Os Sendeiros

de

Foz

 

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas
PRINCIPAL
Rutas ano 2009

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

Andareiro 55

 Ruta: II Encontro de Sendeirismo na Pontenova 

 

31 de Maio de 2009

Saída: 08:30 h  da mañán

Dificultade: Media

Duración aproximada: 4 h.

Crónica

Son ás 8,30 da maña e de novo partimos a facer unha nova ruta Os Sendeiros de Foz, esta vez foimos a terras da Pontenova a facer xunto con outras asociacións a " II Concentración de senderismo". 

O sol era radiante cuando chegamos a plaza do concello, case que de seguro eramos a lo menos máis de 300 senderistas de Galicia e Asturias : De Navia, Meira ,Foz, Burela,Tapia, en fin que faciamos un pelotón que moitas voltas de ciclismo o quixeran para eles. Íamos mesturados mulleres, homes e pícaros que entre todos dávamos uns coloridos que facian máis fermoso o entorno. 

Con saída de Sanxés ás 10,15h. Partimos a percorrer a ruta da Seimeira que nos adentra por un camiño pendente rodeado de pinos, acibros, abeleiras, castiñeiros e carballos, que un pouco mais adiante convértese nun sendeiro cun monte baixo moito máis espeso e húmido e onde comezan a aparecer as primeiras arandeiras, fentos e mofo recubrindo as pedras. Seguimos camiñando por unha pista ben coidada que nos vai achegar ao fermoso pobo de Vilarxuvín. Comentamos cunha señora o fermoso que era o pobo e comentou que " unha cousa era pasear un día, e outra vivir todo o ano, ten razón", levávamos uns tres km. En Vilarxuvín atópase o desvio a man dereita onde enlazamos a ruta das Reigadas, vamos en baixada por un sendeiro que vai por unha fermosa fraga e lévanos ata o río da Reigada, un río non moi caudaloso pero cheo de encanto con unhas pontes de madeira feitas simplemente cuns troncos de castiñeiros cortados cunha brosa e catro estacas que facian de pasamanos e íanos pasando de unha ribeira a outra. A ruta en todo o seu percorrido estaba moi ben sinalizada que a facia segura e dificil de perderse.

 De novo atopámonos con cerdeiras, robles, castiñeiros que facian a camiño máis levadeiro pois o día era dun sol radiante. 

II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti. II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti. II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti. II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti.

Pasiño a pasiño chegamos ao pobo pistoreco de Viaeimil cunha igrexa maxestosa para un pobo tan cativo as suas corredoiras pasan algunhas por debaixo das casas facendo uns túneles de moito encanto, aquí algúns tomamos un grolo de auga e un trozo de chocolate ou o que tiñamos, a fame era negra. Neste punto da ruta estaba o autobús da organización por si alguen estaba canso e non quería seguir, pero dos Sendeiros de Foz non o colleo naide, sempre para diante.

 Seguimos o camiño cun sol de xusticia para achegarnos ao pobo de San Pedro de Bogo, outro pobo cativo pero cunha casa rural chamada de "Fidalgo" verdaderaente explendida o matrimonio que a rexenta non daba feito a servir trozos de empanada e cañas de cervexa, todo ai que decilo tamén outros tomamos un viño. Despois de tomar o aperitivo e un pequeno descanso retomamos o camiño, era xa a unha e media e levávamos uns oito km. 

Non o sabíamos porque de sabelo segurante algún collía a autobús antes, o motivo foi que estaba esperándonos unha subida corta pero forte que a facía peor con o sol que caía a plomo, este derradeiro tramo non era moi fermoso casi todo foi por estrada que nos achegaba ao punto final da ruta ao pobo de Ermida. 

Aquí acaparamos a tenda de Manolo, (por certo e irmán de Pilar a señorita que tan amablemente nos atende no mostrador das oficinas no concello de Foz) comprando e tomando outra caña que boa falta nois facía. A tenda e plural podes encontra unhas botas, camisas, calcetíns, unha cervexa, en fin un pequeno Corte Inglés. 

II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti. II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti. II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti. II Encontro de Sendeirismo da Pontenova por ti.

As duas e media partimos en autobús para o punto da concentración en A Pontenova, xuntámonos preto de 300 persoas na praza onde se atopan os fornos emblema de vila, a organización ben, ofreceu un bolo preñao, bolo de liscos, de postre requeixón e viño todo estaba moi bon. Cada quen foi buscando un acomodo a sombra e de paso entablar novas amistades dentro dos senderistas. O café tomámolo no bar que está preto da Casa do concello e que rexenta un focense de Mañente o noso amigo Felucho, xa leva 26 anos na Pontenova, case nada, a min en particular me gustou verlo despois de tantos anos, e recordar os pinitos que fixemos xugando ao "futbito no campo da Cabana". Qué tempos. O xantar estuvo acompañado dunha espoxición de espantallos que fixeron os cativos do pobo. Trataban dos personaxes de outras épocas atabiados coas roupas tradicionais, algún que outro sendeiro fíxolle recordar tempos pasados. 

Fixemos, aunque non estaban todos, a foto de grupo tendo por testigos os fornos, as catro e media puxemos rumbo a Foz. Coma sempre cansos pero como di o dito " O que por seu gusto anda nunca está canso" 

Chegamos a Foz o redor das cinco e media. 

E esto foi outro andadeiro dos Sendeiros de Foz 

Ata a próxima

José Luís.