Os Sendeiros

de

Foz

 

PRINCIPAL

Rutas ano 2010

Fin se semana no Val do Jerte

Lago Ausente (San Isidro)

Sendas ríos Llantones y Peñafrancia

 

Rutas ano 2009

Ruta das Algas (Ortigueira)

Asamblea e Cena 2009

Ruta Tres Bispos (Ancares)

Ruta da Auga (Guitiriz)

III Encontro Río Ouro e Praias de Foz

Camiño Real (Ourense)

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

Andareiro 62

 Fin de Semana no Val do Jerte

Salamanca e Cáceres

26 a 28 de Marzo de 2010

CRÓNICA

FIN DE SEMANA NO VAL DO JERTE

PRIMEIRO DÍA.

Chovía, e ben, o venres 26 de Marzo cando os sendeiristas que íamos dispostos a pasar unha fin de semana por terras de Salamanca e Extremadura nos achegamos  fronte a Casa do Concello de Foz para embarcar no autobús que nos ía levar alá. Uns meteronse no bar para abrigarse e outros debaixo dos aleiros dos edificios.

Pero puntualmente chegou o autobús e embarcamos rápidamente. Despóis de comprobar que non faltaba ninguén, Ana mandou arrancar.

Ia ser unha xornada sin mais transcendencia que a propia viaxe, larga e cansada con unha parada a metade de camiño para verter augas e tomar algo. O resto da viaxe transcorreo sen novidade, entre charlas e películas do noso compañeiro Luciano sobor os carnavais de anos atrás; quede esto claro, non vaia ser que os da SGAE pensen outra cousa.

Cando íamos por Salamanca, volveron a caer uns chubascos e xa nos preocupaba que seguira así o tempo para a marcha do día seguinte.

Por fin chegamos a Béjar, ó Hotel Colón. Rexistrámonos en recepción e fumos ás habitacións para deixar as cousas, asearnos e rápidamente baixar ó comedor para a cea.

Na cea, xa mais tranquiliños Os Sendeiros fixemonos notar coa nosa charla distendida, a nosas risas e a animación que transmitíamos. O bon xantar e un vasiño de viño tamén axudaron  a animar o ambiente.

Despois da cea,  a maior parte saiu en grupos a dar unha volta para ver un pouco da vila e  tomar algo por ahí. Sen tardar voltamos ó Hotel porque había que madrugar ó día seguinte e tampouco había moito onde entreterse.

SEGUNDO DÍA

Ruta Cerezo en Flor (Valle del Jerte)

 

O Sábado era o día para a práctica do sendeirismo, e houbo que madrugar. O desayuno estaba programado para as sete e media da mañan e a saída do autobús para as oito. E puntualmente estábamos Os Sendeiros dando conta de un bó desayuno tipo bufet. Rápidamente nos presentamos no autobús para emprender a viaxe cara a Tornavacas que nos levaría aproximadamente unha hora.

Non íamos andar sós, pois en realidade estábamos a participar na II MARCHA SENDERISTA CEREZO EN FLOR organizada polo Grupo Sendeirista Valle del Jerte. Non íamos participar na marcha enteira pois nos xa tiñamos programado e encargado o xantar en Jerte, así que nos separaríamos no lugar coñecido como Los Pilones.

Xuntamonos fronte á Igrexa de Tornavacas, dos séculos XVI-XVII e adicada á virxe da Asunción, que algúns aproveitaron para visitar, e despois de recoller as acreditacións iniciábamos a marcha ás 09:45 horas.

Vamos percorrendo e admirando as ruas estreitas ata sair do pobo pasando fronte o rolo ou picota do Humilladero que data da época medieval, e da ermida, e xa nos adentramos de súpeto nun camiño que nos conducirá rente ó río Jerte, polo val do mesmo nome.

 O río corre cheo da auga, as suas ribeiras verdes, pletóricos de vexetación. Non bancales, milleiros de cerdeiras a punto de botar a flor, nos campos paz, trinos dos paxaros, algún cabalo pacendo. Todo beleza. A ringleira de sendeiristas avanza mentras conversa, mezcla de acentos, extremeño ou andaluz (non son capaz a distinguilo) outro mais tipo madrileño e destacando sobre todos, pola diferencia, o galego de Os Sendeiros. Penso que lles sorprende a nosa maneira de falar. Alguns preguntan de onde sómos e tratan de situarnos no mapa de España, cóstalles bastante. Ata o  verde pistacho de camisetas e polares destacaba. Disque se fixeron amizades e se intercambiaron números de teléfonos.

