Crónica
E así pasiño a pasiño... chegamos a derradeira ruta de este ano 2012.
Esta vez toca coñecer a fermosa chaira do Cabo Busto, na costa norte de Asturias. Está a unha distancia de mais ou menos 90 km, así que non tivemos que madrugar moito xa que saímos como xa é costume de diante do Concello ás 08:30 da mañán.
Botamos en falta algunhas compañeiras habituáis das camiñatas, pero algunhas tiñas obrigracións familiares; outras tiñan actuación coa Coral (que actuaban na Sala Bahía) e outras eran víctimas do virus da gastroenterite (pobre Lidia!!! coidate e un biquiño)
A ruta foi corta: uns 8 km pero con moito que ver e disfrutar. Comenzóu fronte as escolas de Busto por un sendeiro moi ben sinalizado. Ao princípio tivemos unha subidiña a través dunha zona boscosa de castiñeiros, eucaliptos, pinos... para continuar llaneando por un camiño ao borde de grandes acantilados que nos levóu ó faro de Cabo Busto, pasando pola praisa da Cova, praia de Bozo e outras calas.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O largo do sendeiro encontramos numerosos miradores onde se podía disfrutar de una boa parte da costa occidental asturiana. A paisaxe era fermosísima, parecía como si os acantilados fosen cortados a coitelo.
Durante o noso percorrido acompañounos a auga e un forte vento, pero iso non constituiu ningún problema porque o que mais e o que menos xa vamos preparados para este tipo de inclemencias.
Unha vez rematada a nosa andadura subimos ó bus para dirixirnos a Luarca, para comer no Restaurante "La Montañesa". Como chegamos con unha hora de antelación, tivemos tempo de dar unha volta e de tomar un viño (bueno, houbo alguén que tivo tempo de tomar hasta cinco...)
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Durante a comida brindamos con viño e despois do postre con champán como corresponde a estas fechas. Así que cando volvíamos de regreso no autobús a algun compañeiro se lle notaba bastante máis alegre que de costume, e entre chistes e risas chegamos a Foz despóis de unha fermosa andadura.
Bueno queridos amigos, aproveito a ocasión para desexarvos que neste Nadal unha estrela ilumine o noso camiño e nos guíe por sendas de paz, amor, ilusión e felicidade para compartir no 2013.
Unha forte aperta.
Toña