Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Ruta: Antiga Carretera da República

 A Fonsagrada (Lugo)

13 de Abril de 2008

Saída: 08:30 da mañán

Duración aprox.: 3:45 h.

Dificultade: Baixa

Crónica

 

Levábamos escoitando os partes metereolóxicos que as distintas cadeas de televisión e radio nos ían dando ao longo da semana. Sempre con a dúbida si chove ou non chove. As oito e media partimos dende Foz a Fonsagrada con moitas nubes que facían presaxiar unha camiñada pasada por auga, era a primeira do ano que íamos a facer con " bocata" e vendo que a choiva ameazaba, moi ben pensado, a nosa guía Ana xa tiña amañado cun restaurante para ,no caso de non poder xantar durante o camiño, acomodarnos nel e así con máis tranquilidade comer ao abrigo; foi unha idea moi acertada coma outras moitas que ten esta moza tan entusiasta en todo con o que esta comprometida. Nalgúns momentos da ruta a choiva e frío era a nosa compañeira do viaxe, menos mal que xa vamos tendo experiencia e uns levan capas, outros traxes de auga, e coma non roupa de reposto para cambiarse no autobús ao remate da ruta. Dar a benvida a os novos socios/as que se xuntaron, na miña opinión, ao bo grupo de senderistas que ruta a ruta crece a amizade e compañeirismo entre todos. Despois de pasar por Vegadeo subimos ao alto da Garganta para seguir pola estrada e entre curva e curvas ata chegar a Santa Eulalia de Oscos. Seguimos no autobús pouco a pouco pola estrada un tanto estreita que nos achega a parroquia de Liñares de Bidul, en A Fonsagrada.

 En Liñares de Bidul e o comezo da ruta, aínda non chovía, as once da mañá despois de colocar as mochilas, paus e algúns os guantes tomamos o sendeiro á dereita rodeados de monte baixo e en lixeiro descenso vamos facendo camiño entre algúns Alcornoques, Pinos, Carballos, ata chegar á pintoresca aldea de Fornada, dende este lugar pódemos ollar o grandioso río Navia antes de chegar ao encoro de Grandas de Salime, as vistas son impresionantes. Neste lugar idílico levábamos unha hora e media de andadura e tíñamos a presenza das primeiras choivas da mañá. 

Seguimos pola cola do encoro,  descendendo, ata atoparnos co camiño da república unha obra verdadeiramente faraónica feita aló polos ano 1928, pedra a pedra, que uniría Grandas de Salime de Asturias con A Fonsagrada de Lugo, sendo parada pola guerra civil do ano 1936. O grupo non se rende con a choiva que caía e comeza o troco da indumentaria de cada un: chuvasqueiros, capotas, gorros, en fin ben pertrechados para seguir o camiño que a partir do paso por Fornaza seria todo nun leve ascenso que fai alongarnos da beira do río. 

Entre risos e algun que outro comentario con a choiva que aunque suave era constante chegamos primeiro a casa da dirección da compañía da Vega. Neste lugar fixemos a foto do grupo e despois dunha pequena paradiña seguimos o camiño ao carón do río para chegar a Ferrería de Vilar da Cuiña, construída pola compañía da Vega de Ribadeo durante os anos 1793 - 1794. O reloxo xa marcaba as 13,30h. Algúns prefireron seguir o camiño que facer unha visita as vellas instalacións, hoxendía convertida en área recreativa e onde íamos a xantar. Foi unha pena pero o mal tempo non permitía pararse e disfrutar do fermoso paraxe, a choiva era cada vez maior e tíñamos gañas de chegar ao remate da ruta.

 Mollados como Deus manda seguimos gozando do entorno montañoso que nos facía sentir o pouco que somos ao lado da grandeza da natureza que nos ía envolvendo, Sorprendíanos gratamente a beleza da cunca do río Lamas afluente do río Navia, con algúns regatos e pequenas fervenzas que atopamos durante o camiño.

A  os novos socios/as noraboa:  estivestes á altura das circunstancias, sen poñer unha soa mala cara con o día que elixistes para integrarvos no grupo. O sendeirismo e así, non hai nada que se poda facer coas inclemencias do tempo.

 Seguimos ata rematar a estrada da república e seguir polo sendeiro que íanos achegar a os derradeiros metros onde atopamos unha ponte e a estrada asfaltada, na praia de Naraxa, lugar onde remata a nosa andaina. Eran as dúas e media. O autobús estaba esperándonos maxestoso, mentres nós, anegados de auga de pes a cabeza, cambiando onde podíamos as roupas, calcetíns, algúns en "gayumbos" no medio da paisaxe. 

Todos no autobús partimos por unha estrada chea de curvas costa arriba cara a Fonsagrada para compartir mesa e mantel na pulperia "O Candal", por certo ¡¡ chapo!!. Nin que dicir ten que moitos levamos os bocatas de volta para casa, preferimos unhas racións de Polbo á feira e uns grolos de viño que ben o tíñamos merecido. 

As catro e media partimos da Fonsagrada. ¡¡seguía a choiva !!, votamos uns cantares e as seis e media chegamos a Foz sen novidade.

 Un saúdo

 José Luís