>
Crónica
Ruta Vegadeo – Abres, ruta estraperlo.
Estreamos
o ano por terras asturianas,
dirixímonos a Vegadeo, para
realizar o roteiro do estraperlo
entre Vegadeo e Abres.
Concentrámonos diante da igrexa
de Vegadeo, nunha mañá chuviosa.
Unha vez equipados comezamos a
andar, estes primeiros pasos son
sobre asfalto, imos subindo
camiño de Miou, pasamos xunto á
ermida de santa Leocadia. Desde
aquí descendemos por unha pista
de saburra ata a beira da ría, o
paseo de madeira que discorre
pola marisma, está inutilizado e
temos que camiñar por un
carreiro paralelo, chegamos a
unha área con miradoiro de aves,
e comezamos o ascenso a Lourido.
Facemos unha parada para repoñer
forzas, degustando un delicioso
biscoito feito por Marilo. Para
de chover e seguimos camiñando,
a partir de aquí o camiño é
costa abaixo cunha pendente moi
suave. O camiño é de saburra,
ten numerosos charcos, que nos
obrigan a facer zigzag, para
esquivalos, imos rodeados de
eucaliptos, algún piñeiro e
cando atopamos un monte cortado,
temos unhas vistas preciosas do
ría.
Cando chegamos a Abres loce un
sol espléndido, e a temperatura
é magnífica, dirixímonos a Casa
Barbeiro, onde nos espera o bus
e onde faremos a comida de
confraternidade, por certo moi
saborosa.
Grazas a todos por este
magnífico día.
Ata a próxima.
Saúdos.
Morís.