Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 26

Ruta "Ruta do Ferrocarril"

San Tirso de Abres (Asturias)

19 de Novembro de 2006

Saída: 09:00 da mañán

Duración aprox.:  3,5 h.

Dificultade: Baixa 

 Percorrido:  O percorrido transita pola antiga vía do ferrocarril mineiro que realizou a liña Villaodrid - Ribadeo ata o ano 1964, mostra da arquitectura industrial do século XX. Iniciamos o paseo na antiga estación de San Tirso de Abres, hoxe rehabilitada para vivenda privada, atopando o primeiro dos seis túneis a escasos 300 m, continuando ó lado da magnífica paraxe do Rio Eo, disfrutando cada momento das estupendas panorámicas do seu cauce, de incalculable valor ecolóxico e piscícola. Nel abundan gran número de especies acuáticas, sendo as máis características a troita, a lamprea e o salmón. O camiño atravesa a estrada xeral N-640 e condúcenos ate aunha antiga central eléctrica construída no ano 1932, sita xusto antes de atravesar outro dos túneis horadados na roca viva, que nos deixa próximos á pasarela peatonal sobre o río Eo. No derradeiro túnel atopámonos con unhas  pequenas construcción de mampostería, "casetos", con cuberta de pizarra a duas augas, que servían para albergar o carbón usado polo ferrocarril. A ruta chega ó punto onde Galicia e Asturias se dan a man, sobre o arroio do Cairo que actúa de divisoira natural. Punto onde poderemos continuar ó longo de 10 k ata chegar ó pobo de Villaodrid (Lugo), onde se erguen catro fornos de calcinación que servían para transformar o mineral que transportaba o ferrocarril. Voltamos ata San Tirso polo mesmo camiño de ida.

Crónica

Nun principio o grupo íamos ser 42, pero o día anterior ameazaba choiva e algúns raxáronse, así que as 9 da mañá do domingo partimos cara a San Tirso de Abres 36 Sendeiros, iso si, con a mosca tras a orella pois o día non estaba para grandes aventuras.

 Neste andadeiro houbo dúas novas incorporacións ó grupo, trátanse de : Andrés Nieto y Celia Núñez, noraboa por dar o primeiro paso xunto a nos.

 O autobús lévanos por Barreiros e aquí tomamos a estrada que vai a Trabada para chegar a Pontenova as dez e cuarto ao carón dos fornos. Baixamos, arranchámonos e como sempre na busca dun café para emprender a ruta. As dez e corenta facemos a foto de rigor diante dos fornos e padiante. Aínda a Pontenova non espertara cando xa todo o grupo íamos cruzando o pobo pola beira do río Eo.

A choiva non aparecía e tíñamos unha temperatura máis que agradable, seguimos a pista asfaltada sempre ao lado do río e rodeados pola bela natureza chea de todo tipo de árbores: abedules, eucaliptos, castiñeiros, e cunha humidade do rocio da noite que te enche todo o corpo de natureza.

 Seguimos o camiño ata chegar a Saldoiriña. Neste lugar e onde comeza a verdadeira vía do Ferrocarril, todo un paraxe gañado a montaña, o piso aínda sigue de terra, pódense ver tamén algunha que outra travesa de madeira solta no chan, sinales indicativas do tren San Tirso - Ribadeo, toda unha nostalxia dun tempo xa pasado. Seguimos polo marabilloso paraxe, vemos os "casetos" feitos de pedra donde as xentes do lugar deixaban as bicicletas para coller o tren, vamos camiñando e chegamos ao túnel da Sela de 173m de lonxitude, con luz e como si por el non pasara o tempo, verdadeiramente unha marabilla, sigue a ruta entre unha singular beleza e de novo tropezamos con o túnel do Carrileiro de 130m de lonxitude, tamén con luz, algún que outro xa tiña algo de medo, entre túnel e túnel vamos disfrutando da paisaxe sempre con o maxestoso río Eo de compañeiro. De novo atopámonos con outro túnel este chamase Piagolongo de 232m de lonxitude obra faraónica onde as haxa. Comentar que o camiño e todo chan e fácil de facer, pasiño a pasiño chegamos ao encontro do resto do grupo na " Escala de salmóns " xa eran as doce e cuarto, comemos algún que outro alimento, falamos, rimos e visitamos esta instalación.

