Powered by Wikiloc
 
 

>  

 

Crónica

RUTA NOCTURNA 2024.

Como todos os anos no mes de agosto o día 14, realizamos a nosa tradicional marcha nocturna, unha suave camiñada pola noite, para gozar de camiñar á luz das lanternas e gozar dun rico chocolate e biscoito.


Concentrámonos ás 22h, diante do concello, tras unha breve explicación do roteiro, comezamos a camiñar, tomamos dirección Burela e na rúa Mestre Lugilde collemos cara ao centro de saúde, antes de chegar a él, penetrámonos nos prados que están pola súa banda traseira, así podemos acender as nosas lanternas, e a serpe de luz comeza a zigzaguear, seguindo o camiño ata a praia de Llas, onde no chiringuito do Xoyma. Facemos un alto na marcha para tomarnos ese rico chocolate e biscoito que nos teñen preparado. Ao terminar continuamos polo paseo das praias ata a praia da Rapadoira, no traxecto gozamos da noite marabillosa que temos e deixamos unha bela estampa de luz, serpenteando este paseo. Ao chegar á Rapadoira, facemos a foto de grupo, poñemos fin á camiñada e despedímonos ata a próxima saída.


Grazas a todos por facer posible este bonito roteiro nocturno e ata a próxima.


Un saúdo.


Morís.