>  

 

Crónica

Andareiros de Verán, ruta Pico da Lebre.


Comezamos os roteiros de verán, como en anos anteriores serán polos arredores de Foz, dous sábados cada mes pola mañá, e para esta primeira escollemos a subida ao Pico dá Lebre.


Concentrámonos diante do concello e desde aí subimos cara ao cemiterio, para pasando por O Castro encamiñarnos cara á capela do Bispo Santo. Facémonos unha foto e seguimos subindo ata coller unha pista a metade da subida pola nosa dereita. Por este camiño chegaremos á canteira, desde onde faremos a última subida ata o Pico. Durante a baixada ata a capela do Bispo Santo, aproveitamos para gozar das vistas panorámicas que temos.


O que nos queda de camiñada é por asfalto e a beirarrúa ata chegar de novo ao concello. Así poñemos punto final a este bonito día.


Un saúdo.

Morís.