Powered by Wikiloc

Crónica

Neste derradeiro andareiro do ano, dirixímonos cara a terras asturianas, a comarca dos Oscos, faremos unha fermosa ruta que parte de Santa Eulalia, a da Mina de As Talladas.


O día meteoroloxicamente falando recíbenos cun tempo fabuloso, sol e sen nubes no ceo, unha pequena xeada pero sen problemas. Tomamos un café quente e partimos cara a Ferreirela, camiñamos por un fermoso sendeiro rodeados de carballos e castiñeiros, que ca caída da folla tapizan o chan, e fan mais doado e levadeiro o camiñar. Pasamos xunto a casa natal do Marques de Sargadelos. Descendemos as proximidades do río Agüeira ata Barreiras, sempre por sendeiros con vexetación autóctona.


Dende aquí imos por camiño asfaltado ata Ferreira, onde tras cruzar o río por unha fermosa ponte de pedra dirixímonos a aldea abandonada de as Talladas, ca súa singular arquitectura. Aquí comezaremos o ascenso que nos achegará a mina Carmina, pero antes de chegar pasaremos polo punto mais alto de hoxe, o que nos permitira gozar dunhas fermosas e inmellorables vistas dos vales que nos rodean. Visitamos a mina, da que se estraeron prata, zinc e chumbo.

 010  DSC_2057  DSC_18050  DSC_2147


Descendemos de a mina por un sendeiro formado por alisos, carballos e castiñeiros, e a media ladeira seguimos o curso ascendente do río, pasando por fermosas paraxes, cruzando regatos por pontes vellas e fermosas, e así pasiño a pasiño chegamos a Caraduxe, e dende aquí por estrada ata Ferreirela de Arriba, e a Santa Eulalia onde comezamos a mañanciña.


Xantamos en Barbeitos no mesón catro ventos, unha estupenda comida, brindamos polo Nadal, e por que o vindeiro ano todo nos vaia ben e sigamos camiñando e compartindo estas saídas xuntos, despois dunhas panxoliñas rematamos o xantar, facemos a foto de grupo, subimos no bus e encamiñámonos a Foz para pechar unha fermosa xornada de domingo.


Un saúdo,
Morís.