Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

Ruta Pazo de Mon

 San Martín de Oscos (Asturias)

16 de Decembro de 2007

Saída: 08:30 da mañán

Duración aprox.: 4 h.

Dificultade: Medio

Crónica

 Benqueridos sendeiristas!

 Como pasa o tempo,xa estamos a rematar o ano,pero aínda nos queda esta última ruta,o día presentase con moito frío, pero como non podía ser doutro xeito,"Os Sendeiros" non hai nada que os amole, e puntuais como un cravo. Cando chega o bus, alí estades xa esperando, 40 intrépidos compañeiros dispostos a pasar un domingo por terras dos Oscos

Ás 8:40h. emprendemos a viaxe,coma sempre, todo son voces e gargalladas.O día preséntase frío pero animado, cada un falando das súas cousas. Despois de pasar pola Veiga, vámonos percatando da intensa xeada coa que nos vamos atopar. Está todo branco,como si nevara, ata carambelos polas rochas. 

Sobre as 10 da mañá chegamos a San Martín, parada obrigada no Restaurante "A Marquesita" para o almorzo. Hai quen disfruta dun cola-cao con manteigadas ou biscoito caseiro, pero tamén os hai máis precavidos (polo que poida pasar) e engulmen un bocadillo de xamón e unha caña.

 Volvemos a subir ó bus para chegarnos ó pobo de " A Revoqueira", e despois de atrincheirarnos de guantes, gorro e bufanda, comezamos a camiñar.

A verdade é que fai moito frío, pero…que caramba! Nós non temos medo a nada, e, entre sorriso e sorriso, vamos pisando o xeo, e pasiño a pasiño, chegamos a Mon. Aquí facemos unha paradiña para contemplar o Palacio, e aproveitamos para esperar a cola do pelotón, que ven dirixida polo noso presi, José Luís, non se fan esperar moito, aparecen todos contentos, e, xa que estamos todos, facemos a foto de grupo. Qué guapos! Parece que vamos esquiar! 

Sen darnos conta xa estamos na capela de San Antonio (Ventosa) aquí facemos outra parada porque este último tramo era en ascenso,e, quen máis e quen menos, todos temos que tomar alento,e, como non, engulir un pouco de chocolate, cacahuetes, abelás… 

Emprendemos esta última parte da ruta xa acompañados dun día soleado e arribamos de novo no pobo de San Martín en onde nos espera o xantar. Ó vervos todos á mesa, é cando de verdade, penso na "gran familia" que somos,o moito que compartimos, e o moito que nos queda por compartir, e para deixar constancia dela,e aproveitando que é a última ruta do ano, facemos un pequeno brindes con champaña e sidra, por suposto.

 Agradecemos as verbas de José Luís, desexándonos un bo Nadal a todos, pero…faltaba o mellor:"o cantarín",moito me gusta oílo cantar,ata nos anima co seu son a levantarnos das cadeiras facer uns pases de bailes, e as máis atrevidas ata nos sorprenden coa "danza do ventre", éche o que hai! nos Sendeiros temos de todo e para todos.

 Xa está caendo outra xeada,pero aínda temos que facer unha visita á casa natal do Marqués de Sargadelos; o guía moi ben, ten moita "labia", pero xa é noite pechada e decidimos emprender o regreso á casa. Ás 20:10 h., despois de deixar ós nosos amigos de Ribadeo e Mañente, chegamos a Foz.

 Creo que foi un bo día para todos,e, eu quero aproveitar a honra de escribir esta última crónica do ano,para, darvos as grazas, de todo corazón, por acompañarnos todo este ano,por compartir con nós tantos momentos e facer a nosa vida un pouco máis feliz. 

Bo Nadal e feliz ano 2008. 

Unha aperta da vosa amiga. 

Ana López