Os Sendeiros

de

Foz

 

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas
PRINCIPAL
Rutas ano 2009

Illa de Ons

Sardiñada no Santo

Subida ó Monte Castelo

XXII Travesía Costa Naviega

Ruta Río Centiño

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

Andareiro 54

 Ruta: Fin de semana no Xurés 

Ourense 

22 - 24 de Maio de 2009

Saída: 16:30 h 

Dificultade: Media

 

Crónica

 

" Tormentas - apagón - relax ... e pinchazo "

¡Qué outro título mellor poñer a esta fin de semana! ¿e por onde empezar o repaso? Se o ano pasado estivo ben a visita a Potes, esta tivo de todo, aventuras e anécdotas. Aquí comeza a crónica de 39 aventureiros …e un Fernando Alonso (Vila). Vaia por diante que gracias por todo.

Venres 22 de maio

Son as 16´30 h. e somos 35 animosos andareiros os que nos xuntamos diante do concello (4 máis uniranse en Entrimo desde Madrid.). Algúns levan equipaxe como para unha semana, fan ben, faralles falta.

A expedición parte ás 16´50 h., o tempo está nublado pero a partir de Abadin ábrese o sol. Anunciaran tormentas para Lugo e Ourense pero nada de nada. Facemos parada en Lugo en Via Santiago, case 1 h para descanso de todos, incluido Vila o conductor. Reanudamos a marcha ás 19 h, collemos a antiga estrada a Santiago e despois o desvio a Ourense. A viaxe é tranquila ata a sorpresa que aparece na pantalla de televisión. Resulta que Luciano tivo o bo gusto de facer unha montaxe de imaxe e son sobre as rutas do ano 2008 que recibe un aplauso de todos ó remate.

Entramos na provincia de Ourense e, ata que volvamos a Lugo, non deixaremos de ver parras cheas de vides con hortas baixo delas. Da cidade Ourense destacar a sucesión de pontes, dende a mediaval á postmoderna sobre o río Miño. Así seguimos camiño e atravesamos Celanova, onde vemos o Mosteiro dun dos pobos con máis historia de Galicia. Pouco despois, ás 21´30 h, chegamos cantando ó Hostal Barcelona, no pobo de Entrimo, o que será o noso porto base esta longa fin de semana.

Subimos ás nosas habitacións, uns nun lado e outros no outro do hostal. Reunímonos abaixo ás 22 h para ir cear. Alí únensenos 4 socios máis procedentes de Madrid, son Luis, Inmaculada, Antonio e outra Inmaculada; todos eles exemplo de amor ó deporte en naturaleza (recomendables os seus consellos e anécdotas polos Alpes, Pirineos e Picos de Europa). Ata 17 anos seguidos indo ós Alpes. Benvidos!

 Dispoñémonos a probar os primeiros productos da terra. Ceamos caldo galego, carne ó forno con patacas, ensalada e de postre tarta xeada con pexego, sen faltar a auga o viño da terra (que ten boa acollida) e o café. A comida está ben e o servicio é rápido. Sacamos as primeiras fotos de convivencia na mesa e ó final da cea improvisamos unha caminata ata o centro de Entrimo. Son case as 12 da noite e a temperatura é boa. Observamos numerosos carteis de campaña electoral curiosamente suxeitos ás árbores con chinchetas. Comprobamos como creceu o pobo os últimos anos, incluso en bares. Decidímonos a entrar nun Pub, bueno, entrar e sair. Hay que ver que pouco aguante teñen algúns. Así que de volta ó Hostal.

Deitámonos pasadas a 1 da madrugada.

Fin de Semana no Xurés por ti. Fin de Semana no Xurés por ti. IMG_0038 por ti. IMG_0049 por ti.

Sábado 23 de maio

Este será o día máis longo, algún debe ter presa que xa ás 8 a.m.anda dando portazos. Desayunamos ás 9, café e tostadas…e andando. Ás 9´30 h saímos en bus hacia a ruta. Está nublado e volven as dudas da meteorología. Cruzamos a ponte sobre o río Limia e tras unha pequena subida chegamos ó pobo de Padrendo, lugar de saida da ruta pola Serra.. Imos coñecer o Parque Natural da Baixa Limia, a Serra do Xurés.

A ruta que imos facer ten saida e fin en Padrendo. Son 7 km en sentido circular: Padrendo - Torneiros - Padrendo. Ainda que indican que dura 5 h, realmente faise en 3 h.

