Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 23

Ruta "Cabo Fisterra"

Fisterra - A Coruña

20 de Agosto de 2006

Saída: 07:00 da mañán

Duración aprox.:  4 h.

Dificultade: Media - Baixa 

A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara Solis, Ermida de San Guillermo, Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e a Cidade de Dugium entre outras. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lenda seguen vivas, cautivando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra  posúe, a todo aquel que se asoma a visita á Fin do Mundo.

 Percorrido: O percorrido e a unión de varias zoas da bisbarra de Fisterra dando a volta a todo o seu entorno.

Crónica

As sete da maña, estaba o autobús cos motores quentes para emprender unha nova ruta de sendeirismo. O grupo nestas datas baixa un pouco, non sei si polas festas do verán ou que hai máis gañas de ir a praia. Con todo isto o grupo o formamos 27 Sendeiros con gañas de natureza.

 O día amaneceu cun ceo cheo de estrelas, que facía presaxiar un bo día para camiñar, achegándonos á Terra Cha, vimos moitos bancos de névoa no medio do val, verdadeiramente preciosos. Facemos a primeira paradiña en Guitiriz, para estirar as pernas e de paso tomar uns cafés, Despois duns vinte minutos de novo ao autobus para seguir adentrándonos por terras Galegas pola autoestrada que nos leva ó carón de Carballo. Seguimos disfrutando da paisaxe, e chamábanos a atención de non ver ningún punto de monte queimado ata agora, a verdade que quedamos un pouco sorprendidos despois da grande cantidade de lume que as noticias días atrás nos daban. Así pouco a pouco íamonos achegando a Corcubión pobo pequeno, pero moi bonito, que forma unha bela ría con o non menos fermoso pobo de Cee , e entre eles unha bela praia. Xa faltaba pouco par achegarnos a Sardiñeiro nucleo de casas donde comeza a ruta.

Son as dez e media e con pouca equipaxe comezamos a camiñata por entre as casa do pobo deixando ás nosas espaldas unha pequena praia, por esta zona xa se podía ver algun que outro monte queimado, aínda cheiraba a fume, verdadeiramente unha pena, deixamos o pobo e adentrámonos nun gran pinar completamente queimado a dereita e a esquerda, ¡ NON HAI DEREITO !, cruzamos o pinar ata chegar a estrada para cruzar a praia  Langosteira, desde este alto é impresionante a beleza desta praia, a sua area e branca e casi salvaxe, ten unha lonxitude alomenos de catro quilómetros formando unha preciosa bahia. O tempo era moi bo, cun ceo despexado e sol radiante. Sigue o camiño polo paseo da praia que nos levará ao pobo de Fisterra.

 Fisterra e un pobo, tipico mariñeiro algo en costa ao pe do mar e cun porto pequeno pero bonito cunha esplanada ampla, chea de restaurantes con boas terrazas. , Facemos un pequeno descanso no porto e de novo o camiño ata o Cabo. Xa eran as doce e media cando partimos para facer os tres quilómetros que faltaban aínda para o remate da ruta. Este tramo era en subida suave merecia a pena andar para disfrutar da inmensidade do Atlántico e a beleza do cabo Fisterra. Tino sube coma unha bala, ¿será porque deixou de fumar, ou polas suas novas zapatillas de diseño?

 Desde esta punta da terra " Finnis Terrae ", tí podes dar rienda suelta a tua imaxinación, ver tanto mar e impresionante, a ría que se contempla unha maravilla, son moitos os recordos e placas que se poden ollar ao carón das suas pedras, o gaiteiro tocando unha " Muñeira" ao mesmo pe do acantilado, en fin a visita e o esforzo mereceu a pena. Despois da visita ao cabo Fisterra, voltamos no autobus ao Pobo para xantar. Eran as dous e media e a fame non perdoa, achegámonos a un dos restaurantes do Porto e na terraza dun deles xantamos ben cunha gran armonia dentro do grupo, no que se fixo algunha que outra broma, ¿eran boas as racions, eh ?, . Entre conto e conto vai pasando o tempo e ás catro e media partimos de novo ó autobús para encarar oo retorno as nosas casas. Seguimos a ruta ao revés ata chegar de novo a Guitiriz e facer unha paradiña, voltamos a estrada e sin novedade chegamos a Foz as oito e dez, sin novedade. A ruta ao Cabo Fisterra pódese decir que foi moi bonita e de facil andar.

Unha aperta

José Luis