Powered by Wikiloc

Crónica

DIA NACIONAL DO SENDEIRISTA A CAÑIZA


Os Sendeiros de Foz, dentro da celebración do día nacional do sendeirista, que durante tres días tivo lugar na Cañiza, participamos nos actos do domingo 30 de abril, na ruta e no posterior xantar de confraternidade.


Saímos o sábado pola mañá para recoller a documentación, para despois dirixirnos cara a Vigo que e o lugar elixido para pernoitar, xantamos en Vigo e pasamos unha tarde de sol percorrendo as rúas e gozando do ambiente da cidade, que estaba tomada por xentes chegadas do país vasco, afeccionados do athleti de Bilbao, xa que o domingo enfrontábase o Celta.


O domingo deixamos cedo o hotel e diriximos a Cañiza para facer a ruta programada, moi fermosa por certo. Partimos da igrexa de Parada das Achas, e dirixímonos cara o río Calvo, ascenderiamos pola marxe dereita, atravesando a súa fermosa fraga, ollando, carballos, castiñeiros, acibros, algúns deles centenarios, así como unhos tapices de musgo, nas súas diversas tonalidades de verde, que nos deixaron abraiados, que tranquilidade, que ledicia escoitar o rumor das súas augas batendo contras as pedras, facendo pequenas fervenzas, neste camiñar atopamos restos de antigos muíños, hoxe derruídos e en desuso, testemuñas dun pasado mais rural e agrícola.

 20170430_100949  20170430_102217  20170430_112050  20170430_130821


Continuamos camiñando pola outra marxe do río Calvo ata a Ermida da Pena de Francia, lugar elixido pola organización, para facer o avituallamento, un consomé quente, un chourizo con pan e algo de beber, aproveitamos para ver o lugar falar con outros senderistas, descansar e repoñer folgos para encarar o derradeiro treito do día. Cruzaremos o río Oulo para continuar camiño ata o río Deva que tamén cruzaremos por riba das penas para ascender ata Ibia onde remataremos a camiñata de hoxe, colleremos os buses que nos acercaran ata a Cañiza onde todos xuntos xantaremos.


Grazas a organización polo bo traballo realizado, todo estibo perfecto, e non é doado, cando participamos tanta xente vida de todos os lares de España.


Un saúdo a todos e de novo grazas.
Morís.