Unha señora moi amable danos unha orientación e arrincamos. Son as 9´55h. De inicio imos por un camiño e ó pouco metemos xa nun frondoso sendeiro entre carballos, pinos, acebos, abetos e alcornoques, co chan cuberto de follas secas. A pendiente faise mayor e ó carón corre un riachuelo. Atopamos 2 muíños coas moas restauradas ainda que non funcionan, son os Muíños de Freixeiro; tamén vemos varios cabazos. Entendemos porque esta é unha zona de valor arqueológico, etnográfico e histórico. Imos subindo sempre a carón dun regato que pon son á marcha.

A medida que seguimos subindo vai desaparecendo a vegetación e amplianse as vistas sobre o val. Facemos unha parada de reagrupamento a carón dunha pista e seguimos xa sobre monte raso.

Chegamos a unha zona de chan conocida como Chan de Ventoselo, ós pes da Serra de Sta Eufemia. Aquí disfrutamos das vistas e do roquedo granítico da Serra, cunha cota de 1.107 m. Alí vemos numerosas e grandes rochas, conocidas como "bolos" ou "piedras caballeras" ; a natureza sempre impresionándonos.

O que non vemos é fauna, noutros tempos había osos e a cabra do Xurés, que desapareceron a causa do home, como non, pero a cabra estase intentando repoblar. Xa hai censadas 30 unidades.

Ó final do ascenso cruzamos a Corga de Costegaza, desde onde se contempla toda a panorámica da Serra do Xurés. Desde a cima vemos como o ceo comeza a ennegrecerse, "creo que aguantará" (anunciaron tormenta).

 Empezamos a baixada hacia Torneiros, algo perigosa, pola pendente e pola gravilla. A paisaxe cambia de monte baixo a formacións rocosas. O ceo vaise nublando máis. Vemos unha pequena cascada en Corga de Toucedo, xa de novo entre alcornoques e robles.

Podemos ver os primeiros cultivos, feitos en pequenas terrazas nas laderas da montaña, máis conocidos como "socalcos".

Cando chegamos ó pobo de Torneiros de Riocaldo desátase a tormenta sobre nós. Afortunadamente podemos gardarnos na aira dunha casa gracias á amabilidade dos veciños. Pouco a pouco van chegando os demais. Alí danos tempo a cantar ó ritmo da batuta do presi e tras 45m de espera vendo como non amainaba a tormenta, decidimos seguir.

A maioría diríxese ó encontro do bus e só 2 continúan a ruta, atopándose baixo unha persistente tormenta, con tronos sobre as nosas cabezas a cada minuto e no medio dun frondoso monte con carballos e pinos ó primeiro e de monte baixo ó final. Subidas e baixadas constantes e moitos desvios ¡fascinante! E sempre, durante toda a ruta, acompañados polo canturreo de riachuelos, procedentes das choivas e do desxeo, que van indo parar ó rio Limia e ós embalses de Salas e Lindoso.

En Padrendo atopamos uns 20 cabazos típicos feitos en granito e que aparecen nas fotos. Chegamos á meta…empapados.

Son as 13´20 h. Cambiámonos a roupa mollada e tiramos hacia Portugal.

Cruzamos a fronteira mentres a tormenta segue durante case a hora que nos leva chegar ata Ponte da Barca. Hai que quitarlle unha hora ó reloxio. As vistas ó longo do rio Limia (Lima en portugués) son preciosas, aquí tamén as parras son habituais. O apetito é importante, entre polo esforzo feito e pola gana de probalo " bacallau portuxés " no Rte Varanda do Lima.

Chegamos a Ponte da Barca. Entramos no restaurante sen tardar e sentámonos en mesas de 4 e 6 platos. O local é coqueto, a decoración bonita, cos típicos panos atados ás columnas. Nos pratos espéranos os entrantes, incluidos chourizos da zona ; despois chega a sopa, un pouco espesa e perfecta para entrar en calor trala molladura. Entón chega o ansiado bacalao á portuguesa, coa súa salsa. ¡Pero que bo está! Hai quen repite, ata dúas veces. E todo regado cun viño tinto que fai as delicias incluso dos non vinícolas. Ata o pan está bo. O servicio bo e rápido. Tras 2 horas a comida remata cun doce postre e saímos a facela foto de grupo xunto á ponte medieval de Ponte da Barca, que debe ter gran caudal en época de choiva.

