Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

I ENCONTRO DE SENDEIRISMO RIO OURO

Foz (Lugo)

15 de Setembro de 2007

Saída: 10:00 da mañán

Duración aprox.: 5 h.

Dificultade: Baixa 

Crónica

Os  días previos ó I ENCONTRO RÍO OURO , foron dun ir e vir de todos os Sendeiros para que o reto que tíñanos diante saíra o mellor posible. Non podo destacar a ninguén, os apoios que tíñamos uns con outros e de verdadeira amizade, e falo de Mari Carme, Tano, Sonia, Zamora, Nelly, David, Gorri, Pili, Fernanda, Tere Chao, Luísa, Celita, María, Sely, Ana, e un sen fin de persoas que chamaron para axudar no que fora. Pode que sexa un bo pilar o que os Sendeiros puxemos e que marcará un antes e un despois desta dinámica Asociación de sendeirismo que día a día vai crecendo pouco a pouco.

 Non podemos esquecernos de dar as grazas a quen xunto a nós coas súas colaboracións e aportacións fixo posible esta xuntanza: Concello de Foz, Consellería de Innovación e Industria, A.A.V.V. de Fazouro, BFL, Lácteos Lorán, Caixa Galicia, Banesto, Radio Foz, Coca Cola, Frutas Morriña, Confeitería Anduriña, Panificadora Eo, Protección Civil, 061, O Feitizo, Suso Fernández, O Desván. A TODOS GRAZAS.

O día espertaba fermoso para a práctica do sendeirismo, ceo algo cuberto pero cunha temperatura ideal. As 9,30h. xa íamos formando diante da figura homenaxe a pescantina " a Xica" a mesa de formalizar a saída, presidían as Sendeiras María da Rauta, Celita e Sely, facendo un gran traballo de control e organización. Chegaban os de Ponferrada Club Amalio, de Valdredo (Cudillero) a Peña Chiruca, de Gijón AA,VV. Los Ríos, de Xove U.D. Xove, de Burela Pasada das Cabras, da Coruña Asociación IAR, que xunto cos socios dos Sendeiros máis veciños de Foz e bisbarra, formamos un grupo de 352 persoas con gañas de camiñar.

Diante da "Xica" e o fondo da Ría de Foz todo o grupo reunido fixemos unha foto para o recordo, despois dimos a benvida a todos, unhas verbas do Sr. Alcalde máis dous potentes foguetes foi o inicio da saída. As dez en punto con Ana a cabeza comezamos a camiñada. Era impresionante ollar a tanta xente coas camisetas multicolores ir pasando por Tupide, para seguir por a praia A Rapadoira, "como sorría Xico", polo medio levábamos de apoio a Nelly, un pouco máis atrás ía Tano e cerrando o grupo Sonia, impecable os seus cometidos. Cando a cabeza do grupo ía polo Prado do Ramos, dende a figura do Arao na rapadoira, unha serpe multicolor era a que formaba o grupo. Pícaros, xente nova, parellas, xente maior íamos facendo o camiño disfrutando dos fermosos recunchos do Ollo do Mar, A Ronqueira, A Verde, levándonos a fermosa praia de Llas, unha beleza de areal, escoitábanse no medio do grupo comentarios dos fermosos paisaxes que tíñamos diante de nos.

A serpe multicolor segue polo paseo de pedra deixando detrás o Cu do Castro para ollar os fermosos acantilados da Lagoa, neste punto remata o paseo e retomamos o camiño a dereita para chegar a Augadoce, vamos bordeando o mar ata chegar a praia Peizás outro fermoso areal que fainos chegar ao cámping, onde pasamos por detraes para seguir o recorrido a beira do mar e disfrutar das belas calas que nos achegan a praia A Pampillosa, cruzamos o túnel para chegar a nova área recreativa onde nos espera o avituallamento.

O posto de avituallamento capitaneábano Mari Carme, Tere Chao, Zamora, Luísa, María Rauta e máis eu, María Rauta tiña unha espiña cravada por non camiñar e decidiu facer a lo menos o recorrido do río Ouro, e así o fixo. Polo alto asomaban os primeiros do pelotón, íamos entregándolles unha coqueta bolsa de pano con: Auga, mazá e un plátano, houbo uns momentos de verdadeiro apuro para poder atender a os sendeiristas. Uns descansaron un pouquiño na área, outros seguían o camiño que continuaba pola ponte vella de ferro e tomar a esquerda polo medio das casas para chegar a entrada do río. Facemos un pequeno reagrupamento e adentrámonos na xoia que da o nome ao noso I Encontro, o Río Ouro.

A entrada da senda encóntrase un cartel informativo da ruta "RÍO OURO" Tomamos o camiño a esquerda e vamos adentrándonos nunha paraxe que a cada paso e unha beleza forestal: castiñeiros, Amieiros, eucaliptos, bidueiros, Freixos e outras variedades de árbores, fan que o sendeiro de terra, nos faga a ruta agradable formando unhas sombras que o corpo agradece en días de moito calor. Este sendeiro e todo chan e vamos vendo o encanto do río, escoitando en calquei momento o canto dos paxaros como o merlo, rueiro, paporrubios, e os verderolos entre as varias especies de aves que viven nestes bosques ribeiregos.

 Seguimos o curso do río, coñecendo lugares fermosos, pasamos por diante dos muíños, así paso a paso ata chegar a un salto de auga. Descansamos un pouco para despois pasar á outra ribeira do río e regresando cara á praia da Pampillosa. Neste treito seguimos a admirar as fermosas paraxes do entorno do río Ouro, coas súas cristalinas augas que a coro co canto dos paxaros amenizaban o noso camiñar.

Volvemos a cruzar o río por unha ponte de madeira de nova construción e continuamos, pasando por los núcleos de Villarmea, Fonte da Aldea e a Pontevella. Na zona das marismas quedamos abraiados ó ver un enorme porco bravo, á beira do río, mirándonos. O triste foi que mais tarde soubemos que estaba ferido de bala e, aínda que foi rescatado, non sobreviviu.

 Así chegamos á Zona Recreativa da Praia da Pampillosa onde nos agardaba un suculento xantar composto de bonito asado, bollu preñao, requeixo e froita. Todo regado con abundante viño, non faltando para os abstemios auga e refrescos. Aquilo converteuse nunha romaría, con todos os sendeiristas sentados polo prado e nas rochas, algúns fixeron uso das mesas de pedra. Así cos estómagos cheos e os papos quentes empezaron os chistes, e algún que outro cantarín, todo elo acompañado polo grupo de gaitas do Feitizo.

A Asociación Os Sendeiros de Foz quere agradecer a participación de tódolos grupos que nos acompañaron, pola súa compañía, alegría e boa harmonía. Esperamos que sexa o comezo dunha amizade duradeira é xa os emprazamos para o vindeiro ano no II Encontro de Sendeirismo Río Ouro, no que esperamos rectificar os erros cometidos e polos que pedimos a todos desculpas e comprensión.

Reiteramos as grazas as firmas e entidades que nos prestaron apoio.

Ate a próxima.

J. Luís e David