Os cumios das montañas presentaban un abondoso manto de neve que resplandecía co sol do que gozábamos. A paisaxe era maravillosa e o día perfecto para disfrutar dela.  Vamos camiñando rente ó río que corre cantarín nun tramos no que  algunha presa aproveita a sua forza.  O roteiro perfectamente sinalizado coas marcas de pequeno ou longo percorrido, así como indicadores de madeira colocados nos cruces dos  camiños.

Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte) Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte) Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte) Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte)

En moitos treitos un paredón de pedras tapizadas de musgo flanqueaban o camiño e de cando en vez un rego nos impedía o paso, obligándonos a facer equilibrios sobre a pedras para poder cruzar. Aquí unha ponte mais aló unha fonte, e o longo val cos seus bancales plantados de cerdeiras dominando toda a paisaxe.

Facemos unha pequena parada para reagruparnos e comer algo de fruta, tamen para fotografarnos uns a outros. Pero enseguida emprendemos a marcha cara a Jerte. O camiño ándase ben e seguimos a disfrutalo. Atopamos algún cabalo pacendo, e tamén vacas. Unhas chumbeiras chámanos a atención pois non é unha planta que esteamos acostumados a ver. Lástima que non teña figos. De cando en vez atopamos algunha cerdeira floreada, incluso leiras enteiras. Vése que axiña estará o val cuberto dun precioso manto blanco.

Chegamos a Puente Largo, nas aforas de Jerte, onde se sitúa unha Praia fluvial. Pequeno descanso e continuamos o camiño, ahora subindo. Vamos cara a Los Pilones. Pero antes temos que pasar polo Mirador del Chorrero de la Virgen. Neste mirador aproveitamos para facer alguna que outra fotografía, algunhas subironse a gran pedra para poder salir tendo como fondo o impresionante salto de auga coñecido como Chorrero de la Virgen.

Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte) Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte) Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte) Ruta Cerezo en Flor (Valdo Jerte)

Reiniciamos a marcha por un camiño en descenso pavimentado de laxas, semellando unha calzada romana. Enseguida chegaríamos a un lugar de gran beleza: Los Pilones. Son pozos escavados na pedra pola forza da auga que baixa con gran forza e estrondo. Gran cantidade de xente estaba admirando o lugar, facendo fotografías ou simplemente tomando o sol sobre a s grandes pedras. Pasamos unha estreita ponte e seguimos unha senda ata chegar a unha fonte que manaba abundante auga moi fría. Impresionante este lugar de gran beleza. Volvemos atrás e na área recreativa fixemos a preceptiva foto de grupo.

Despois de un pequeno descanso, abandonamos o resto dos grupos que estaban participando na II MARCHA CEREZO EN FLOR e iniciamos o descenso cara a Centro de Interpretación, a uns  3 kilómetros. Camiñamos por unha senda estreita que vai buscando o río. Neste treito podemos gozar da vista de leiras con cerdeiras floridas. Cruzámonos con numerosas persoas de tódalas idades que están a subir dende o Centro de Interpretación.

Por fín, xa cansos chegamos a fin do noso roteiro situado no mencionado  Centro. Alí nos reagrupamos e nos agasallaron con unha bolsa.

Ainda teríamos que andar un anaquiño para chegar ó autobús que nos ía levar o Restaurante Napoleon, onde nos esperaba  o xantar.

 

Visita a Plasencia

Logo de xantar e da amena sobremesa, voltamos ó autobús para dirixirnos a Plasencia para facer unha visita por libre á cidade.

Ainda coas pernas doridas cando nos baixamos do bus, Os Sendeiros entrábamos no casco histórico de Plasencia para admirar as suas belezas monumentales e disfrutar do seu ambente nunha tarde soleada, e fúmonos dispersando en grupiños para ir visitando segundo as preferencias de cada un.

Uns preferiron visitar xoias coma a Catedral Vella, a Catedral Nova, a Casa do Dean, o Palacio de Mirabel e o dos Monroy, a muralla con portas coma a do Sol, a Berrozana; a praza Maior co edificio do Ayuntamiento e a figura do Abuelo Mayorga encargada de dar as  badaladas.