 Con bo tempo saimos hacia Braga. A paisaxe é igual, parras e plantacións, con casas ben coidadas. Aquí tamén hai moita propaganda sobre as eleccións europeas do 7 de xuño. Vemos carteis que avisan da prevención do lume debido ós danos que causou os últimos anos no pais.

A viaxe é pola estrada nacional, non é moi rápida pero permítenos ver varios pobos. O máis bonito quizais o de Vila Verde, cunha igrexa preciosa. Algúns non a ven porque van durmindo a sesta ¿ será polo viño ? non creo, será polo cansancio da ruta.

 O sol loce forte cando chegamos a Braga, vemos como creceu a cidade nos últimos anos de forma correcta. Subimos o monte do Bom Jesús pola longa e prolongada pendente de sempre. Chegamos ó alto ás 18´30 h, visitamos a igrexa que domina a cidade e tomamos fotos de ambas. Algúns conocen o lugar e dan explicacións ós demáis. Comendo helados voltamos ó bus e baixamos ata a escalinata do Bom Jesús. ¡Impresionante a construcción! Recomendable visitar o lugar unha vez na vida. Baixamos a escalinata dominada por numerosas imaxes religiosas e por fontes en cada recodo.

Chegamos abaixo e, tras unha pequena espera, subimos ó bus camiño do Hostal, son as 20´30 h. Xusto nese intre empeza a chover. A viaxe agora é por autopista, temos menos vistas pero ganamos en velocidade. A anécdota foi o adiantamento que nos fixo un turismo pola dereita na autopista, tendo máis que decir eles. Vai ser verdade a fama do conductor portugués. O que quedou claro é que fan soar a bocina con demasiada facilidade. En Ourense e Portugal abundan as protecciós metálicas para motoristas nas curvas. Ogallá aprendesen en Galicia.

A choiva faise máis e máis intensa a medida que chegamos a Galicia tornándose en tormenta ó chegar á altura do rio Limia. Os raios cruzan o ceo, para gusto duns e susto doutros. Algún ve como un raio se mete no rio.

Cando cruzamos a fronteira a Galicia soan aplausos. Segue chovendo.

Chegamos ó Hostal ás 22 h. e, para a nosa sorpresa, atopámonos cun apagón no pobo de Entrimo, que tamén afecta ó hostal. Así que a esperar na entrada. É sábado e a atención céntrase na liga. Como temos varios asturianos a bordo sintonizamos a radio para ver qué pasa co Sporting de Gijón. Hai moita emoción, gol do Gijón, do Osasuna, do At. Madrid… ó final, o Sporting depende de si mismo para salvarse na casa a semana que ven. ¡Sorte!

Segue o apagón, outros huéspedes cean á luz das velas no comedor ¿tocaranos tamen? Así é, son as 12 da noite e entramos no comedor. A imaxe é evocadora, a mesa posta e as velas acesas, o ambiente non pode ser máis familiar, incluso romántico. Promete.

Non tardamos en botarnos sobre a pasta con carne que nos agarda nas bandexas. A algún cóstalle atinar co bocado, sálvase que a luz volve…vaise…volve. Uns piden que apaguen a luz, pero vai ser que non. Damos boa conta tamén da merluza á romana con patacas, da ensalada e da piña de postre. Despois algúns van ver os goles da xornada e outros a retarse no billar, pero a mayoría adicáronse a repasar, acompañados dun bo café, as anécdotas dun día longo, extraño e emocionante que xa rematou.

Preto das 2 da mañá. vamos indo á cama. Outro día espera, será o último.

IMG_0916 por ti. Fin de semana no Xurés por ti. Fin de semana no Xurés por ti. IMG_0901 por ti.

Domingo 24 de maio

 Son as 8 a.m. e pouco a pouco vamos baixando a desayunar. Espéranos o balneario. Volvemos a tomar tostadas e café pero fáltanos a fruta. Collemos o autobús ás 9´30 h hacia Portela do Home para facela ruta da Via romana. Trátase dun trazado restaurado da antiga ruta romana que unía as cidades de Astorga, Braga e Ourense, e que incluso tiña conexión coas terras lucenses. Esta via romana tiña 7 metros de ancho pero agora apenas 2 metros.