A "Escala de Salmóns " chamada tamén escala de artesas ten por obxecto eliminar as barreiras físicas que para os salmóns atlánticos , a troita, o anguía supón as presas das centrais eléctricas, constan de varios vasos intercomunicados por vertedoiros con o obxecto de subdividir o salto total en saltos máis pequenos. Na parte final da escala existe un contador que contabiliza a cantidade e tamaño dos salmóns, tamén ten un visor de cristal para poder ollar os peixes no seu ascenso. Despois do pequeno descanso voltamos ao camiño para seguir disfrutando da beleza deste entorno envolto polo frondoso bosque que xunto ao río Eo fai un lugar cheo de encanto e beleza.

De novo atopámonos cun túnel da Central de 65m de lonxitude, coma os anteriores ben coidados e ben iluminados, seguimos a senda con boa temperatura e nin rastro de choiva, e de novo pasamos polo túnel da Volta de 90m de lonxitude a súa saída enseguida pasamos por unha pasarela de madeira que cruza o río, pola parte de abaixo vemos a "central eléctrica do Louredal" feita no ano 1932 pola iniciativa de D. Pedro García para subministrar enerxía para a fábrica de cristal óptico que se proxectaba en San Tirso de Abres, que como nunca chego a funcionar, o seu uso foi para subministrar enerxía a varios pobos da zona.

O camiño sempre chan acércanos a un novo túnel de San Tirso de 90m de lonxitude, saíndo del vemos unha bela vista dende o alto e contemplar todo o val e ao fondo ao pequeno pobo de San Tirso de Abres.

Xa era a unha e media, e aínda era cedo para comer nos acercamos ao centro para facer unha pequena visita. A Alcaldesa de SanTirso con moita amabilidade, foi dándonos unhas pequenas explicacións do seu pobo, extendendose máis sobre a capela de San Xoán do século XVII. Nesta capela tratan de recuperar as súas tradicións de antano as cales eran o paso por detraes do altar das persoas e rozar unha pedra nun miliariun tamén de pedra , e con o po que sae botalo pola fronte e despois meter a cabeza nun burato e segundo di a tradición curaban as migrañas. Si este rito e segundo a tradición di, a Benito seguro que lle desaparecen as migrañas para sempre, pois po en cantidade dígoche eu que lle botou pola fronte.

Despois da visita cun paseo distendido fómonos achegando ao restaurante San Isidro na estrada xeral Lugo - Vegadeo. O restaurante e un lugar familiar cun olor a comida ben feita. Fómonos acomodando, e sen máis a comer, de Menú : sopa, pote de verdura e empanada, carne asada, meigas rebozadas e de prostre brazo xitano, café e chupito. ¡ Non esta mal! ¿non?¡. Nos prostres celebramos o cumpre anos de D. Luciano Devesa agasallándoo cun pastel e velas, e como non cantado cun chupito na man o " Cumpre anos feliz, cumpre anos feliz, desexamoscho todos, cumpre anos feliz", Eu creo que foi moi emotivo o detalle. Así somos Os Sendeiros. Despois do rato agradable que pasamos na sobremesa e como xa eran as cinco decidimos partir para casa.

 Todos no autobús tomamos a estrada na dirección a Trabada para despois coller a que nos leva ao alto da Capelada onde se encontra a capela de San Marcos e baixar a Lourenzá tomar a N-634 cara Foz. As seis chegada sen novidade

 Destacar da ruta o ben coidada que esta toda ela, os túneles en perfecto estado, o mesmo os ben coidados casetos que hai ó longo da ruta ,

Ata a próxima

José Luís