Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Ruta: Subida ó Monte Castelo 2008

 Burela (Lugo) 

29 de Xuño de 2008

Saída: 10:00 da mañán

Duración aprox.:  2h.40m

Dificultade: Media

    

Crónica

 

 Un ano mais os amigos da asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, convidáronnos a participar na xuntanza anual de sendeiristas, con subida ó Monte Castelo e xantar de confraternidade na área recreativa alí situada. Somos 23 os participantes que partimos de Foz as 10 da mañanciña. Algúns viñan con paraugas e chuvasqueiros porque tiñan ben gravado na memoria a xornada do ano anterior, que choveu d'arreo. 

O autobús deixounos diante da Casa do Concello, e alí nos entretivemos un bo anaco, disfrutando dunha excelente exposición de fotos antigas todas relativas a actividade pesqueira e portuaria de Burela. Para os mais vellos eran un recordo de outros tempos e de xentes coñecidas. Para os novos, que non viviron aqueles anos, espero que sirva para indicarlles de onde vimos e sirva de referente para saber onde estamos e cara a onde queremos ir. 

Naquelas fotos recoñecemos persoeiros entrañables de Foz, vellos mariñeiros: Pelolelo, Julio de Castro, Amador ou Manolo de Lousas. Tamén os vellos camións Barreiros de Pescados Rey e un bo número de barcos que viñan refuxiarse o peirao de Foz durante todo o inverno. Alí nos fixo Ana a primeira foto do grupo, e dirixímonos cara á Praza da Mariña.

 Aínda non chegara ninguén, así que aproveitamos para tomarmos un café, que amablemente nos serviu Marlén. Pouco a pouco foron chegando os diversos grupos participantes: Peña Furada, de Navia; As Bolboretas, de Xove; O Estoupo, de Luarca; e nós mesmos, Os Sendeiros, de Foz. Tamén había algún sendeirista participando de xeito individual, sen pertencer a ningunha asociación. En total 200 participantes. 

Despois de facer a foto de grupo de rigor, nas escaleiras da Capitanía Marítima, iniciamos a marcha cando eran as once e vinte da mañá. 

A primeira parte discorre polo paseo marítimo, do que este ano puidemos disfrutar en todo o seu esplendor xa que o sol nos acompañaba. Un mar azul inmenso, bonitas praias coma a de Portelo e A Marosa, e recoletas calas coma a do Ril. Despois de pasar a praia A Marosa seguimos un camiño que vai á sombra dos eucaliptos, ate chegar á Rúa do Vilar, onde cruzamos a carreteira, ben protexidos pola Garda Civil. Neste punto xa recorreramos 4,2 km. 

Seguimos camiñando 500 metros por asfalto, pasamos a Fonte dos Caños e collemos un camiño, á dereita hai unha horta con un hórreo. Continuamos en ascensión e tomamos o Camiño dos Laxes, que nos conduce á Vila do Medio, bonito barrio con casas que teñen labradío, frutales, xardíns... un fermoso rincón de Burela

Cando levábamos recorridos 5,5 km, chegamos á Fonte da Lamela, de abondoso caudal, e dende aquí iniciamos unha ascensión máis pronunciada seguindo un camiño entre eucaliptos que nos conduciría ó Cemiterio Municipal. E xa un derradeiro esforzo para subir a empinada costa que nos achegaría á meta: o precioso entorno da área recreativa do Monte Castelo

Alí xa estaba todo preparado, as mesas postas baixo unha carpa, e inmediatamente nos sentamos para dar boa conta dos manxares deste xantar de confraternidade: empanada de chícaros, (así é como chamamos os de Foz ós berberechos), sardiñas asadas, churrasco, tarta de Santiago, café con gotas, e unha magnífica queimada. 

Na sobremesa, charla distendida e sobre todo cantos. Hai que dicir que Cuello deu un recital de bo cantar asturiano, e que José Luís non puido resistir a tentación de cantarlle ó seu "Xixón querido, Xixón del alma" 

Marabillosa xornada a que pasamos cos nosos amigos de Burela, Xove, Navia e de  Luarca. Esperamos pasar con eles unha non menos marabillosa xornada en Setembro, no Encontro de Sendeirismo Río Ouro. ¡

Non faltedes o 20 de Setembro! 

Ata sempre compañeiros, 

David Méndez