Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 25

Ruta "Devesa de Rogueira"

Folgoso de Courel (Lugo)

15 de Setembro de 2006

Saída: 07:30 da mañán

Duración aprox.:  3 h.

Dificultade: Baixa 

Datos de interese:  A Devesa de Rogueira é a reserva botánica máis importante de Galicia. Situada no corazón da serra e rodeada pola cumes do Alto do Couto e Formigueiros, é a ruta obrigada para todo o que se adentre por primeira vez no Caurel. Aunque pequena na sua extensión, 200 hectáreas, esta devesa alberga multitude de especies arbóreas que non permiten entrar os raios de sol. Acibros, texos, hayas, carballos, bidueiros, castiñeiros, avellanos, madroños.

 Percorrido: Esta ruta é de bastante dificultade debido a contínua pendente, polo que tomámos a opción de facela no sentido inverso. Dende o Alto do Couto, unha sinal ao lado dunha pequena área recreativa indícanos o comezo da ruta.

Para chegar alí, dende Seoane vamos no autobús para dirixirnos ó punto alto da ruta. Despóis de admirar o Castelo de Carbedo, que se alza sobre una pena e do que se conserva parte da sua estructura. Sempre en baixada, tomamos na dirección a Visuña. Pasaremos polos pobos de Carboedo, Esperante e o Camping Caurel. Ó remate comida en Seoane.

Crónica

O día amencía con boa cara, ceo despexado e durante a noite houbo unha pequena xeada. Según nos achegábamos ó autobús as caras dos " Madridistas : Jesús, Benito, Lolo... era de poucos amigos " o seu equipo do alma perdia o derby Xetafe - R. Madrid por un 1-0, xa virán tempos mellores.

 As sete e media emprendíamos a saída 35 Sendeiros para pasar o día por terras do Courel. Parece que o grupo pouco a pouco aumenta e fainos estar contentos pola acollida que a Asociación vai tendo. Notóuse a falla de : Marisa,  Zamora, Tere, que seguro sinteron non poder vir con nos. O viaxe a lugo fixémolo por Lourenzá cruzando o val de San Adriano e San Xurxo, para coller a estrada que vai pola Cruz da Cancela ata  Meira, para máis adiante incorporarnos á autoestrada A-6.

O día por estas terras xa era de propio verán con sol explendido. Algúns prados aínda tiñan a xeada enrriba. Vamos consumindo os kms. E pódese ver ao fondo as poboacións de: Santaballa, Becerreá, As Nogais, Pobos que non cruza a nova estrada. Así disfrutando das belas vistas e da paisaxe vámonos achegando a Piedrafita, lugar donde vamos a facer unha paradiña para tomar un café e estirar un pouco as pernas.

Son as nove e cuarenta minutos cando chegamos, e as dez e dez reanudamos a marcha camiño de O Cebreiro a 1300 m de altitude para tomar a estrada en dirección ao Courel. Pasamos o pobo e encontrámonos cunha estrada sinuosa e moi estreita,  que nos leva ata o pobo de Piñeira, Ben deitamos do Luis, daba algo de medo ollar a gran altura por donde nos levaba. As vistas eran maravillosas e expectaculares. En Seoane do Courel,  había mercado, eran as dez e media cando chegamos. Dimos volta para tomar a estrada que nos levaría ao alto do Couto. Arranchados de mochilas e con gañas de camiñar comezamos a ruta ao pé do panel indicador da ruta. Decir que esta ruta faise no sentido contrario, subindo, nos dicidimos facela costa abaixo, e máis cómoda, entre carballeiras, abedules, avellanos, bidueiros... vamos facendo un sendeiro cheo de boas vistas, árbores con distintos cores de follas para os amantes da natureza, moitos regatos con auga cristalina. O sendeiro moi coidado e son varios grupos que coma a nos, veñen a disfrutar deste espazo natura,l o máis importante da serra do Caurel, con fontes de duas augas as que  se lle atribuen propiedades curativas.

Seguimos baixando por este entorno maravilloso, que vai entre os 1300 e 700 m de altitude, e son moitas as castañas que a longo do camiño se ven. Vamos pouco a pouco uns e outros apañando nelas, facendo algúns acopio para todo o ano, a verdade que son moitas as castañas que hai a o lango da senda. Ademáis cóllense ben polo ben limpos que están os prados e o bon acceso a elas. Xuntámonos o grupo na aula da natureza, e alí había todo tipo de comentarios : "Moitas apañaches, Benito". Jesús dice : "Benito vaiche romper a bolsa" "pois eu non collín aínda ninguna", "veña, eu che axudo a coller algunha", así seguimos dous kms. máis ata donde estaba Luis esperando con seu autobús.

 Arranchámonos un pouco, e camiño de Ferreira de Soane pobo que conserva unha factoría siderúrxica tradicional de Galicia. Construida no xeculo XIX (ano1808) para elaboración do ferro procedente do monte Formigueiro. Despois de pasar Ferreria, a uns dous km,.chegamos  de novo a Soane de Courel sobre as tres do serán. Aparcamos,  e directos a " Casa Hospederia Ferreiro". Este casa e familiar, ten boas vistas, e coma non, unha boa cociña. O menú : Sopa, Cocido con todo-los ingredientes posibles: lacón, carne fresca, morro, orella, chourizos, repolo, garabanzos, patacas, en fin completiño, e de postre unha variedade de : flan, queixo fresco, membrelo, tarta de castañas, ¡¡ Casi nada !!. E tópico decir que o ambiente que reina na mesa é tranquilo e agradable, e en boa sintonía, algúns cantarines houbo, (hai que mellorar un pouquiño),comentarios de todo tipo : Si resbalache, si fumos lentos.... Á saida da Hospedería, o noso amigo Tino dixo : Hoxe en vez de Senderismo fixemos Restourismo, ja,ja,ja,.... e casi que boi darlle a razón, camiñar esta vez pouca cosa, pero comer.... Xa o relóxio marcan as agullas as cinco e cuarto, foi entón cando decidimos dar por rematada a sobremesa. Saímos e estábanos esperando unha muller para vendernos noces, aquí formose un "garigai" que non vos quero contar: A como é o Kilo,  pregunta  unha sendeira, e a muller dí que a dous euros. ¡Xa está!, todos encima da pobre muller para apañar as noces, pero Julita da Pelola gran vendedora ela, dille : Comprámosllas todas a un euro e medio, a muller sin cortarse nin un pelo dí que sí, e así foi o resultado que quedouse sin ninguha. Boa marea fixo a muller. Entre jajas e jajas... fumos subendo ó autobús para voltar de novo pola estreita e retorcida estrada para chegar a O Cebreiro. As seis chegamos ao pobo e fixemos unha paradiña para visitalo e disfrutar da sua beleza. Todo él e un conxunto de pedra cunha fermosa igrexa, Pallozas, e casas ben coidadas. O Cebreiro e paso obligado dos Peregrinos que veñen polo  Camiño Francés.

 Despois da visita xa eran as sete e aínda había que parar en Pedrafita para mercar uns queixos da zoa. Sobre as sete e cuarto partimos de Piedrafita a Foz e sin facer máis paradas chegamos as nosas casas as nove e dez : cansos, fartucos de comer e con gañas dunha boa ducha. Cremos que foi un bo día de Senderismo ó de Restourismo

Ata a Próxima

José Luis