Crónica

Despois do VII Encontro “ Río Ouro e praias de Foz”, Os Sendeiros reanudamos as nosas marchas programadas do ano. Iste domingo 13 de Octubro fixemos a ruta Os Tres Bispos no Parque Natural Ancares en Lugo. Unha ruta que a tíñamos coma asinatura pendente de outros anos que pola climatoloxía non se pudo facer.


Ás 7 da mañá partimos de Foz , cunha temperatura boa que presaxiaba un bo día de sendeirismo.
O grupo ista vez foi menos numeroso pero non por iso deixó de ser animoso.
Ás 9,30 h. chegamos ao albergue de Os Ancares, antes fixemos unha paradiña para tomar o café de rigor como ten de costume o grupo Os Sendeiros.
O día aquí en Román de Cervantes era de pleno verán, o que animou máis aínda a camiñar. Coas mochilas ao lombo, bastons, e demáis artiluxios partimos hacia as cumes da serra Os Ancares. O camiño, de bon piso, vai en subida suave que nos deixa disfrutar da beleza que temos diante dos ollos: abedules, acibros, amieiros, pinos, e ás fermosas lomas: Penedois, Charcos, Cuerno Maldito, Lanza, Mostallar, e Penarrubia que forman as principais cumes deste parque natural.


Pouco a pouco e pasiño a pasiño, o noso camiño pasa a ser un sendeiro que discorre en costa suave ata chegar a Campa das Ovellas. Neste Campa facemos un reagrupamento e ao mesmo tempo re- poñer forzas.
Despois dun pequeno descanso, en forte ascensión duns 200 m. chegamos o cume dos tres Bispos (1792 m.). Mereceu a pena chegar ao alto da cume polas fermosas vistas que se poden ver. A paisaxe e unha maravilla e dende vemos as diócesis de Lugo, Astorga e León.


O regreso o fixemos polo mesmo camiño, tranquilos e comentando o que acabáramos de ver: mereceu a pena a visita, un beleza de ruta, para repetir, eran os comentarios de uns e outros, así ata chegar a os pés do Albergue Ancares as 2,30 h. da tarde onde faríamos o xantar, ista vez compartimos bocatas, empanadas, queixo, e algún que outro capricho de postre.
Unha hora despois do xantar collimos o autobús para facer un paradiña en San Román de Cervantes, onda tomaríamos uns cafés e chupitos relaxados e tranquilos, despois da aventura que fixéramos pola mañá. Visitamos as pallozas do pobo e as 4,30h. collimos o camiño pasando por O Cádavo, Meira e Lourenzá que nos achegaría a Foz as 6,15h. da tarde.
Felicitar a diretiva OS Sendeiros por haber escollido ista fermosa ruta, que de seguro quedará no recordó de tod@s.
Vémonos na próxima en Arteixo,
Ata sempre.

José L.