Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 19

Ruta dos Faros

Costa da Morte - Camariñas

16 de Abril de 2006

Saída: 07:00 da mañán

Duración aprox.: 5,30 h.

Dificultade: Media

 

Percorrido: O sendeiro Costa da Morte ten un encanto especial durante todo o seu percorrido. O camiño comeza no Castelo do Soberano, onde parte unha senda ate a praia de Lago; continuando  ate a ermida da Virxe do Monte, alí contemplamos como o mar tranquilo e claro da ría transfórmase en bravo e oscuro. Toda a ruta e o camiño de interacción entre natureza e o home, para percorrer coma fraile en procesión, ainda que sexa unha sóa vez.

Ao lonxe distínguese a silueta do Cabo Vilán e o faro do mesmo nome. Baixando do faro encontrámonos as praias de Arnela, A Pedrosa, Area Longa e Reira, fermosas con mar enbravecido. A continuación aparece o Cemiterio dos Ingleses, a Praia de Trece e a duna de Monte Blanco, a máis elevada de Europa. Entre outros lugares de interese podemos encontrar neste percorrido a Mámoa de Reira, o Foxo dos Lobos e a Central Eólica de Cabo Vilán.

Crónica

Abril augas mil, nunca mellor xusticia fixo o refrán neste día en que parte da mañán a choiva encargóuse de calarnos hasta os ósos. Deixonunos anagados.

As sete da mañán, partíamos de Foz  a terras da Costa da Morte 44 Sendeiros con ganas de disfrutar do día que tíñamos diante. Resaltar as novas incorporacións, facendo cada día o grupo máis grande. Amenceu con moitas nubes que facían presaxiar que a choiva ía ser a nosa acompañante.

Con o autobús cheo de ledicia coma sempre, fomos percorrendo os kilómetros, pasando por Mondoñedo, Abadín, en Vilalba collemos na dirección a Baamonde para  a dereita tomar a autoestrada A-6. A altura de Guitiriz paramos na área de descanso Cafestore a tomar uns cafés e estirar as pernas. Dende eiquí xa nos se volvería parar ate o comezo da ruta.

Marcaba o reloxio as 08:30 cando de novo emprendemos a marcha, disfrutamos da viaxe contemplando as belas vistas con que Galicia nos deleita. Ao paso polo concello de Abegondo vense as fermosas instalacións do Depor, son sete ou oito campos de fútbol en perfecto estado con un pavillón multiusos moderno e amplo; por estes lares aínda a choiva non acompañaba.

Seguimos o camiño pasando polos concellos de Arteixo, Laracha, Carballo, Coristanco, Baio, Vimianzo. Neste último pobo tiñan mercado e para algúns era boa idea mercar e tomar uns viños. Xa eran as 10 da mañán e aínda tíñamos que pasar pola bonita praia de Arou e achegarnos o pobo de Santa Mariña donde nos deixaría o autobús para escomezar a ruta.

Santa Mariña é un pobo pequeno, maiñeiro e moi empinado, as casas ben coidadas, e remata a carón do mar. As suas xentes viven da pesca do Percebe, polbo e arte dos trasmallos; ten un porto cativo donde amarran unha dúcia de pequenas embarcacións.

Comeza a ruta as 10:45 en baixada cara o porto, saudando a algún que outro veciño do lugar; seguimos á beira do mar e nun peñasco facemos a fotografía do grupo. Este primero tramo e chao, pero xa se pode ver o primeiro escollo que temos que salvar; trátase de unha subida bastante empinada pero corta e que merece a pena salvar pola vista que temos dende o máis alto. Pódese ollar unha panorámica do mar tranquilo e claro.

Continuamos á beira do mar ante a presenza das Dunas de Monte Blanco, as máis elevadas de Europa, son impresionantes as suas alturas. Seguimos camiñando sempre a carón do mar e quedando prendados do estado salvaxe da zona, belas calas con augas claras e fina area, para perderse algun día por estes lares,. Así paso a paso chegamos ó Cemiterio dos Ingleses, na honra dos naúfragos do navío da Sua Maxestade  (británica) Serpent acontecida nesta costa. Na entrada hai un monolito levantado na sua memoria no ano 1990. Xa eran as doce.

Neste punto foi o agrupamento, e tamén o comezo da choiva que fixo cambiar o traxecto no seu derradeiro tramo. Están a remozar unha pista, facendo un paseo marítimo que vai dende o Cemiterio dos Ingleses ate o Cabo Vilán. Pódese circular en coche ou outro vehículo. Na miña opinión é un gran erro, pois seguro que perderá todo o seu encanto e a intimidade  deste entorno cheo de privilexios.

A choiva caía espesa e calando moito os corpos, a roupa pesa cada vez un pouco máis, menos mal que non facía frío. A pista tiña bastante lama e o camiño facíase interminable. Con unha santa pacencia vamos percorrendo os kilómetros, sempre con o mar ó noso lado e no fondo da paisaxe o Cabo Vilán con seu maxestuoso faro na piricota da pena. Ás duas chegamos ó autobús que estaba esperándonos preto do Cabo, e un pouco abaixo atópase a piscifactoría de rodaballo máis importante de Galicia. Segun fumos chegando cada quen ía cambiando como podía a roupa por outra enxoita; estes eran os máis precavidos, pois outros tivemos que aguantar con ela mollada e ir capeando o tempo da mellor maneira posible. A pesar de todo aínda había algún que outro con gañas de cachondeo.

Unha vez todos arranchados (máis ou menos) decidimos suspender os derradeiros seis kilómetros e buscar algun lugar para xantar e poder resgardarnos do mal tempo que padecíamos. Tómase a decisión de ir a Muxía. Baixamos a Camariñas e rumbo a Muxía. Xa non chovía.

Son uns 24 km os que rodaean a ría que forman estes duas bonitas vilas da Costa da Morte. Dan as tres cando chegamos ó bonito paseo marítimo de Muxía, e ainda mollados apeámonos de bus na busca do Restaurante O Cordobés, un lugar singular, xente amable, déronnos todas as facilidades para acomodarnos. Uns comimos os bocadillos que levábamos, outros á carta; moi ben, todo dentro dun ambiente agradable. Como había xente coa roupa mollada, preguntamos á camareira si poderíamos mercar algun pantalón, vai ela e chamou ó dono de Todo a 100 que sin problemas abriú a tenda donde mercamos pantalóns, camisetas, e algunha prenda interior de señora. O señor fixo o día con nós. Unha vez resolto o problema da roupa, xuntamonos todos e fixemos un percorrido por Muxía con unha tarde expléndida de sol, visitando o Paseo Marítimo, o Porto, Santuario da Virxe da Barca, pasamos por debaixo da Pedra, avalamos a pedra "que non se pode con ela", o Monumento á Ferida feito na memoria do desastre do Prestige, a Casa da Cultura... en fín creemos que foi una paseo relaxante que tíñamos ben merecido despóis dos acontecementos da mañán.

As seis da tarde máis ou menos, de volta ó bus, camiño da casa algo cansos do duro día. Fumos caendo nos asientos pouco a pouco ate chegar a Guitiriz onde fixemos una paradiña rápida para cargar de novo as pilas. Na tele daban o Xetafe - Real Madrid; algun madridista tiña a cara feliz porque o marcador estaba en 0-1. Sin outra cousa máis que suliñar, e con Pabliño xogando con todos nós, fomos facendo os km ate Foz. As dez menos cuarto chegamos e como novidade do día ¡¡SEGUÍA A CHOIVA!!

Até a próxima.

José Luís