Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 29

Ruta dos Pozos

 O Valadouro (A Mariña Luguesa)

11 de Febreiro de 2007

Saída: 09:00 da mañán

Duración aprox.: 3,5  h.

Dificultade: Baixa 

 Percorrido:  Comeza a ruta dende a ponte Tras do Río na parroquia de Alaxe, para seguir o camiño polo barrio de A Portela . Dende eiquí seguimos por un sendeiro de pescadores ata o Pozo das Moscas, polo mesmo sendeiro ata a ponte que cruza o río e tomamos á dereita. No cruce dos Montes de Gandelo seguimos polo camiño da esquerda entre eucaliptos, piñeiros, acivros, mimosas e carballos.

Despois deste percorrido a vexetación discurre entre castiñeiros ate chegar ó Rego de Valdeinfernos, a partir de eiquí seguimos o río e chegamos ó Pozo da Onza onde se atopa unha fermosa fervenza. retomamos o camiño entre o monte para chegar ó punto de partida.

Tras o remato da ruta visitaremos a Torre Pardo de Cela.

Crónica

O día antes tíñamos a dúbida do tempo, as noites ameazaban choivas e facíanos pensar no mal tempo que íamos ter o domingo. Por sorte a mañá amenceu cun ceo despexado e aire de vendaval, cunha temperatura ideal para facer sendeirismo.

 As nove da mañá partimos 47 sendeiristas coas mesmas gañas de sempre para terras de Valadouro. Tomamos a estrada por Cangas e na parroquia de Alaxe, baixamos do autobús para o comezo da ruta " Os Pozos ".

 Son as dez cando collemos o sendeiro e nada máis comezar atopámonos cun muíño a dereita abandonado e aínda tiña o letreiro na porta que dicía " oxe non se moe", a verdade sorprendente. Sigue a senda á beira do río Ferreira, que é estreito pero leva bastante auga e ten fermosos currunchos para disfrutar deles. Desemboca no río Ouro. Ao principio o sendeiro e chan durante un km. e vai tódolo tempo pegadiño ao río pola súa marxe dereita. Neste treito a vexetación e frondosa e chea de carballos, abedules, eucaliptos, e outras árbores. Nel ollamos " O Pozo das Moscas ", unha parte do río en forma de pozo e grandes penas lisas facendo figuras xunto con a auga. Seguimos unha pequena pendente pasando por diante dunha fermosa casa con seu cabazo, todo no máisabsoluto abandono. Vamos en pequena baixada ata cruzar unha pista asfaltada e despois de pasar diante dunha casa collemos de novo un sendeiro a esquerda, tamén á beira do río Ferreira

Vamos disfrutando da fermosa paisaxe, e a uns 500 m. ollamos a maxestosa fervenza na " Poza da Onza " verdadeiramente espectacular, gran chorro de auga de uns 15 m. de caída. O lugar e paradisíaco, fermoso, cunhas penas grandes e lisas, todo o seu conxunto ideal para un bon reportaxe fotográfico. Fixemos as fotos de rigor, descansamos, repoñemos forzas e voltamos a camiñar. A volta faise polo mesmo sendeiro ata "O Pozo das Moscas". Neste pozo tomamos a beira do río Ferreira  pola súa marxe esquerda, isto fai que todo o grupo vaia cruzándose tendo polo medio o río. Así seguimos o camiño ata chegar ao mesmo punto da partida as doce. 

Descansamos un pouquiño, e de novo no autobús para achegarnos a parroquia de Carballido en Alfoz e facer a segunda parte da ruta. Baixamos ao carón do "restaurante a Laranxa", e tomamos un sendeiro de zaorra ao lado da ponte  que nos levará a dereita do río Ouro  e disfrutar da fermosa paisaxe que rodea este río, os ben coidados prados, o camiño e chan. Seguindo camiñando sorpréndenos unhas pequenas fervenzas, unha ponte, e na outra beira do río a fermosa  "Finca Galea ", o seu estanque, o Muíño, a cabana, os canais, un pracer para quen disfruta coa natureza. Así vamos facendo camiño ata chegar a estrada que une A Seara con Carballido. Camiñamos un pouco por ela ata cruzar a dereita para achegarnos a Castro do Ouro lugar de outra época. Atópase á sombra da Torre Pardo de Cela, con grandes e fermosas casas  de pedra que fan recordar o avoengo doutros tempos.

 Cruzamos o pequeno burgo de casas ata chegar á "Torre Pardo de Cela", o lugar da torre con seu conxunto amurallado, a súa Capela, por certo digna de ollar, ben coidada, ten un altar singular cun arco por diante, que fai que teña dous espazos distintos no interior. Dende este lugar contemplamos todo O Val : A Seara, A Frouxeira, Carballido, en fin todo O Valadouro, as vistas son moi fermosas. Uns tomamos uns grolos de auga da fonte, e pouco a pouco por xentileza do Concello de Alfoz  fumos a visitar a Torre Pardo de Cela soltando a imaxinación e ver si podíamos ver a época de Mariscal. A Torre e unha xoia, moi ben restaurada e coidada. É  unha delicia asomarse polas súas ameas e soltar os soños de cada un. A todo o grupo encantoulle a visita, asegurando algúns voltar a visitar estes fermosos paraxes.

 Seguimos o paseo baixando ata A Seara ónde estaba esperándonos o autobús para achegarnos a Ferreira, cambiamos os calcetíns, outros a camiseta dimos unha volta polo pobo, tomamos unhas cañas, uns viños e a xantar no Restaurante Novo. O ambiente durante a comida e os prostres foi de época o Grupo carnavaleiro Os Sendeiros no cansaron de cantar as coplas que teñen preparadas para o Antroido " Non teño onde vivir, non teño piso a meu nome, porque a especulación non ten freo nin orden"  ou a outra "Pasan os días os meses paseando entre obras que non teñen fin, logo os aparcamentos que desaparecen ata meu xardín" así unha e outra vez. Gloria fixo unha interpretación impecable das coplas, digna das mellores artistas teatrais.

 Tamén celebramos o cumpleanos de Aida cantadolle "cumpreanos feliz, cumpreanos feliz, che desexamos todos cumpreanos feliz  un momento moi emotivo para todos e sobre todo para ela. ¡FELIZ CUMPREANOS!

 Durante todo o paseo das rutas fixo un día primaveral, esta vez houbo sorte e non choveu ata despois da comida. As catro e media voltamos chegando a Foz as cinco da tarde.

 Ata a próxima

José L