Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Ruta: Santiso- Mens, e San Adriano - Malpica

 Malpica (A Coruña) 

24 de Agosto de 2008

Saída: 08:30 h  da mañá

Dificultade: Fácil

 

Crónica

Aínda que xa se nota que amence máis tarde, entre as nubes vemos unhos pequeniños raios de sol que puxan para saír cando nos diriximos a praza do Concello, punto de saída dos Sendeiros para dirixirnos a Malpica, percorrer dous pequenos tramos por estas paraxes coruñesas e combinar a montaña e o mar.

Cando ven o bus xa estamos todos preparados para subir, todos desexando compartir outro encontro máis, comentando as nosas opinións sobre o verán, as festas, os turistas, en definitiva, a vida diaria do noso pobo . Pero...dixen todos? Non, aínda facemos unha parada en Mañente para recoller a dous amigos máis.

Agora si, xa estamos os 40, todos listos para afrontar unha nova camiñada, o que non saben é que hoxe a ruta é moi sinxela e curta, seguro que se levan unha sorpresa, sempre nos din que: "acabamos con eles" de tanto camiñar e tanta subida... En Guitiriz aproveitamos para estirar as pernas, tomar un café, ou como non, un bo bocata de xamón con unha caña de cervexa ben fría.

 As 11 da mañá xa divisamos Malpica, na carreteira que vai a Ponteceso, collemos o desvío que hai pegado a perruquería María, e na Igrexa de Santiso deixamos o bus. Chegamos xusto cando están dicindo a misa, como non podía ser doutro xeito, algunha das nosas compañeiras aproveita para escoitala e os demais aproveitamos para visitar o campo da Igrexa, no que atopamos un mausoleo neoclásico, do ano 1875, e unha casa reitoral, hoxe en día rexentada polas Irmáns da Caridade. No medio da praza un cruceiro barroco e unha cerca de pedra cerra o Pazo dos Mancebos.

Cando conseguimos estar todos xuntos, facemos a foto de grupo, meu Deus!! De repente vinme con oito cámaras na miña man, espero que non se cansen de gardar a pose!! pero, é normal, calquera non quere inmortalizar este momento, é un recordo para o futuro.

Con unhas nubes ensombrecendo o ceo, poñémonos en marcha. Ó noso paso divisamos varias casa rurais; no lugar de Pontella a primeira Peto de Ánimas; xa nos prados das Casas do Monte, infinidade de colmeas, e así, paso a paso, sumerxímonos no museo etnográfico formado por catro muíños e unha casa labrega, un lugar tranquilo e regado polas augas do Río de Vaa.

Aquí caen as primeiras pingas de auga, xa todo é un alboroto, saca paraugas, chuvasqueiro e gorro, pero, non, "tranquilos", di Vidal" cando a nosa guía pon ese gorro de choiva sobre o seu cabelo xa deixa de chover". Ben dito, ben feito, e, si isto falla, Tere ten a súa capa á man, outro repelente da chuvia...

DSCN0041 por ti.

DSCN0057 por ti.

IMG_0046 por ti.

DSCN0070 por ti.

Despois de percorrer un tramo polo monte, saímos á estrada que marca o noso tramo final da ruta, non sen antes achegarnos a outra Caixa de Ánimas no lugar do Oratorio; no seu interior a figura da Virxe. Tras cruzar o Río de Vaa, observamos as torres de Mens, única torre bergantiñán que aínda se conserva en pé, e  data do ano 1471.

Xa acabamos? Todos preguntan o mesmo, claro é a unha da tarde!! Si, a verdade é que se fixo un pouco curta demais. Dirixímonos o Bar de Secundino, ¿quen lle pon mala cara un refresco? e unha tapa? Non che sei o que foi, pero cando chego á porta do bar xa escoito algún que outro cantarin, e a dona? pero si está aplaudindo!! O que eu digo, calquera día forman un coro e déixanme soa.

Aproveitámola ocasión para visitar a Igrexa, é un antigo mosteiro beneditino do Século X. Lástima que estea pechada, seguro que no seu interior se gardan fermosas reliquias.

 De novo no bus collemos a estrada que vai o Faro Sisargas, ben, rectifico, dende aquí temos unha panorámica do Faro, e tamén a Igrexa de San Adriano, o noso lugar para xantar. Algúns comparten os seus manxares arredor dunha mesa de pedra, outros parapetados no muro, co mar ás nosas costas, pero, que importa o sitio? o fermoso é vernos a todos xuntos, escoitar os nosos sorrisos e compartir unha froita, un cachiño de chocolate...

Ben, xa están todos coa mochila o ombro, listos para emprender o último tramo, pero...onde está o presi? Ah,no, de aquí non se move ninguén ata que veña el!! Cando empezamos a impacientarnos vemos que veñen tamén os nosos compañeiros que estaban con el. Entre bromas votamos andar. Fermoso paseo, bonitas vistas de Malpica, case sen enterarnos chegamos ata praia.

DSCN0074 por ti.

DSCN0079 por ti.

DSCN0081 por ti.

IMG_0061 por ti.

Algúns aproveitamos a primeira terraza para tomar o café. O muelle está abarrotado de xente, hai festa, tódalas persoas esperan a chegada da Virxe do Carme, vai saír en procesión polo mar. Coa compañía de Marisa e Maruja, intento divisar algúns dos nosos compañeiros entre o xentío, menuda sorpresa levei, as nosas camisetas verdes destacan entre a xente, hacia nos se acercan catro máis, pero,que pasa? soan as campás da Igrexa, mirade, mirade!! Ahi ven a Virxe!!

Achegámonos a vela o seu paso, a xente tira flores dende o balcón, a banda toca, todos a seguen con gran solemnidade! De súpeto votamos a correr, van ser as seis!! Cando chegamos o bus estamos sen alento, pero mereceu a pena.

Aínda que a camiñada non foi moita todos vamos contentos,f oi unha nova vivencia, un día máis na nosa vida. Para facer a viaxe mais amena, José Luís saca a súa "partitura" e comeza a cantar, pouco a pouco todos nos vamos animando, no, si o final vamos acabar formando un coro!!

As 20.45 da noite chegamos a Foz, co sorriso nos labios despedímonos uns de outros, pensando xa na seguinte ruta, por certo, que é o II Encontro do Río Ouro, un novo reto dos Sendeiros que un ano máis afrontamos coa mesma ilusión co primeiro, desexando que esteades ó noso lado, porque sen vosoutros non é posible.

Unha aperta da vosa compañeira Ana