Crónica
Ainda que eran as
sete da mañá, un pouco cedo para
levantarse un
Domingo de Ramos, o
andadeiro mereceu a pena por
moitas razóns, distinta
vexetación e distintos
poboamentos , coñecimos unha
nova paisaxe para camiñar.
En silencio e medio durmidos
pasamos de
Galicia a
Castela cruzando os vellos
Montes de León, tomamos un
café en Vega de Valcarcele,
e xa ben espertos, fomos vendo
como todo cambiaba ao noso redor
, estábamos ante grandes
horizontes e vastas superficies
monótonas só ocupadas por
sementaduras, vides e barbeito
ata chegarmos a
Valdevimbre, pequeño pobo a
22 quilómetros de León, donde
comenzamos a camiñar baixo un bo
sol.
A ruta era moi sinxela, unha
inmensa chaira de vides, trigo,
unha devesa con ovellas ,
algunha sobreira e aceñeira e
pequenas agrupacións de casas
case todas pechadas a cal e
canto, fuxindo do sol, cruzadas
por camiños.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A primeira parada
de agrupamento fixémolo nun pobo
pequeño,
Palacios de Fontecha, foi un
agrupamento singular, fomos ver
unha adega. Case por a man
levounos Restituto, o dono, que
xunto ao seu fillo foron unha
amable guía, ademais de
ensañarnos a súa adega
convidouos a probar a seu viño,
natural, sen conservantes nin
corantes, froito da uva da
variedade autóctona
“prieto-picuda” e levaronos a
súa cova, un soto subterráneo
donde preparaban a uva ata
chegar a viño noutros tempos,
alí tamém probamos o seu
chourizo, olivas e veña máis
viño. Levábamos xa as forzas ben
repostas cando tras despedirnos
agradecendo o convite ao noso
anfitrión,
Restituto e ao seu fillo,
volvemos ao camiño, pero ao
pouco , outro grupo de casas,
Villagallegos, ventás e
portas novamente pechadas por o
sol que abrasaba pero a bodega
Itariegos si estaba aberta. Outa
vez xuntamonos e coa disculpa de
ir ao baño, probamos o viño, a
limoada, os callos e a tortilla
e volta a camiñar e o sol
queimaba.
Ahora todo era camiño diante
nosa por unha terra parda,
queimada , que se nos amosaba
coma un mar infinito só roto por
pequenas construcción a modo de
almacéns ao lonxe e a carón de
depósitos para recoller a auga.
Os de diante se volvían a cabeza
non lles facia falla usar o
móbil para saber donde estaban
os últimos, como nos pasa por
aquí, vides ao fondo, devesas e
extensa planices de páramos ata
as 2,30, que nos recolleu o
autobús para levarnos a comer
máis sudoros e polvorentos que
cansos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Xantamos nunha adega-restaurante das tantas que hai por alí, a Barroco, estas adegas son unhas aberturas a modo de covas ou sotos forrados de adove como case todas as construcción da zona, que nun principio eran usadas para facer o viño e mantelo fresco e ahora úsanse como restaurantes. No Barroco , ademais do bo trato, ata nos encenderon a calefacción , a comida foi formidable a pesar de que algúns votaron el falla as patacas e ainda están ahora esperando por elas. Este xantar resarceunos á maioría, non sempre se pode comer un bo cocido leonés. Despois dunhas parrafadas e visitar a adega do lado, a San Simón, semellante a donde xantamos, emprendemos a viaxe de volta pero con parada en Astorga para estirar as pernas ante tres horas de viaxe e mover un pouco o cocido. Paseamos por diante da catedral e do pazo arzobispal, obra de Gaudí, compramos as típicas mantecadas e o famoso chocolate, pero ainda quedaba unha sorpresa moi grata tras “ver” e “oir” aos maragatos dar as seis no reló do concello, vimos o paso dunha procesión, un vía crucis, ao son da Marcha Procesional do Antigo Reino de Galiza tocado por un grupo de gaitas. Parece que ainda nos lembran. É moi reconfortante.
Ahora si, xa nos imos cara a
casa, cansos pero despois dunha
moi agradable xornada, distinta
pero grata.
Vémonos.
Cármen
Fernández