>
Crónica
Rota da Auga, Guitiriz
Neste primeiro roteiro do ano, dirixirémonos ata Guitiriz, para facer o Roteiro da Auga, fermoso roteiro pola ribeira dos ríos Parga e Ladroil.
												
												Comezaremos o roteiro na ponte 
												medieval de San Alberte, o día 
												esta gris, frio e a previsión é 
												que antes de terminar de camiñar 
												chova débilmente. Dirixímonos 
												cara á capela de Santo Alberte, 
												facemos unha foto de grupo, e 
												continuamos río arriba por estas 
												fermosas carballeiras. Gozamos 
												do rumor das augas do Parga, que 
												baixan con forza, relaxa o son 
												de pisar esa cómoda alfombra de 
												follas caídas tras o outono, e 
												como non, da agradable compañía 
												de todos os que formamos o 
												grupo. Chegamos á ponte de 
												Pitero cruzámolo e seguimos o 
												precioso carreiro, as arbores 
												sen follas e o tapiz de musgo 
												que cobre as pedras, fan gozar 
												da camiñada. Chegamos á área da 
												fonte de Valdobín, onde 
												aproveitamos para beber das súas 
												augas sulfuradas, co seu 
												característico cheiro a ovos 
												podrecidos, enseguida chegamos a 
												Parga, onde na súa área fluvial 
												facemos unha parada para tomar 
												un refrixerio antes de 
												continuar, pasamos a través dun 
												dos ollos da ponte e seguimos 
												camiño. Agora á nosa esquerda 
												flúe con forza o río Ladroil, o 
												cal nos fará compañía ata o 
												final do camiño de hoxe. 
												Terminaremos o roteiro á altura 
												do Balneario de Guitiriz, no 
												restaurante a Casilla, lugar 
												elixido para facer a comida 
												final de roteiro, por certo unha 
												comida espectacular, e un 
												servizo inmellorable.
												
												Magnifico estrea para os 
												roteiros deste ano, grazas a 
												todos e ata a saída do próximo 
												mes.
												
												
												Un saúdo.
												
												Morís.
