Crónica

III Día do Sendeirista de Galicia.


Este ano terá lugar no Xures, en terras portuguesas, nós decidimos ir o día anterior e facer noite en Castro Laboreiro, recíbenos unha nevada importante todo está branco, ata a estrada, como para a ruta hai previsión de mal tempo e a zona de comezo da ruta ten unha nevada importante, cámbiase a ruta.


Xuntámonos en Lamas de Mouro todos os participantes. Dirixímonos cara ao santuario da nosa Senhora da Peneda, estamos rodeados de neve e unha vez abandonamos o asfalto toca pisar a neve. Estes primeiros pasos son por un val, cunha zona de recreo, chamada Veigas de Lamas, zona frondosa cuberta de arboles de gran porte, as cimas que nos rodean teñen un manto branco, unha vez superado o val toca subir por un carreiro cuberto de neve ata a Portela do Lagarto, onde nos reagrupamos, para afrontar o descenso por este fermoso val ata o santuario. Neste descenso gozamos da paisaxe, do son das augas bravas do río Mouro, que nos relaxan nesta camiñada. O día ameaza auga e a previsión é que ás dúas vai a xarrear, por iso os últimos metros abandonamos a senda e transitamos pola estrada para apurar o paso e chegar ao destino antes de que comece a chover.


Xa no santuario comeza a chover, imos a un bar do lugar e comemos os bocadillos que levabamos para a ruta, como chove abundantemente adiantamos a saída, tócanos todo o camiño de regreso pasado por auga.


Fermoso día nesta preciosa paraxe, grazas a todos.


Ata a próxima.

Morís.