Crónica
CRÓNICA DO
ANDAREIRO 79
RUTA: SENDA NORTE”SANTA MªDEL
MAR-AVILES”
AÍnda faltan tres días para empezar o inverno, pero cando estamos esperando o bús o día presaxia que vai ser chuvioso ,ventoso e frío, aínda que eso non parece afectar o bo humor que nos caracteriza e todo son sorrisas e saúdos.
Cando chegamos
a Santa Mªdel Mar, xa podemos
apreciar a fermosa ruta que
vamos percorrer, pois as vistas
son maravillosas.
Guiados polo noso presidente,
José Luis, poñemonos en marcha,
cruzamos a Praia de Arnao para
atoparnos cunha antiga mina,
hoxe en día en restauración.
Contemplando o mar, un pouco
picado hoxe, polo mal tempo,
empeza a chover, o noso carón a
imaxen dunha fermosa vila, agora
abandonada pero que nos fai
imaxinar que foi dunha tremenda
importancia para Vila, xa que
era dunha familia belga: ”Los
Siches”, donos de moitas
fábricas asturianas.
Atravesamos o
túnel, a nosa idea era visitar o
Museo das Anclas Philippe
Cousteau, pero debido o mal
tempo no mar ,o acceso está
cerrado.
Aínda asi, aproveitamos para
reagruparnos, e debaixo dunha
incesante choiva, cada un de nós
empezamos a sacar as nosas
viandas para compartilas con
nosos compañeiros, e pola parte
que me toca, poido asegurar que
degustei unhas riquísimas
rosquillas, feitas pola nosa
compañeira Pepita, que hoxe non
nos pode acompañar, xa que ten
un constipado, pero o seu marido
Cuello ofreceume delas e non me
puiden resisitir, grazas a Deus,
porque estaban exquisitas.
De novo en
camiño, divisamos a Praia de
Salinas, percorremos o seu
paseo, deixando o pobo a dereita
adentramonos nas dunas da Praia
do Espartal por unha pasarela de
madeira que nos levará ata San
Juan de Nieva ,e atravesando
pola súa zona industrial,
sumerximonos no paseo da Ría de
Aviles, donde xa nos espera o
chofer, para conducirnos o bús e
asi aproveitar para cambiar as
nosas botas e roupa un pouco
mollada, xa que o ceo está claro
e non parece que volva a chover.
Todo o grupo xunto, e neste
lugar do paseo, aproveitamos
para facer unha foto de grupo e
asi deixar constancia deste día
de final do outono.
Seguimos o noso paseo que nos
leva ata o Centro Niemeyer ,un
fermoso lugar, hoxe en día en
deshuso.
Ás 14.30 entramos no Restaurante ”La Parra”, para degustar un bo xantar a base de paella, bacalao e un delicioso postre caseiro. E, como non, todo elo regado con un pouquiño de champán, para brindar polos Sendeiros e pola nosa amiga Teresa (de Ribadeo) que hai moito tempo que non pode vir andar pero sempre nos leva no seu corazón igual que nós a ela.
Co estómago
tan feliz como o noso espiritú,e
coa compañía de José Luis que
fai de guía, facemos un pequeno
paseo polas rúas de Aviles, sen
dúbida unha cidade emblemática,
e con unha enorme riqueza
histórica.
Ben ,todo o bo ten un final, asi
que as 17.30 poñemonos en marcha
hacia casa, penso que na mente
de todos quedará o recordo
especial e excepcional doutro
routeiro.
Que decirvos
amigos? Que para min cada ruta é
unha nova experiencia, é un novo
motivo para gardar no meu
corazón, xa que cada un deses
minutos que compartimos ruta a
ruta, é unha nova ilusión, unha
nova esperanza de que neste
mundo aínda prevalece a amizade
e o compañerismo.
Moitisimas grazas por estar ahí
mes a mes, por darnos ese ánimo
que necesitamos para seguir
organizando rutas coa mesma
ilusión que o primeiro ano e xa
van uns cuantos.
Desexarvos unas felices festas
de Nadal e por suposto, facer o
meu soño realidade, e vivir coa
esperanza de que o vindeiro ano
vai ser un resquicio de luz para
camiñar hacia un mundo cargado
de saúde e con unha estabilidade
laboral e social para nós e
sobre todo para nosa xuventude
que é o noso futuro.
FELICES FESTAS!!!
Unha aperta da vosa compañeira e
amiga
ANA