Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 28

Ruta "Pau da Vella - Rueta"

 Cervo (A Mariña Luguesa)

14 de Xaneiro de 2007

Saída: 09:30 da mañán

Duración aprox.: 4  h.

Dificultade: Baixa 

 Percorrido:  En Rua, e pola estrada que nos leva ó encoro, deixaremos o autobús para comezar a camiñata. Se o tempo o permite (névoas) subiremos ó alto de Pau da Vella, dende onde se poden ollar vistas moi fermosas de Burela, Cervo, Foz, San Cibrao e Viveiro. E senón comezaríamos dende a caseta dos cazadores. Eiquí collemos o desvío a Trasbar facendo o camiño ó longo do Río Xunco, para despois atoparnos con o río Cobo. 

Ó longo de todo este percorrido vermos toda unha diversidade de árbores: Carballos, érbedos, uzes, piñeiros, acivros, etc. e si nos fixamos, aínda vemos unhas fermosas fragas coa sua vexetación de diversos coloridos. Poderase ver tamén regatos, unhas casetas chamadas "Casetas de Ouro" onde gardan as comunidades veciñais os seus aparellos. Seguimos baixando e ollamos a fábrica de Alcoa e os Farillóns. Visitaremos o Paseo dos Namorados, a antiga fábrica de Sargadelos e seguiremos polo Camiño Real para chegar ó Souto de Cervo.

Crónica

Nesta data facíamos a primeira ruta do ano 2007. A saída coma sempre dende a casa do Concello, con bo tempo,case primaveral, pero iso si, facía frío aínda da xeada da noite.

As nove e media da mañán, partíamos 48 sendeiros, con gañas de pasar un bo día por terras de Cervo. Despois de recoller a os sendeiros  Rosa en Forxán, eVidal e Cancio en Fazouro, seguimos estrada adiante no autobús ben conducido pola esperta Elvira.

 As dez e media, chegamos a Curuxeiras en Rua punto de partida da ruta, neste lugar aínda seguía o frío, botamos as mochilas ao lombo, e a camiñar. A ruta nun principio era costa arriba, pero fácil de levar, a uns dous km máis ó menos a esquerda encontrámonos o encoro no río Xunco, que abastece de auga a os concellos de cervo e Burela. Seguimos subindo ata chegar a o alto, onde se atopa a "caseta do cazador", facemos un reagrupamento e volta a camiñar. Xa daban as once e cuarto e seguimos o camiño tomando a pista a dereita sempre baixando, entre eucaliptos e máis eucaliptos ata chegar a pequena aldea de Trasbar. Neste núcleo de casas ollamos fermosas construcións de pedra restauradas, terras ben coidadas, case en todas as casas no seu patio teñen laranxeiras cheos de froito, por certo moi zumosas e doces as laranxas ,"algunhas collemos dos árbores". Saudamos algúns que outros veciños, atopamos unha pequena capela no honra de  Santa Eufemia, e a uns quinientos metros estaba esperándonos el autobús para facer o seguintes tramos da ruta. Íamos con un pouco de retraso, era a unha e dez, e tíñamos que percorrer primeiro o "paseo dos namorados" partindo pola parte de Vilaestrofe O lugar e moi bonito e fácil de andar bordeando o río Xunco que vai formando recunchos, algúns hasta ollaron mexillóns, o mesmo que outros ollaron ameixas, ja...ja...ja..., espazos fermosos, cunha variedade de árbores: Abedules, acivros, felgos, bidueiros.

 Así vamos disfrutando da paisaxe hasta chegar á presa da antiga fábrica de Sargadelos, un lugar fermoso onde os hax. Neste lugar fixemos a foto do grupo. Dende aquí e onde comeza o "Paseo dos namorados" cheo de carballeiras, ben coidado, cos seus bancos, un rincón que da pé a reflexión, a carón do río. Ten uns trescentos metros de percorrido ata  chegar as antigas " Reais fábricas de Sargadelos", construidas a finais do ano 1700 por D. Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Hoxe en día pendentes de rematar as restauracións : dos fornos, caballerizas, os talleres, almacenes, formando todo un gran conxunto de cantería.

 Dende aquí seguimos a ruta polo "Camiño real", un camiño que nos fai recordar a grande riqueza que noutros tempos tiña esta zona de Cervo. Un camiñante recordaba que alguén lle contara que por aqueles anos posiblemente fora o único Concello da comarca que non tiñan as súas xentes falla de emigrar a ningures. Ao paso pódense ollar restos de grandes casas de pedra, muíños, e o río Xunco como o noso compañeiro. O camiño vai achegándonos pola beira do río ao complexo hoteleiro "O Almacén" , negocio que goza dunha grande tradición, e fama do bo xantar. Chegamos ao Souto de Cervo sobre as dúas e cuarto, sen tempo para deleitarnos da beleza do conxunto artístico que forma todo o pobo.

 Tomamos unhas "cañas" no Rincón de Copa e sen máis todos ao autobús para achegarnos ao restaurante "Castelo" para repoñer forzas. As tres entramos no comedor e o numeroso grupo fomonos sentando para comer. De menú : Fabada Asturiana, Pescada á romana, prostre, café e viño. Durante a comida a harmonía reinaba todo o tempo  o mesmo durante a sobremesa. Creo que a ruta foi moi fermosa, fácil, onde se recrea a vista contemplando as marabillas que estes paraxes nos ofrecen.

 As catro e media deixamos San Cibrao para achegarnos a Foz, a onde chegamos as cinco e media sen novidade. E boa a idea de visitar as rutas da zona porque te sorprenden as fermosos rincóns que temos.

Ata a próxima

José L