>
Crónica
Ruta Mirador Monte Castelo y Fervenza Xestosa.
Para a saída do mes de decembro temos dous roteiros, o miradoiro do monte Castelo en Viveiro e a fervenza do río Xestosa en Ourol.
Comezamos á primeira hora da
mañá en Vilares, baixámonos do
bus e comezamos o ascenso ao
miradoiro por unha pista ancha
de saburra, moi bo firme e cunha
pendente moderada ata chegar á
nosa cima. Imos gozando das
vistas a medida que gañamos
altura. Camiñamos rodeados de
eucaliptos na súa maioría,
atopando algunha mancha de
piñeiro. Chegamos á cima, onde
hai un merendero, unha capela e
un magnifico miradoiro da ría de
Viveiro, facemos unhas fotos,
comemos algo para repoñer forzas
e comezamos o descenso cara a
Merille, que será onde nos
espere o bus.
Montámonos no bus e
desprazámonos ao comezo do
roteiro da fervenza do río
Xestosa, esta está no concello
de Ourol, baixamos do bus e
descendemos ata a base da
fervenza, por unha senda que vai
sorteando os piñeiros, a
fervenza baixa moi
impresionante, moito caudal de
auga e cun ruído causado pola
bravura das augas que
impresiona, á vez que a
pulverización do salto de auga
humedécenos, facemos unhas
fotos, e ascendemos ata o bus.
Que nos achegara a Viveiro, que
será onde fagamos a comida de
confraternidade.
Magnifico día en inmellorable
compañía, para pasar unha mañá
de domingo gozando da natureza.
Grazas a todos e ata a próxima.
Un saludo.
Morís.