>  

 

Crónica

Ruta Costa Naviega.


Para a saída deste domingo volvemos dirixir cara a terras asturianas, iremos a Navia a participar na Costa Naviega.


A saída terá lugar no Bao, onde nos reciben a ritmo de gaitas e agasállannos cun rico e quente chocolate acompañado de biscoitos. Nesta campa imonos xuntando os máis de 2000 participantes, que pacientes esperamos as palabras das autoridades e o corte da cinta para comezar a camiñada de hoxe. Baixamos cara á praia de Barayo, atravesando a reserva parcial de Barayo, bonito bosque, carballos, castiñeiros, piñeiros. Desde o alto do cantil vemos a praia e a vista panorámica ata o Cabo de Peñas. Seguimos a senda en dirección oeste, pola nosa esquerda rodeados de maizales e pola nosa dereita o precipicio destes magníficos cantís. Que bela estampa esta serpe multicolor que percorre todo o litoral, a que formamos os senderistas. Ao chegar ao Tornil espéranos un avituallamiento, que ben senta para repoñer forzas, xa que fai moi boa temperatura. Pouco máis adiante atopámonos con Porto de Vega, fermosa vila mariñeira, engalanada con belas alfombras florais, na honra do Corpus Cristi. Paramos a tomar unha cervexa e continuamos camiño. Que panorámica tan espectacular temos, ao lonxe máis aló do faro de Navia obsérvase Burela. Segue a serpe multicolor o seu camiñar, serpenteando a costa camiño da praia de Frejulfe, que é o lugar onde nos darán a bolsa coa comida, un bolo preñado, froita, iogur e auga.


Xusto cando acabamos de comer, comeza a soprar un forte vento, que desprende ramas dos piñeiros, e a caer un forte chuvieiro, o que nos decide a suspender o que nos faltaba de roteiro, e así poñemos punto final ao roteiro nesta praia.


Bonito día a pesar de todo.


Un saúdo.


Morís.