Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

Subida ó Monte Castelo

 Burela (Lugo)

17 de Xuño de 2007

Saída: 10:30 da mañán

Duración aprox.: 2,15 h.

Dificultade: Media  

Crónica

Este roteiro non forma parte da programación anual de Os Sendeiros, pero acudimos invitados por a Asociación de Sendeirismo Pasadas das Cabras de Burela. Quixeron que nos uníramos a eles os diversos grupos da Mariña, e asistimos xente de Os Sendeiros de Foz, (45 persoas) de Ribadeo, de San Cibrao, de Xove, de Morás e de Viveiro. 

Algo máis de 200 sendeiristas congregámonos na praza da Mariña, guarecéndonos da choiva baixo os soportais. Algúns aproveitamos para mercar paraugas en algún bazar chinés. Mirábamos ao ceo con desesperación, xa que non tiña trazas de escampar. Un grupo de gaitas facía grandes esforzos por mantermos animados. 

Por fin as doce menos cuarto, xuntámonos para facer a foto de grupo, a ás menos dez comezamos a camiñar inda ó abrigo dos paraugas e chuvasqueiros. Diriximos os nosos pasos cara ó paseo marítimo, que tomamos á altura da Praia do Portelo e camiñamos rente ó mar cara a Praia da Marosa. O paseo é agradable neste tramo chan, e a auga non nos impide disfrutar da súa beleza. A emblemática Pedra Burela, onde se asenta o faro, acaparou as miradas de admiración e respecto de cada un de nos polo que ten de significado para as xentes desta costa mariñán.

 Cando nos íamos aproximando a Praia da Marosa xa apenas chovía e os grandes claros substituíran ós nubarros. Así pasamos pola Casilla, cruzamos a carreteira, e seguimos cara o Vilar. As pendentes fixeron que empezaramos a suar, e todo o mundo se desprendeu dos chuvasqueiros. Por un anaco, pois tivemos que ir poñendo e quitando prendas de continuo. Collemos en ascensión polo Paseo dos Romeos e seguimos polo camiño Real. Camiñamos un anaquiño rente a carreteira de circunvalación ate que a cruzamos por debaixo mediante un pequeno túnel.

 A partir de aquí seguimos en ascensión suave por un camiño que discorre entre plantacións de piñeiros e eucaliptos. A subida é leve ata chegar ó cemiterio, pero a partir de aquí atopámonos con unha pronunciada pendente ate chegar ó cume do Monte Castelo, onde se atopa unha fermosa área recreativa. Xa na subida podemos admirar incomparables vistas de toda a costa da Mariña. Burela agrúpase ós nosos pes, e adiviñase una vila con actividade febril no porto, nas diversas industrias e tamén nos servizos, como o Hospital da Costa e os diversos centros de ensino de primaria e secundaria. Cara ó Oeste podemos ver San Cibrao e a factoría de Alcoa.

 Na area recreativa, dotada con fonte, servizos hixiénicos, barbacoas, e mesas, chama a atención unha bonita capela de nova planta, levantada na honra de Nosa Señora das Marabillas. Non cabe dúbida que este é un fantástico lugar para pasar un día de lecer en familia, con toda a beleza do monte e as vistas da costa, e ó mesmo tempo tódalas facilidades que ofrece esta área á que se pode acceder facilmente con coche. 

Os nosos amigos de Burela traballaron arreo e sorprendéronnos con un gran despregue loxístico para prover a todos e cada un dos sendeiristas de unha pantagruélica comida composta de sardiñas asadas, cachelos, churrasco, chourizos criollos e galegos, empanada de bacallau e de bonito saborosísimo pan e, para regar todo ilo, viño tinto coma nunha malla e cervexa de barril a esgalla. Non faltou nin o café, de manga, que houbo para todos en abundancia. Nin tampouco unha magnífica queimada, ben remexida polo noso bo amigo Graciano. 

Na sobremesa cantouse, bailouse e aínda tivemos tempo para a conversa amigable. A Asociación Os Sendeiros de Foz queremos agradecer a Asociación Pasada das Cabras por habernos permitido disfrutar tan intensamente deste día na compaña de tantos amigos. Tamén queremos felicitalos pola inmellorable organización, tanto da ruta como da entrañable festa que compartimos. E unha felicitación moi especial para o seu presidente, Alfredo Llanos, que dende o sábado é o novo Alcalde de Burela. Noraboa. 

Esperámosvos o 15 de  Setembro na Xuntanza que os de Foz faremos na Ruta Río Ouro.

David Méndez.