Plasencia Plasencia Plasencia Plasencia

Tamen houbo tempo para percorrer as rúas, visitar os comercios  e facer algunha compra. Ou para sentarse nunha terraza da praza Maior tomando unha caña e observar o movemento da xente. Tamén para visitar a Pitarra do Gordo onde tomamos uns viños cunhas saborosas tapas: de xamón, morcilla pataqueira, queixo… Podías escoller tomar un viño con tapa, unha tapa sen viño, ou un viño sen tapa: o prezo era sempre 1,20 €.

Así chegou a hora de voltar o autobús. ¡Qué puntuais somos Os Sendeiros! Saímos cara a Bejar para chegar ó Hotel. Xa nos tardaba unha boa ducha e cambiar de roupa.

Xa aseados o seguinte sería a cea para á que estábamos citados para as 21:30 h. Volvemos a dar ambiente a aquel magnìfico comedor, coas nosas risas e animada charla. Xa sen presa, cenamos feixóns con xamón, bacallau e de postre arroz con leite. Habendo tanto asturiano entre nos, especialistas do arroz con leite, tiña difícil o chef sorprendernos.  Pero á verdade e que non chegou nin o aprobado con este postre.

Ainda había tempo e folgos para dar outra voltiña por Bejar. Os que non tíñamos folgos dabondo optamos por retirarnos para a habitación.

 

TERCEIRO DÍA

Esta noite dormimos unha hora menos polo cambio ó horario de verán. Pero ás oito xa estábamos dispostos a zamparnos outro fenomenal desayuno tipo bufet. O que máis e o que menos viase que tiña maniotas, e que unha horiña mais tamén se dormía. Pero as nove da mañan tíñamos a saída para facer a primeira visita do día: o bonito povo de Candelario, a catro kilómetros de Bejar.

Candelario é unha vila pequeniña que conserva o seu aspecto de hai moitos anos. Moi ben conservado e limpo. Chama a atención o canal que corre rua abaixo e as batiportas das casas.  Percorremos as suas ruas admirando e fotografando todo o que víamos. De cando en cando uns paneles explicaban o que eran as cousas que viamos e para que se usaban. Así explicado entendíase mellor e acadaba mais valor o que estábamos a ver.

Ainda houbo tempo para comprar algún producto típico da zona: embutidos, pastas, licores…

Realmente pagou a pena visitar esta bonita Vila.

Candelario Candelario Bejar Salamanca

Voltamos a subir o bús para ir uns kilómetros mais abaixo para ver a praza de touros de Béjar, considerada a mais antiga de España e na porta da cal fixemos unha foto de grupo.

No mesmo enclave sitúase o Santuario de Nosa Señora do Castañar, que tamén visitamos e no que quen quixo, pudo ou soupo tivo a oportunidade de pasar uns momentos de recollemento.

E voltamos o autobús para sair cara a Salamanca, a que sería a derradeira visita da fin de semana. Baixamonos na ponte romana coa instrucción de voltar as cinco da tarde. Cruzamos a ponte e fúmonos dispersando pola cidade que estaba ateigada de xente que esperaba para ver pasar a procesión da Borriquita, pois celebrábase o Domingo de Ramos. Isto foi un atranco para poder ver os magníficos monumentos dos que presume a cidade: as suas catedráis, universidade, conventos, etc.

A xente enchía as ruas e despois os bares e restaurantes. Bó día para a hostalaría. Tomamos o tempo necesario para comer e as cinco todos puntuales na parada do autobús.

Así se acaba, con pena esta magnífica fin de semana. Quedaba un longo camiño ata Foz, amenizado polas conversas, os chistes, a verdade é que non houbo lugar para aburrirse. E eso que faltou algún cantarín, notouse que faltou o noso presidente José Luís. Home houbo un intentiño… pero quedouse neso, nun intentiño. E seguimos a ver os videos do carnaval, incluíndo do desfile de este ano.

Parada en Valcarce para o descanso de conductor e pasaxeiros, e volta xa para encarar o derradeiro tramo que nos deixaría en Foz á hora prevista.

E  así finalizamos esta maravillosa fin de semana, todos satisfeitos polas actividades e polo bon clima que gozamos.

Penso que é de xustiza felicitar ós organizadores pois fixeron unha gran laboura ¡Noraboa e moitas grazas por tan estupendo traballo!

Unha aperta a tod@s.

David Méndez.