Powered by Wikiloc

>  

 

Crónica


 

Ruta Faedo de Ciñera - Cueva de Valporquero


O roteiro deste mes achegásenos á provincia de León, á reserva de biosfera do Alto Bernesga, para facer un fermoso roteiro, que parte do pobo mineiro de Ciñera.


Arrincamos na praza, diante da igrexa San Miguel Arcanxo de Ciñera, e dirixímonos augas arriba do río Villar, cara ao seu famoso Faedo, pola senda que é, o Camiño de Santiago Olvidado. Antes de entrar no bosque, pasamos polos restos da mina, un precioso altar, unhas vagonetas e os restos dunhas edificacións. Cruzamos o río por unha preciosa ponte, e aparecen ante os nosos ollos, as primeiras pasarelas que facilitan o camiño por este estreito desfiladeiro, pasamos por unha preciosa área recreativa, a beiras das augas do río. Por fin entramos no Faedo, cas suas haxas centenarias, a máis famosa Fagus, con máis de 500 anos, por algo foi elixido mellor bosque de España en 2008. Que beleza de senda, estamos nun bosque máxico, como non coa súa propia lenda de fadas.


Despois do Faedo, accederemos por terreo delicado e con precaución, á parte alta das impresionantes Foces do río Villar, estreito desfiladeiro onde as paredes de ambos os lados chéganse a tocar, e que era o antigo e perigoso camiño que os mineiros de Villar do Porto utilizaban para baixar ás minas de Ciñera e Santa Lucía.


A partir de aquí, continuaremos por terreo de alta montaña, seguindo o curso do río Villar subiremos, ata chegar ás brañas de Agualcampo e Campo Valle, lugares idílicos frecuentados por pastores e gando. A última parte do itinerario discorre transitando polos barrancos de Lagos e do arroio Gocillo, nunha paisaxe tamén espectacular, ata desembocar diante mesmo da cova de Valporquero, que veremos desde o alto.


Este é o lugar elixido para comer, nos seus merenderos sentarémonos e comeremos o que cada un trouxo. Para despois facer a visita longa á Cova de Valporquero, espectacular cavidade, que unha amable guía aínda fainos máis fermosa.
Grazas a todos por este magnífico día e ata a próxima.


Un saúdo.

 

Morís.