Powered by Wikiloc
 
 

>  

 

Crónica

Rota Maeloc, Bretoña.

Para o roteiro do mes de decembro, desprazarémonos ata Bretoña na Pastoriza, para percorrer o roteiro de Maeloc.


Saímos pola mañá en bus cara ao roteiro, paramos en Santo Tomé a tomar un café e ir ao baño. O día esta incerto en canto ao meteorolóxico, chegamos ao lugar de partida, baixámonos do bus, equipámonos e comezamos a camiñar. Imos por unhas pasarelas de madeira que seguen o curso do río Valiñas, facendo un fermoso paseo fluvial. Temos que camiñar con precaución, xa que escorrega a madeira ao estar mollada. Gozamos da beleza desta paraxe, a súa vexetación, as súas augas bravas. Ao pouco de comezar a camiñar temos que abrir os paraugas xa que empeza a chover. Gozamos dos seus muíños abandonados, e de todo o que esta contorna ofrécenos. Agora camiñamos por unha pista asfaltada ata Curras, onde decidimos non completar o roteiro previsto, xa que no alto de Carracedo, hai néboa e está a chover. Así que collemos por outra pista e dirixímonos cara a Bretoña, onde nos cambiamos de roupa e damos por terminado o roteiro. Como aínda é pronto para ir comer, decidimos ir ata Meira e gozar do seu mercado semanal antes da comida.


Subimos ao autobús e dirixímonos a Bretoña, á Casa da Luz, que será onde comamos, unha comida espectacular e un trato aínda mellor, o que pon o broche final ao día de hoxe.


Grazas a todos por participar e ata a próxima.


Un saúdo.

Morís.