>
Crónica
Rota do Edramo, Samos
Chegou o mes de febreiro e con él nosa segunda saída do ano, nesta ocasión dirixímonos ata Samos, onde faremos o roteiro da serra do Edramo.
Chegamos a Samos co ceo
encapotado, gris plomizo e cunha
fina choiva, tomámonos un café,
estiramos as pernas da viaxe.
Achéganos o bus ó lugar de
partida, en Freixo, na parte
alta da serra, equipámonos e
comezamos a camiñar, collemos
unha pista que en dirección
suroeste percorre a crista da
serra, como esta nubrado, con
nubes baixas non podemos gozar
das magníficas vistas desde
aquí. A pista é ancha de bo
firme pero con numerosos charcos
enormes, debido ás choivas dos
últimos temporais. Non imos ata
o magnífico balcón do miradoiro,
xa que as nubes baixas non nos
deixan gozar da panorámica.
Continuamos ata coller o desvío
á dereita que nos levase ata
Samos, xa que non imos facer o
roteiro enteiro debido á
climatoloxía. Temos unha baixada
un pouco pronunciada e algo
deteriorada pola escorrentía da
auga das últimas choivas.
Como bien describe nuestro amigo
y compañero de ruta Sebastián
“A Serra do ÉDRAMO es un
cordal que fai ría de agua entre
os ríos Sarria e Mao, e un
extraordinario paraje polos seus
valores históricos e
paisajistas, con necrópolis
megalítica y el Castro da
Margarida, estos últimos, hoy,
por las inclemencias del tiempo
(niebla y lluvia) no se pudieron
visitar. Bajamos con facilidad
por pista bien húmeda en el
interior del bosque natural, que
dada la situación medioambiental
constituye un valor
incalculable. Cambia de manto y
de color según la época del año,
y las formas misteriosas de sus
árboles podían ser Gigantes
dormidos, protegiéndonos.
Después de 8 km, temos cerca o
Mosteiro de Samos “Un lugar
mágico, un lugar santo”. Tan
recogido, tan estrecho, tan
sepultado está ese Monasterio
entre cuatro elevados montes,
que por todas partes no sólo le
cierran, mas le oprimen, que
sólo es visto de las estrellas,
cuando las logra
verticales...Tan ansiosos iban
de retirarse del bullicio del
Mundo, que poco les faltó para
esconderse aún del Cielo.”
Xa nos introducimos nun precioso
bosque de carballos, castiñeiros,
todo tapizado dun fermoso e
verde musgo. Imos cara a O
Reboredo, durante todo o camiño
atopámonos numeroso arroios, que
baixan con forza, zonas onde
apoza a auga. Atopamos un
fermoso piñeiral, e desde aquí
comeza o descenso a Samos,
entramos polo Outeiro e baixamos
ata o mosteiro onde poñeremos
fin ao roteiro de hoxe.
Despois de cambiarnos de roupa,
facemos unha visita guiada ao
mosteiro da man dun monxe do
mesmo. Despois subimos ao bus e
dirixímonos a Sarria onde terá
lugar a comida, na cafetería
Santiago.
Unha vez máis grazas a todos por
facer posibles estas bonitas
saídas.
Un saúdo.
Morís.