Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 11

Ruta Río Ouro

Foz - Lugo

Día 21 de Agosto de 2005

Saída as 9:30 da mañán

Duración: 4:30 h

A ruta transcurre polas fermosas praias da Rapadoira, Llás, Peizás e Pampillosa. Nesta última desemboca o río Ouro. Dende esta praia cruzamos a carretera en Fazouro para adentrarnos no río Ouro pola sua desembocadura. É un verdadeiro pracer pasear pola beira do río. Sigue a ruta camiño a Trasmonte, pequeno núcleo de casas no medio do monte. Neste paraxe temos unha pequena subida que nos levará á zona do Bispo Santo. Dende eiquí á área recreativa e prácticamente chao e costa abaixo.

 

Crónica

Diante da casa do Concello estaban 48 sendeiros con gañas de patear a bisbarra de Foz. O día amence con un sol radiante que animaba a camiñar.

Ás 9,30 h. partimos polo camiño que leva ó colexio do Pilar para seguir polo cemiterio, o Castro, e baixar ate o Prado Vello en Marzán. Neste punto cruzamos a estrada xeral e seguimos pola pista que vai en paralelo ate chegar a praia da Pampillosa en Fazouro. Durante este percorrido disfrútase da campiña que temos entre as praias de Llas e Peizás. Unha vez chegado á praia da Pampillosa e disfrutar nela da desembocadura do río Ouro, voltamos a cruzar a estrada xeral, esta vez por debaixo da vía do tren para tomar a pista que nos adentrará na Senda do río. Chámase Ouro porque segundo a lenda noutras épocas tiña no seu perigrinaxe  algunha pepita deste dourado metal. Por él, os nomes do Valadouro, e a parroquia de Fazouro onde desemboca.

O río Ouro e moi bonito, ten bastante caudal de auga e ate é troiteiro. Ten uns recunchos para disfrutar da natureza que o rodea. Así, disfrutando de todo o seu entorno, íamos recorrendo os metros desta ruta. Despóis de unha hora de camiñata, chegamos a un dos rincóns máis bonitos do río. Decidimos tomar un pequeno descanso e tomar unha fotografía do grupo.

ruta rio ouro grupo.jpg (48199 bytes)

100_0217.JPG (1906187 bytes)

100_0219.JPG (1505037 bytes)

Unha vez repostas as forzas, continúa a marcha na busca da pista que nos levará polas casas de Trasmonte. Ao principio a costa non é moi empinada, pero pouco a pouco vaise facendo máis costa arriba canto máis nos vamos achegando á pista que nos levará a área recreativa de O Santo.

Unha vez coroada a cota máis alta alguns notamos o esforzo nas pernas. Tomamos un respiro e un trago de auga, e voltamos a camiñar; ainda quedaba como unha hora para chegar a O Santo pero, eso sí, este derradeiro traxecto vai en constante baixada e disfrutamos dunhas expléndidas panorámicas de Foz e a sua bisbarra.

Por fin chegamos moi cansados a O Santo, donde estaba esperándonos unha gran bonitada feita polos famosos chefs Xaime, Tano e Tuto, os grandes sacrificados do grupo neste día. Ó lonxe, xa impregnaba o ambente o olor do asado; era moi fermoso ver como estes fenómenos habían preparado tanto o xantar coma as mesas. Non faltaba detalle: vasos, platos, servilletas, o viño fresquiño, en fin todo perfecto.

Entre risas e comentarios da ruta Os Sendeiros fumos ocupando a mesa, probando a empanada, os bolos preñados con que  Tere nos sorprendeo. Segue o xantar coa Gran Bonitada que foi moi felicitada por todo o grupo. A verdade é que o bonito estaba exquisito, corría o viño e a sidra, e así ate os postres. Tíñamos arroz con leite, tarta de queixo, dulce... todo elaborado polas expertas reposteiras Ana, Fernanda e Nelly. Un dez para elas. Non podían faltar os cafés e os chupitos de varias clases de licor: avellana, herbas, etc. todos eles artesanais. Como se pode apreciar, había de todo.

A tarde foi moi amena, chea de anécdotas e comentarios de todo tipo do que pasara no percorrido de pola mañán.

100_0221.JPG (1020393 bytes)

100_0226.JPG (1014213 bytes)

100_0229.JPG (1383578 bytes)

100_0237.JPG (1393516 bytes)

Como novidade do grupo, foi que houbo alomenos catro parellas de veraneantes de Madrid e Bilbao que nos acompañaron neste día de camiñar e xantar. Pensamos que o pasaron moi ben con todo o grupo. De feito non se cansaronde darnos as grazas e de facernos elóxios pola boa acollida. Eles participaron en todo o que tiñamos nos. Xa quedaron anotados para as próximas vacacións a vir con Os Sendeiros novamente. Posiblemente foi un éxito promover as rutas dos sábados durante o mes de agosto, non cabe dúbida que nos dimos a coñecer no colectivo de veraneantes que cada ano nos visitan.

Ainda que o tempo era de auténtico verán, as horas pasaban e xa eran cerca das sete da tarde; había que recoller todo o material: mesas, sillas, caixas, asador, etc. para despóis cargálo no furgón de Almacéns Bahia e baixálo a Foz.

E de agradacer a colaboración tan desinteresada que sempre nos fai Paquito do Bahía para este tipo de eventos.

Bueno, sin máis comentarios, decir que foi de auténtica camaradería e de plena natureza, un bó cóctel de río e montaña.