco de medo.. jaja! Pero tamén hai quen non lle teme a nada e anda de arriba para abaixo, como Isaac, que trae a seu avó de cabeza.

Nada máis chegar á Illa, agrupámonos diante da Igrexa e empezamos a camiñar, decidimos coller primeiro a ruta que nos leva ata o Faro, vamos ascendendo por todo o interior da Illa, e enlazamos coa ruta Norte, todo o tramo con unhas magníficas vistas, e algunha praia como a de Melide, con unhas augas cristalinas e azuis.

Ruta Illa de Ons por ti. Ruta Illa de Ons (31) por ti. Ruta Illa de Ons por ti. Ruta Illa de Ons por ti.

A volta alguns e algunhas deciden quedarse no pobo, ainda que non están moi cansos, non pensan máis que en probar o polvo que viron anunciado nos restaurantes cando chegamos. Pero a maioría decidimos facer a outra ruta que nos queda, a Sur, é a máis completa de todas, porque vamos divisando as praias que miran a Ria como Area dos Cans, o Canexol, e como non, abruptos cantis e fermosas vistas dende o Mirador de Fedorentos, ou do Buraco do Inferno.

A verdade é que o dia está ideal para camiñar, a xente disfruta do paseo, das vistas, e como non, da compañía, porque vamos todos como si foramos unha piña, compartindo anécdotas, quitando fotos pensando no xantar, porque xa estamos chegando ó pobo, van ser as tres da tarde e a esta hora o menú é o tema do momento. Algúns de nós xa está sentado á mesa, uns están degustando o menu, a base de polvo, churrasco, etc.. e outros pedimos un bocata, ah! Tamén hai quen saca a fiambreira, tortilla, filete, bolo preñado, moi rico por certo, dou fe! Pero do que si podo atestiguar, é da boa armonía que se respira no ambiente.

Xa coa taza de café na man empezan a caer as primeiras pingas de auga, a tarde ponse fea, temos que tomar unha decisión e cremos que a máis acertada é adiantar o regreso, así que, nun momento movilizamos a todo o mundo para tomar o barco ás cinco, hai un pouco de nerviosismo, sempre pensas que pode haber alguén que non se entere, pero penso, que cando o embarque xá os conto, hai si, imposible, cando chega o barco, chove tanto e hai tanta xente que quixo adiantar o regreso, que o encargado dos billetes fainos esperar, non se sabe si collemos todos, asi que cando nos di que podemos subir, vamos todos en tropel, calados ata os ósos. Xa abordo intento localizar a todo o mundo, parece que non falta ninguén! Cando atracamos en Portonovo xa están os autobuses esperando, e como non amaina, collemos rumbo para casa, é unha pena, merecía a pena dar un paseo pólo pobo, é moi bonito, pero da maneira que chove nada íamos ver.

 A viaxe de regreso é moi tranquila, todo o mundo ven canso, algúns dormitan e outros vamos dándolle unha volta o mundo, pero, coma sempre, todos con cara de felicidade, co sorriso de haber pasado un bo dia, de disfrutar da compañía e de unha ruta máis, compartir algo máis profundo que un andareiro, compartir amizade.

Ana Lopez