 Empezamos a ruta ás 10 h, ó inicio é algo pendiente sobre chan de pedra, pero despois chega a unha pista chá moi fácil, que nos levará ata o balneario en pouco máis dunha hora. No camiño atopamos un muíño, coa súa moa, xunto ó río e tamén unhas termas que están sendo restauradas, que dan idea do uso aproveitado séculos atrás.

Son as 11´15 h e chegamos ó balneario de Lobios, lugar do que saen numerosas rutas de senderismo. Entramos no balneario, xa conocido por alguns compañeiros. Entramos 25 persoas e o resto vanse andando ata o pobo (a 6 km) e van de tapas. Bueno, un vaise de ruta improvisada e atopa un tesouro de cereixas. Dos que entramos no balneario, 10 collemos un " bono salud " que inclúe piscina, baño hidromasaje e masaxe.

 Empezamos o relax na piscina, alí atopamos, por primeira vez en 40 anos, en amplia superficie de auga a Antonio, toda unha experiencia, está orgulloso e nós del. Recomendable todo, empezando pola piscina e sen falar do masaxe de espalda uns e de perna outros ou do baño termal.

Tras 2 horas no balneario saímos. Hai que volver, así será.

Ás 2 da tarde subimos ó bus para ir comer no hostal. Volve a chover. Chegamos ó hostal e están poñendo a proba en Mónaco da Fórmula 1 con Fernando Alonso. Outra vez vai atrás (7º), al menos non ganará Hamilton.

Comeza ás 14´30 h a última comida no hostal. O menú son: entrantes, ensaladilla rusa, filete con patacas e ensalada, de postre haubo flan caseiro. Hai que decir que o mellor do hostal foi a comida, servicio rápido e tranquilidade. O único malo foi a zona de recepción-bar, sempre con ambiente cargado ó ser zona común de paso e tamén bar co conseguinte tabaco.

Facemos as maletas e baixamos ó bus. Despedímonos do persoal e tamén dos 4 socios de Madrid que se van en coche á capital. Saímos para Foz ás 16´20 h. O ambiente é tranquilo, a aventura xa rematou ¿seguro? Ainda agarda unha sorpresa.

Pasamos por Celanova e outros pobos, pero xusto saindo de Parderrubias (si si, este é o nome dun pobo) levamos un susto.

Son as 17´08 h, oese un estoupido, que asusta a uns e desperta a outros (so un seguiu durmindo), estamos no medio dunha curva a dereitas e o bus vaise de cú á esquerda e despois a dereita. Tranquilos, Vila o chofer xa ten o control do vehículo. Aparcamos no arcén pero estamos entre 2 curvas, pode ser perigoso. Alí comprobamos que pincharon as 2 rodas traseiras esquerdas. Tras comprobar que non se pode arranxar e as chamadas feitas, decídese que nos transporte outro bus a Foz. A diligencia de Vila, Ana e Florencio merece un aplauso.

 Ás 18´04 h subimos a outro bus, pero sin moitas das maletas, pois a Garda de Tráfico non permite recollelas. Así, cun pouco de nerviosismo reemprendémola viaxe. Alí quedan Vila e Florencio para esperar o servicio de arranxo do bus.

A volta faise rápida e cómoda, está nublado e non chove. Voltamos pola mesma estrada da ida. Son moitos os que quedan dormidos, a viaxe foi amplia en emocións.

Facemos un descanso ás 19´20 h. no Picato, na entrada a Lugo, o tempo é frio. Parada rápida e seguir. No resto da viaxe a Foz vemos as cores alegres da primavera que dan cor a un dia nublado, posiblemente sexa a mellor época do ano, ata os toxos floridos son fermosos.

Despois dunha fin de semana longa, chegamos a Foz ás 21´00 h. Collémolas maletas e despedímonos…ata dentro de 2 horas, pois ás 23 h. chega o outro bus coas maletas.

Por certo, ó día seguinte de voltar, o Parque do Xurés e do Geres son declarados pola UNESCO reservas da biosfera, a 5ª de Galicia ata o de agora.

 Como todalas saidas sigan sendo así, poderemos facer unha adaptación televisiva ou cinematográfica. Agora tocan os encontros da Pontenova, Navia e Burela.

Descansade rapaces, que quedan moitas aventuras por diante.

            ¡ HAI AQUELA MASAXE EN LOBIOS !

David Val Pena