Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 3

Ruta da Frouxeira - Foz

Día 12 de Decembro de 2004

Saída: a 10 da mañán

Duración: 6 horas

A rota transcorre polo interior do Concello de Foz, pasando polas parroquias de San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo, gozando dos fermosos paisaxes da zona.

A sua vexetació: piñeiro, eucalipto, salgueiro, bidueiro, acacia, carballo, castiñeiro, amieiro, mimosa, loureiro, sabugueiro, fan neste andareiro sentir o frescor desta diversidade de árbores. Con sorte pódemos encontrar algún corzo vagando pola campía de San Martiño ou Santa Cilla.

Unha vez chegado á Frouxeira atoparémonos con restos do Refuxio do Mariscal e contemplaremos unhas belas panorámicas dos Vales: Alfoz e Valadouro, coa serra do Xistral de fondo.

"Ao pé da Frouxeira, Foz recorda tempos de esplendor nos que o Mariscal Pardo de Cela rexía os destinos do Reino de Galicia.

O Mariscal Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra naceu no Castro d'Ouro, fillo dunha das máis nobres liñaxes do Reino de Galicia: os Señores de Cela e de Violante de Aguia. Íntimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da condesa Beatriz e de Don Pedro de  Osorio, uníndose así cos poderosos Condes de Lemos e con outras importantes liñaxes do Reino de Galicia. Os desleais vasalos abriros as portas do castelo A Frouxeira ós casteláns aproveitando a estadía de Pardo de Cela no castelo de Castro d'Ouro, onde o Mariscal estaba visitando o leal Señor Pedro Miranda. De volta Á Frouxeira o 7 de decembro de 1483, o exército de Mudarra apreixou por sorpresa no salón do castelo ao Mariscal, ao seu fillo e a Don Pedro de Miranda, "con moitos fidalgos honrados que con él estaban", levándoos a Mondoñedo para execución pública exemplar.

Per treyzón tamén vendido

Jesús nosso Redentor,

e por questes treydores,

Pero Pardo, meu Señor

(Lamento de A Frouxeira"

Crónica

A ruta comenza dende o Concello á hora prevista pola organización. Forman o grupo 24 persoas que con mochila ao lombo emprende a marcha. Subimos polo Calvario e a altura do cemeterio collemos hacia esquerda para baixar polo Castro hacia Marzán, camiño do Santo. Neste punto esperamos por algun rezagado que quedara na subida. Foi moito a lata que un cativo me deu subindo; nada máis comezar xa tiña gañas de xantar a comida que levaba para todo o día. Despóis do agrupamento segue o camiño entre os eucaliptos que no nos deixan ate chegar a San Martiño, contemplamos a catedral e despóis de beber un trago de auga na fonte da Zapata, emprendemos de novo a marcha. Hai que decir que toda a ruta transcorre polo interior do concello de Foz, pasando polas parroquias de San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo.

3ruta001.jpg (36182 bytes)

3ruta005.jpg (18723 bytes)

Unha vez chegado á Frouxeira atopámonos con restos do refuxio do Mariscal Pedro Pardo de Cela e contemplamos unhas belas panorámicas dos vales de Alfoz e Valdouro, coa serra do Xistral de fondo. Dase o caso que este día houbo un tempo primaveral e púdose ver unhas vistas do Val, con uns bancos de neboa flotando, e dende a cima visionala como si tiveses voando nun avión. Verdadeiramente impresionante.

No alto da Frouxeira foi donde xantamos todos en grupo e comentamos a experiencia. Despóis de un descanso de pouco máis de unha hora, iniciamos o regreso.

Ao pouco do descenso tomamos unha senda á dereita en busca do río Centiño. Si a ida foi moi bela, a volta e completamente distinta e con o encanto do río. Pódense atopar varias casas antigas en plena restauración. Saímos do cruce de San Martiño e collemos á dereita rumbo á Capela do Carme. Antes de escomezar a subida, á dereita tivemos a oportunidade de ollar un fermoso regato e unha fonte, todo elo restaurado e coidado o seu entorno; un rincón moi bonito.

Chegamos ó alto e collemos o camiño que nos leva por Xinzo, Escanlar e, tomando a baixada acercámonos a Porto para axiña chegar a Foz polo camiño antigo. Eran as cinco da tarde cando arribamos diante do Concello.

A ruta foi de plena satisfacción para todo-los ruteiros.

3ruta009.jpg (26164 bytes)