Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

100_0364.JPG (590973 bytes)

Álbum de Fotos

Andareiro 14

Ruta Costera de Muros de Nalon

Día 20 de Novembro de 2005

Saída: 08:30 da mañán

Duración:  h.

 

Dende Foz collemos a N-634 ate Canero, onde tomamos a N-632. En Muros de Nalón collemos á esquerda que nos leva á praia de Aguilar, onde comeza a ruta.

A beleza do Mar Cantábrico dende os balcóns Atalaya, Espíritu Santo, que forma a ruta Costera. Despóis segue o pobo de San Esteban donde se pode admirar a ría e a Senda Norte. Esta senda recorda a industria e movemento que tiña esta localidade noutras épocas. Seguimos o percorrido para chegar a Muros de Nalón. E para rematar, un paseo polos miradores e recunchos da vila mariñeira de Cudillero.

A ruta ten catro tramos diferentes, pero todos eles son fáciles de andar e pensamos que teñen cada un deles o seu encanto.

Crónica

O día amenceo con un ceo con nubes e craros, e boa temperatura para a práctica do sendeirismo. Na espera do autobús o tema foi o inevitable derby Real Madrid - Barsa, xogado o sábado con victoria dos culés por 0-3. A verdade é que os Madridistas  estaban un pouco baixos de moral.

As oito e media partimos 44 sendeiros pola N-634 camiño de Muros de Nalón, camiño dunha nova aventura. Iste é un concello pequeno, e as poboacións máis importantes son a sua capitalidade e San Esteban. Muros é señorial e conserva restos de caseríos con un certo abolengo. Mentras que San Esteban foi o centro industrial da zona, con gran movemento no porto na carga de carbón, transportado polo tren dende as cuencas mineiras de Asturias, nos anos 40 ate os 60. Famoso polos seus astaleiros, como o de Basilio, ainda activo e nalgún tempo cita de desguaces de vellos mercantes.

As dez chegamos a Muros, e despóis de alguns consellos, baixamos do autobús na busca dun bar para tomar un café antes de emprender a ruta a pé.

Xa eran as dez e media e, sin máis demora, emprendemos a marcha costa abaixo un 2 km cara a praia de Aguilar onde comeza a ruta. No principio hai que subir unhas 120 escaleiras, que a máis de un facíanos falla un pouco de aire. Cando chegamos ó alto o camiño é bastante chao, sen nengunha dificultade, e durante todo o percorrido disfrutamos dunhas belas paisaxes do mar Cantábrico dende os balcóns Os Glayos, Atalaia, Espiritu Santo, moi axeitado para facer unhas espectaculares fotografías destes belos paraxes. O grupo íase estirando como si fora unha goma, e cada quen formaba o seu grupo. Ana con o grupo de cabeza que a van empuxando pouco a pouco. Nelly cuida da parte do centro e eu, coma sempre pechando o grupo, esta vez acompañando un bó treito a Marisa, que ía recollendo cogumelos, botándo-os nunha bolsa para  levar á sua casa. Un pouco más adiante Fiallega e a sua dona, coa cámara en ristre chiscando fotos e máis fotos de todo aquelo.

100_0349.JPG (1546468 bytes)

100_0362.JPG (1375994 bytes)

100_0366.JPG (733772 bytes)

E así vamos facendo camiño ate chegar ó último balcón da ruta, o Espíritu Santo. Este lugar ten unha maravillosa vista do mar e ó memo tempo disfrutar da ría de San Esteban con o pobo de San Juan de La Arena ó fondo.

Neste lugar fantástico facemos a segunda foto do grupo, e comeza un descenso por unhas escaleiras moi empinadas que teñen uns 420 peldaños. A baixada lévanos á boca da ría, a carón das piscinas municipáis, que son as únicas de Asturias de auga salgada, moi concurridas no verán.

Neste punto tíñamos 4,5 km nas pernas. Reagrupamonos e seguimos hacia San Esteban centro, disfrutando do encanto da ría e do pobo de San Juan de La Arena. No primeiro cargadeiro tomamos a escaleira á dereita para coñecer as antigas instalacións da descarga de carbón. As vías e todo o seu entorno está completamente restaurado, incluso as antigas gruas do porto relucen como si aínda traballasen. Este tramo de vías e cargadeiros chámase a Senda Norte I. Chegamos ó centro do pobo, con un coidado xardín e bonitas casas ben pintadas. O reló marcaba a unha da tarde.

