Crónica

RUTA EO AVENTURA


O primeiro dos roteiros deste mes de setembro realizarémolo, na contorna do río Eo, é unha petición dun socio, combinar un roteiro a pé e un descenso en piragua, e como desexos son ordenes, ela aquí.


O roteiro escollido é, a senda verde do Eo, un antigo trazado dun tren mineiro, partimos da Pontenova descendendo cara a Santirso de Abres. O día esta encapotado e hai unha choiva fina, constante e persistente, pero non impide que comezamos a camiñar con alegría e bo ánimo, a primeira parte do roteiro que discorre paralela ao río Eo, por terras da Pontenova, esta asfaltada, pero a paisaxe é fermoso, gozamos da camiñada que o rumor das augas do río amenízanos. Cando chegamos á parte asturiana, a senda ten un piso de zahorra e manto vexetal, moi agradable para camiñar, a paisaxe segue sendo espectacular, unha vexetación moi tupida un río con augas bravas, que refrescan o ambiente, animan o camiñar con ese rumor harmónico tan agradable, un aliciente máis é, os túneles escavados na roca que temos que cruzar ao longo do roteiro, asi paso a paso chegamos a Santirso de Abres, onde darémola por concluída. Comeremos no restaurante Amaido, moi boa comida e trato cordial.


Para despois de comer deixamos a parte diferente do día, toca o descenso en piragua do rio Eo, da man dos amigos de Eo Activo, encantadores, moi amables e profesionais, moi recomendable. Subímonos ás embarcacións de dous en dous, iremos en parellas, que ben o pasamos salvando os numerosos rápidos do percorrido, sempre ben guiados e protexidos, en metade do percorrido, parada para estirar as pernas e un mergullo, houbo que acurtar o roteiro por culpa dunhas verteduras de xurros pero estivo xenial. Volveremos pasámolo xenial e estes mozos meréceno.


Quitámonos a roupa mollada, e imos ao restaurante casa Amaido, onde nos espera unha espicha para despedir o día de hoxe, en compañía e de moi bo rolo.


Grazas a todos por participar e ata a próxima.


Un saúdo.


Morís.