Crónica
RUTA FRAGAVELLA
Para este segundo
roteiro do ano non, tocanos
facer de anfitrións e ensinar as
marabillas da nosa terra, aos
amigos do MIES de Oviedo, e
escollemos para iso o roteiro da
Fragavella en Mondoñedo.
Atopámonos con eles na área de
descanso da autoestrada, do Rey
das Tortas. O día está gris e
sopra un vento considerable.
Desde aquí partimos ao comezo do
roteiro en bus. Xuntámonos á
beira do cartel onde se mostra e
explica o roteiro e comezamos a
camiñar. Imos entre piñeiros,
seguindo o camiño marcado polo
gando que habita estes montes,
pasamos xunto a árbores caídos,
unha nave abandonada, o chan que
pisamos esta embarrado, é un
terreo formado no seu maior
parte por turberas. Chegamos a
unha pista de zahorra, que vai
ata o punto onde partimos, e é
aquí onde damos a opción de
abandonar ao que non se atope
ben físicamente.
Continuamos un pouco pola pista,
para desviarnos á dereita e
volver meternos no bosque,
seguimos rodeados de piñeiros,
pasamos preto de formacións
rochosas, con formas
caprichosas, bordeamos grandes
turberas, moi asolagadas,
paramos a tomar algo xusto antes
dunha pista asfaltada que se
emprega para chegar aos muíños
eólicos, eliximos o sitio por
estar resgardados do vento.
Seguimos camiñando por esta bela
paraxe, e atopámonos cuns
cabalos, cando chegamos ao sinal
que nos indica o desvío cara a
Pena Montol, paramos e facemos
unha foto aproveitando unha gran
rocha, decidimos non ir cara á
Pena, polo vento forte e que
está a entrar a néboa, así que
viramos á dereita e continuamos.
Nesta última parte, descendemos
por un fermoso e máxico bosque
de acivros, cunha gran
abundancia de brións de
distintos tipos. Chegamos á
pista de zahorra e por ela
dirixímonos ao lugar de partida,
poñendo fin á marcha de hoxe.
Subimos aos buses e dirixímonos
ao restaurante, parrillada San
Pedro en Alfoz, para celebrar a
comida de confraternidade, cunha
extraordinaria comida caseira.
Grazas a todos por este
magnífico día, volveremos atopar
en maio por terras asturianas.
Morís.