Ainda faltaban outros dous km para chegar ó final; o camiño ía transcorrer pola estrada local que une San Esteban con Muros del Nalón, con pouco tráfico e con unha pendente suave que nos levará á parte máis baixa da capital do concello. O cansazo empeza a facer un pouco de mella e o grupo vaise desmembrando cada vez máis. Cando avistamos as primeiras casas, temos de frente un costa corta pero de bastante desnivel ate achegarnos á praza do pobo. Por fin chegamos os últimos do pelotón, eran as duas, e xan algún tiña bebido algunha que outra cervexa. A praza do tipo clásico de Asturias, cos típicos corredores nas casas, o Axuntamento e a Igrexa. Despóis dun pequeno descanso dirixímonos ó bus para desprazarnos ó restaurante Lupa en Cudillero, para xantar unha boa comida que ben merecida a tíñamos.

O xantar estaba para as 02:30 da tarde e, como aínda era algo cedo, fomos algúns a tomar unhas sidras ó mesón que estaba ó lado do restaurante. Os culines foron rápidos, pois estaba esperando o resto do grupo para o xantar. Houbo que escoitar algún que outro silbido. A fame non perdoa.

Tíñamos de menú: Sopa de marisco, cordeiro ó forno, tarta de queixo e café, todo elo moi ben servido pola casa. O xantar foi distendido e con boa armonía coma sempre, cada quen contando as suas anécdotas do camiño. O bó momento foi cando Benito e Marisa nos deleitaron cuns pases dun pasodoble mal cantado por José Luís. Toman clases de baile no Bahia. Casi nada.

Despóis de casi duas horas comendo e rindo, emprendemos de novo a marcha no autobús para visitar, xa de maneira tranquila, a vila Pixueta de Cudillero, partido da Atalaia, o barrio máis alto do pobo.

100_0361.JPG (735564 bytes)

100_0379.JPG (1174871 bytes)

100_0370.JPG (895199 bytes)

Baixamos do autobús e emprendemos de novo a marcha. Pasando pola parte de atrás do cemiterio,  con forte pendente ate chegar ó mirado da Garita, dende onde vemos unha gran panorámica do pobo, do faro e do porto. Seguimos baixando polos calellós que non deixan de ser un entramado laberíntico, e vamos disfrutando da beleza do pobo, as suas casiñas pequenas metidas unhas entre outras, así ate chegar ó mirador O Canto; pasamos por unha das vértebras do pobo chamada a Reguera para ir ó mirador O Pico, dende onde vemos a praza, a igrexa e a rúa principal. Despóis da visita ó mirador chegamos xa á parte baixa do pobo. O grupo foise rompendo, e cada quen foi a visitar os rincóns que lle apetecía. Paseamos uns pola praza, visitando a igrexa, outros foron polas rúas Río Frío, Salsipuedes e polo Sable, zona de relaxo por excelencia polo verán, onde se concentra a maioría dos restaurantes: A Parra, Isabel, Os Arcos, Os Remos, Dimas, etc.

Así foi pasando a tarde, e pouco a pouco camiño do porto polo paseo marítimo chamado do Oeste, que vai á beira do muelle vello ate o novo. Nel estaba esperándonos o autobús para achegarnos a Foz.

Como anécdotas, decir que alguén fixo correr o bulo do médico sustituto de Agustín, e que ademáis viña tamén como xinecólogo, o que resultóu ser unha "bola", ¿de quén?, creo que sabemos todos de quén. ¿Ou non?

Outra era o de como faría o carteiro para achegar as cartas ós veciños, pois á verdade co laberinto e o entramado de casas non era tarea fácil. Houbo que dixo que como é un pobo pequeno, coñecense todos e non hai nengun problema.

Todos a bordo do autobús, emprendemos a marcha cando xa eran as seis e comezaba a facer frío e axexando a noite.

Penso que foi un día moi agradable o que pasamos. As oito da noite chegamos ás nosas casas, un pouco cansos pero ben..